Obxecto transneptuniano
Un obxecto transneptuniano é calquera obxecto do Sistema Solar que ten unha órbita localizada parcial ou totalmente alén da órbita de Neptuno. Os obxectos transneptunianos adoitan denominarse co acrónimo TNO (do inglés trans neptunian object). Os TNO inclúen, entre outros, os corpos da Nube de Oort e os obxectos do Cinto de Kuiper.
Obxectos transneptunianos notables
[editar | editar a fonte]En xuño de 2005 o número destes obxectos era superior ao millar, dos cales un centenar posuía unha órbita determinada con precisión, e polo tanto teñen unha numeración definitiva do MPC.
Cinto de Kuiper
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cinto de Kuiper.
Os obxectos do Cinto de Kuiper adoitan clasificarse segundo as súas características orbitais. Por unha banda están os obxectos que orbitan nalgún tipo de resonancia con Neptuno e por outra aqueles non vinculados con el, sen resonancia orbital de ningún tipo, que se chaman cubewanos u Obxectos Clásicos do Cinto de Kuiper.
A categoría dominante entre os obxectos resoantes é a resonancia 2:3, a 39,4 UA e cun período de aproximadamente 250 anos. Existen 92 obxectos confirmados e 104 posibles.[1] Denomínanse plutinos por Plutón, o primeiro que foi descuberto.
Disco disperso
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Disco disperso.
Outra área é coñecida como disco disperso, na que se atopa o planeta anano Eris.
Obxectos separados
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Obxecto separado.
Os obxectos separados son consideradas ás veces como obxectos do disco disperso exterior.
Nube de Oort interior
[editar | editar a fonte]A nube de Hills é un corpo esférico hipotético interior na nube de Oort, cun bordo exterior a unha distancia de entre 20 000 a 30 000 UA do Sol, e cun bordo interior, menos definido, localizado hipoteticamente entre as 100 e as 3000 UA.
Nube de Oort
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Nube de Oort.
A última área do Sistema Solar é a nube de Oort.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Obxecto transneptuniano |