Ocho apellidos catalanes
Ocho apellidos catalanes | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ocho apellidos catalanes |
Director | Emilio Martínez-Lázaro |
Produtor | Lazonafilms, Kowalski Films e Telecinco Cinema |
Guión | Borja Cobeaga Diego San José |
Intérpretes | Clara Lago Dani Rovira Carmen Machi Karra Elejalde Belén Cuesta Berto Romero Rosa Maria Sardà Alberto López Alfonso Sánchez |
Música | Roque Baños |
Fotografía | Gonzalo F. Berridi Juan Molina |
Estudio | Lazonafilms / Kowalski Films / Telecinco Cinema |
Estrea | 14 de marzo de 2015 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Comedia |
Recadación | 20 000 000 €[1] |
Filme anterior | Ocho apellidos vascos |
Filme seguinte | ? |
Na rede | |
Ocho apellidos catalanes é un filme español dirixido por Emilio Martínez-Lázaro que se estreou o 20 de novembro de 2015 en España.[2][3] É a secuela do filme Ocho apellidos vascos, con Dani Rovira, Clara Lago, Karra Elejalde e Carmen Machi repetindo os seus papeis e a incorporación de Belén Cuesta, Berto Romero, Rosa Maria Sardà e Antonio Resines. Está producida por Telecinco Cinema.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Despois de que Rafa (Dani Rovira) rompese a súa relación con Amaia (Clara Lago), o pai dela, Koldo (Karra Elejalde), preséntase en Sevilla para anunciarlle os novos plans de voda da súa filla cun catalán. Arrepentido por provocar a ruptura, Rafa acompaña a Koldo á masía xerundense do pretendente, Pau (Berto Romero), que mobilizou a vila para facer crer á súa avoa, Roser (Rosa Maria Sardà), que Cataluña conseguiu a independencia e que a súa voda será a primeira que acolla o novo país.
Invitada por Amaia, Merche (Carmen Machi), que se presenta desta vez co nome de Carme, reprocha a Koldo non ter sabido facer fronte ao compromiso, aínda que este realmente segue namorado dela. Merche, por outra banda, anima a Rafa a recuperar o amor de Amaia. Cando o sevillano sabe que Judit (Belén Cuesta), a muller en realidade galega (Maruxiña) que organiza o casamento, está perdidamente namorada de Pau, ambos uniranse a Koldo e Merche para intentar frear o enlace e conseguir que Amaia e Rafa rematen xuntos para sempre.
Elenco
[editar | editar a fonte]Actor | Personaxe |
---|---|
Clara Lago | Amaia Zugasti |
Dani Rovira | Rafael "Rafa" Quirós |
Carmen Machi | Mercedes "Merche" |
Karra Elejalde | Koldo Zugasti Zabala |
Alberto López | Joaquín |
Alfonso Sánchez | Curro |
Belén Cuesta | Judit (Maruxiña) |
Berto Romero | Pau Serra |
Rosa María Sardà | Roser |
Agustín Jiménez | Anselmo |
Txabi Franquesa | Andreu |
Localización
[editar | editar a fonte]O filme está rodado en Monells (Xirona).[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ecartelera.com (6 de decembro de 2015). "Solo 'Star Wars: El despertar de la fuerza' podrá destronar a 'Ocho apellidos catalanes' en la taquilla". Consultado o 6 de decembro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "'Ocho apellidos catalanes' en exclusiva para EL MUNDO". El Mundo. 30 de xullo de 2015.
- ↑ "Ficha de ocho apellidos catalanes" (en español). Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2015. Consultado o 08 de decembro de 2015.
- ↑ "La república independent de Monells". Diari de Girona (en catalán). Consultado o 19 de novembro de 2015.