Saltar ao contido

Oakland Arena

Oakland Coliseum Arena
Tipopavillón deportivo Editar o valor en Wikidata
Custo$25 millóns
$121 millóns (renovación)
Localización
Mapa
 37°45′01″N 122°12′11″O / 37.750277777778, -122.20305555556
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoCalifornia
CondadoCondado de Alameda
Cidade grandeOakland Editar o valor en Wikidata
Localización Oakland (California)
Datas
Fundación9 de novembro de 1966 Editar o valor en Wikidata
Inauguración9 de novembro de 1966
Acontecementos
Dimensións
Capacidade19.596
Persoas e organizacións
Propietario/aCidade de Oakland
Condado de Alameda
Arquitecto/aSOM
Operador/aAnschutz Entertainment Group (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
OcupanteGolden State Warriors, Bay Area Panthers (en) Traducir e California Golden Seals (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBcoliseum.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Oakland Arena é un pavillón multiúsos situado na cidade californiana de Oakland (Estados Unidos). Dende a súa apertura en 1966 ata 1996 era coñecido coma Oakland–Alameda County Coliseum Arena. Tras unha importante renovación en 1997, o pavillón pasouse a chamar The Arena in Oakland ata 1995, e Oracle Arena de 1996 a 2019. Construído en 1966 como parte dun complexo deportivo, que tamén abrangue o estadio "O.co Coliseum" que utilizan os Oakland Athletics (MLB) e os Oakland Raiders (NFL), é o pavillón onde xogaron os partidos como locais os Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA) de 1971 ata 2019, antes do seu traslado ó Chase Center.

Antes da remodelación levada a cabo durante a temporada 1996-97, o pavillón tiña capacidade para 15.025 espectadores. Isto facía que estivese lixeiramente por detrás doutros grandes pavillóns californianos: o Great Western Forum en Inglewood, que acollía naquela altura os partidos como local de Los Angeles Lakers, e onde entran 17.505 espectadores; o ARCO Arena en Sacramento, pista dos Kings con capacidade para 17.317; e o Los Angeles Memorial Sports Arena, fogar daquela de Los Angeles Clippers con capacidade para 16.161.

Cando o pavillón reabriu durante a temporada 1997-98 a súa capidade era xa de 19.596, o que o facía o pavillón máis grande dos catro recintos califonianos onde se xogan prtidos da NBA. Actualmente segue a ser o máis grande, estando por detrás o Staples Center (actual pavillón tanto dos Lakers como dos Clippers) e o Sleep Train Arena de Sacramento.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]