O libro galego onte e hoxe
O libro galego onte e hoxe | |
---|---|
Tipo | exposición |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |

O libro galego onte e hoxe foi unha exposición bibliográfica celebrada no antigo Convento de San Domingos (Museo do Pobo Galego) en Santiago de Compostela en maio-xuño de 1979.

Inaugurouse o 16 de maio (véspera do Día das Letras Galegas), estaba prevista a clausura o 3 de xuño mais debido ao éxito de público (11.835 visitas) prolongouse ata o 17 do mesmo mes. Foi acompañada con conferencias, concertos e representacións teatrais.
Foi organizada pola Federación de Libreiros de Galicia e pretendía reunir e mostrar toda a produción editorial en idioma galego, de todos os tempos e sobre todos os temas. En 1981 a USC publicou o catálogo da exposición[1].
Organización
[editar | editar a fonte]Baixo a dirección de Ricardo Carballo Calero as bibliotecarias Daría Vilariño Pintos e Mª Virtudes Pardo Gómez coordinaron a procura dos exemplares.
- Comité técnico da exposición: Luís Arribas González, Ricardo Carballo Calero, Carlos García Martínez, Ramón Martínez López, Ramón Piñeiro López e José Luís Rodríguez Fernández.
- Comité de coordinación e información: Tucho Calvo, Jesús Couceiro Rivas, María Luz Lago Artime, Amador Rodríguez Arce
- Colaboración na procura de libros: Anxo González Guerra, Anxo Rei Ballesteros
Prestaron os libros para a exposición
[editar | editar a fonte]- Entidades: Real Academia Galega, Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela|Universidade de Santiago, Biblioteca Pública Provincial de Lugo, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Facultade de Filoxoxía da USC, Facultade de Xeografía e Hª da USC, Fundación Penzol, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Museo Provincial de Pontevedra, Biblioteca de San Francisco-Santiago, Seminario Maior-Santiago, Xunta de Galicia.
- Librarías: Abraxas-Santiago, Arenas-A Coruña, Carballal-Santiago, Couceiro-Santiago, Edilán-Madrid, Follas Novas-Santiago.
- Particulares: Carlos Abeledo Maristany, Fernando Arenas, Luís Arribas González, Tucho Calvo, Ricardo Carballo Calero, Xoán Manuel Carreira, José Ramón Chantada Acosta, Juan Ramón Díaz García, Manuel Fabeiro Gómez, Bieito Fernández Ledo, Julio Fernández Pintos, Ricardo Fernández Savín, Dolores Ferreirós Santos, Antonio Fraguas Fraguas, Carlos García Martínez, Benedicto García Villar, Anxo González Guerra, Anxa González Refoxo, Bernardino Graña, Herdeiros de Carmiña Prieto Rouco, María Luz Lago Artime, Víctor López Villaravid, Fernando Lorenzo Merino, Ramón Martínez López, José Miguélez Pardo, Antonio Odriozola, María Luísa Pérez Iglesias, Xosé María Pérez Parallé, Ramón Piñeiro López, Arturo Reguera, Isaac Rielo Carballo, Nicanor Rielo Carballo, María José Rivas, José Luís Rodríguez Fernández, José Manuel Rodríguez Pampín, Juan José Ruibal Feáns, José Carlos Sierra, Enrique Vidal Abascal, Francisco Vales Villamarín.
Entidades que contribuíron economicamente
[editar | editar a fonte]Banco de Bilbao, Banco de Crédito e Inversiones, Banco de Vizcaya, Banco Etcheverría, Banco Exterior de España, Deputación Provincial da Coruña, Xunta de Galicia. Especialmente o Banco Pastor e a Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Apartados da exposición
[editar | editar a fonte]- Séculos XIII-XIV: libros 1 a 60
- Século XVII: libros 61 a 62
- Século XVIII: libros 63 a 65
- Século XIX: libros 66 a 280
- Século XX: libros 281 a 1904
- Publicacións periódicas
Reedicións
[editar | editar a fonte]- 1988: a Federación de Libreiros e a Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, con prólogo de Antón Santamarina[2].
- 1993: A Federación de Libreiros de Galicia[3][4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vilariño Pintos, Daría; Pardo Gómez, María Virtudes (1981). O libro galego onte e hoxe. Catálogo da Exposición Bibliográfica Santiago, maio-xuño 1979. USC. ISBN 84-7191-252-X.
- ↑ Álvarez García, Isabel Coord. (1989). O libro galego, onte e hoxe 1988; catálogo da exposición bibliográfica, Santiago Maio, 1988. Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia. Federación de Libreiros de Galicia. p. 407. ISBN 84-404-5980-7.
- ↑ Varios (1995). Catálogo da exposición bibliográfica. Xaneiro. 1995. Federación de Libreiros de Galicia.
- ↑ "Anuario de Estudos Literarios Galegos 1998". Consultado o 19/10/2018.