Obxecto transneptuniano resoante
En astronomía un obxecto transneptuniano resoante é un obxecto transneptuniano (TNO) en resonancia orbital con Neptuno. Os períodos orbitais dos obxectos resoantes están en relación simple enteira co período deste planeta, como 1:2, 2:3 etc. Os TNO resoantes poden formar parte do cinto de Kuiper ou do disco disperso.[1]
Distribución
[editar | editar a fonte]O diagrama ilustra a distribución dos TNO coñecidos. Os obxectos resoantes aparecen en vermello. As resonancias con Neptuno aparecen sinaladas con barras verticais; 1:1 sinala a posición da órbita de Neptuno e os seus troianos, 2:3 sinala a órbita de Plutón e os plutinos e 1:2, 2:5 etc. Sinalan familias máis pequenas.
As designacións 2:3 ou 3:2 refírense á mesma resonancia. Non hai ambigüidade porque por definición os obxectos transneptunianos teñen períodos máis longos que Neptuno.
Orixe
[editar | editar a fonte]As análises detalladas e os estudos numéricos das resonancias de Neptuno indican que os obxectos deben ter un rango preciso de enerxías.[2][3] Se o semiexe maior do obxecto está fóra dese rango a órbita vólvese caótica.
Entre os obxectos transneptunianos descubertos, máis do 10% están en resonancia 2:3, máis do que se esperaría dunha distribución aleatoria. Crese que os obxectos foron atrapados de distancias maiores durante a migración de Neptuno.[4]
Familias coñecidas
[editar | editar a fonte]Resonancia 2:3 ("plutinos", período ~250 anos)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Plutino.
A resonancia 2:3 a 39.4 UA é a categoría dominante dos obxectos resoantes, con 92 confirmados e 104 posibles.[5] Os obxectos que seguen estas órbitas denomínanse plutinos por Plutón, primeiro corpo descuberto con esta característica. Os maiores inclúen:[6]
Resonancia 3:5 (período ~275 anos)
[editar | editar a fonte]En outubro de 2008 coñecíanse 10 obxectos a 42.3 UA, incluíndo:[6]
- (126154) 2001 YH140
- (15809) 1994 JS
- (143751) 2003 US292
Resonancia 4:7 (período ~290 anos)
[editar | editar a fonte]En outubro de 2008 coñecíanse 20 obxectos a 43.7 UA. Os obxectos son bastante pequenos e a maioría segue órbitas próximas á eclíptica. Entre eles están:[6]
- 1999 CD158
- (119956) 2002 PA149
- (119070) 2001 KP77
- (118378) 1999 HT11
- (118698) 2000 OY51
Resonancia 1:2 ("twotinos", período ~330 anos)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Twotino.
Esta resonancia a 47.8 UA adoita considerarse fóra do cinto de Kuiper e ocasionalmente chámase a estes obxectos twotinos. Teñen inclinacións menores de 15 graos e excentricidades moderadas (0.1 < e < 0.3).[7] En outubro de 2008 coñecíanse catorce, máis considérase que orixinariamente a súa poboación era tan numerosa coma a dos plutinos.[7]
Entre estes obxectos están:[6]
Resonancia 2:5 (período ~410 anos)
[editar | editar a fonte]Entre os once obxectos a 55.4 UA clasificados nesta categoría en outubro de 2008 están:[6]
- (84522) 2002 TC302, candidato a planeta anano
- (143707) 2003 UY117
- (119068) 2001 KC77
- (135571) 2002 GG32
- (69988) 1998 WA31
Outras resonancias
[editar | editar a fonte]As resonancias maiores teñen un número limitado de obxectos coñecidos, por exemplo:[6]
- 4:5 (35 UA, ~205 anos) (131697) 2001 XH255
- 3:4 (36.5 UA, ~220 anos) (143685) 2003 SS317, (15836) 1995 DA2
- 5:9 (44.5 UA, ~295 anos) 2002 GD32[8]
- 4:9 (52 UA, ~370 anos) (42301) 2001 UR163, (182397) 2001 QW297[9]
- 3:7 (53 UA, ~385 anos) (131696) 2001 XT254, (95625) 2002 GX32, (183964) 2004 DJ71, (181867) 1999 CV118
- 5:12 (55 UA, ~395 anos) (79978) 1999 CC158, (119878) 2001 CY224[10] (84% de probabilidade segundo Emel’yanenko)
- 3:8 (57 UA, ~440 anos) (82075) 2000 YW134[11] (84% de probabilidade segundo Emel’yanenko)
- 3:10 (67 UA, ~549 anos) (225088) 2007 OR10
- 2:7 (70 UA, ~580 anos) 2010 EK139, 2006 HX122[12] (A órbita preliminar suxire unha feble resonancia 2:7, mais se necesitan máis observacións.)
Coñécense tamén outros obxectos distantes con resonancias simples:[6]
- 1:3 (62.5 UA, ~495 anos) (136120) 2003 LG7, (385607) 2005 EO297[13]
- 1:4 (76 UA, ~660 anos) 2003 LA7[14]
- 1:5 (88 UA, ~820 anos) 2003 YQ179 (likely coincidental)[15]
E tamén hai algunhas resonancias sen probar, que poderían ser coincidencias:
- 7:12 (43 UA, ~283 anos) Haumea[16]
- 6:11 (45 UA, ~302 anos) Makemake[17] ((182294) 2001 KU76 parece ter resonancia 6:11)
- 5:17 (67 UA, ~560 anos) Eris[17] (2007 OR10 ten unha órbita semellante)
Resonancia 1:1 (troianos de Neptuno, período ~165 anos)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: troiano de Neptuno.
Algúns obxectos descubertos seguen órbitas cun semieixe maior semellante ao de Neptuno, preto dos puntos de Lagrange Sol-Neptuno. Son os troianos de Neptuno, termo análogo aos troianos de Xúpiter, que están en resonancia 1:1 con Neptuno, e dos que en outubro de 2012 se coñecían nove, tres na área L5 e o resto na rexión L4.[18]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hahn J. Malhotra R.Neptune's migration into a stirred-up Kuiper Belt The Astronomical Journal, 130, páx. 2392-2414, novembro de 2005.Full text on arXiv.
- ↑ Malhotra, Renu The Phase Space Structure Near Neptune Resonances in the Kuiper Belt. Astronomical Journal v. 111, páx. 504 preprint
- ↑ E. I. Chiang and A. B. Jordan, On the Plutinos and Twotinos of the Kuiper Belt, The Astronomical Journal, 124 (2002), páx. 3430–3444. (html)
- ↑ Renu Malhotra, The Origin of Pluto's Orbit: Implications for the Solar System Beyond Neptune, The Astronomical Journal, 110 (1995), páx. 420 Preprint.
- ↑ Trans-Neptunian objects
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 List of the classified orbits from MPC October, 2008
- ↑ 7,0 7,1 Tiscareno, M.; Malhotra, R. (abril de 2008). "Chaotic Diffusion of Resonant Kuiper Belt Objects". The Astronomical Journal 194 (3): 827–837. Bibcode:2009AJ....138..827T. arXiv:0807.2835. doi:10.1088/0004-6256/138/3/827.
- ↑ Buie, Marc. "Orbit Fit and Astrometric record for 02GD32" (2005-04-11 using 20 observations). SwRI (Space Science Department). Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2012. Consultado o 5 de febreiro de 2009.
- ↑ Buie, Marc. "Orbit Fit and Astrometric record for 182397" (2007-11-09 using 23 observations). SwRI (Space Science Department). Consultado o 29 de xaneiro de 2009.
- ↑ Buie, Marc. "Orbit Fit and Astrometric record for 119878" (2005-12-06 using 41 observations). SwRI (Space Science Department). Consultado o 29 de xaneiro de 2009.
- ↑ Buie, Marc. "Orbit Fit and Astrometric record for 82075" (2004-04-16 using 62 of 63 observations). SwRI (Space Science Department). Consultado o 29 de xaneiro de 2009.
- ↑ "MPEC 2008-K28 : 2006 HX122". Minor Planet Center. 23 de maio de 2008-05-23. Consultado o 30 de xaneiro de 2009.
- ↑ The Scattered Disk: Origins, Dynamics, and End States. Gomes, R. S.; Fernández, J. A.; Gallardo, T.; Brunini, A.
- ↑ Buie, Marc. "Orbit Fit and Astrometric record for 03LA7" (2007-04-21 using 13 of 14 observations). SwRI (Space Science Department). Consultado o 29 de xaneiro de 2009.
- ↑ Buie, Marc. "Orbit Fit and Astrometric record for 03YQ179" (2008-03-03 using 23 of 24 observations). SwRI (Space Science Department). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2012. Consultado o 29 de xaneiro de 2009.
- ↑ Ragozzine, D.; Brown, M. E. (4 de setembro de 2007). "Candidate Members and Age Estimate of the Family of Kuiper Belt Object 2003 EL61". The Astronomical Journal 134 (6): 2160–2167. Bibcode:2007AJ....134.2160R. arXiv:0709.0328. doi:10.1086/522334.
- ↑ 17,0 17,1 Dunn, Tony. "Possible resonances of Eris (2003 UB313) and Makemake (2005 FY9)". Gravity Simulator. Consultado o 29 de xaneiro de 2009.
- ↑ "List Of Neptune Trojans". Minor Planet Center. Consultado o 8 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- John K. Davies and Luis H. Barrera, ed. (2004-08-03). The First Decadal Review of the Edgeworth-Kuiper Belt. Springer. ISBN 1-4020-1781-2.
- E. I. Chiang, J. R. Lovering, R. L. Millis, M. W. Buie, L. H. Wasserman, and K. J. Meech (June 2003). "Resonant and Secular Families of the Kuiper Belt". Earth, Moon, and Planets (Springer Netherlands) 92 (1–4): 49–62. Bibcode:2003EM&P...92...49C. doi:10.1023/B:MOON.0000031924.20073.d0.
- E. I. Chiang, A. B. Jordan, R. L. Millis, M. W. Buie, L. H. Wasserman, J. L. Elliot, S. D. Kern, D. E. Trilling, K. J. Meech, and R. M. Wagner (2003-01-21). "Resonance occupation in the Kuiper Belt: case examples of the 5:2 and trojan resonances". The Astronomical Journal (The American Astronomical Society) 126 (1): 430–443. Bibcode:2003AJ....126..430C. arXiv:astro-ph/0301458. doi:10.1086/375207.
- Renu Malhotra. "The Kuiper Belt as a Debris Disk" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de outubro de 2005. Consultado o 02 de novembro de 2015. (as HTML)