Saltar ao contido

Rosa Maria Sardà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rosa María Sardà»)
Modelo:BiografíaRosa Maria Sardà

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Rosa Maria Sardà i Tàmaro Editar o valor en Wikidata
30 de xullo de 1941 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xuño de 2020 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteLinfoma Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector teatral, actriz de cinema, actriz, actriz de teatro, humorista, presentadora de televisión, directora de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1969 Editar o valor en Wikidata - 11 de xuño de 2020 Editar o valor en Wikidata
Participou en
30 de abril de 1997Documento sobre o uso das linguas oficiais de Cataluña Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJosep Maria Mainat , divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosPol Mainat Sardà Editar o valor en Wikidata
IrmánsJavier Sardà Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0003030 Allocine: 15982 Allmovie: p151836
BNE: XX871277 Musicbrainz: 01d4a3d3-ab61-473b-a493-44379f2c58c4 Editar o valor en Wikidata

Rosa Maria Sardà Tàmaro, nada en Barcelona o 30 de xullo de 1941 e finada en Barcelona o 11 de xuño de 2020, foi unha actriz, humorista, presentadora e directora teatral catalá. Comezou como actriz cómica, rexistro que nos últimos anos combinou co de intérprete dramática en castelán e en catalán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rosa Maria pertence a unha familia de persoas do espectáculo: estivo casada co tamén actor Josep Maria Mainat, membro do trío cómico La Trinca, e é irmá máis vella do xornalista Xavier Sardà.[1] Ten tres irmáns máis novos, un deles, faleceu por causa da sida nos anos 1980.[2] Ten un fillo actor, Pol Mainat,[3] co que coincidiu en Abuela de verano.

De formación autodidacta, empezou a facer teatro de afeccionados no barrio de Horta. En 1962 pasou ao teatro profesional, á compañía de Dora Santacreu e Carlos Lucena, coa obra Cena de matrimonios, de Alfonso Paso e, desta mesma compañía, pasou á de Alejandro Ulloa e, posteriormente, tamén á de Pau Garsaball, coa obra En Baldiri de la Costa.

Con posterioridad, deu o salto no campo televisivo (en 1975, protagoniza Una vella, coneguda olor, baseada na obra de Josep Maria Benet, e 1979 presenta o programa Festa amb Rosa Maria Sardà) e o cinematográfico (con El vicario de Olot, de Ventura Pons).

Salientou no cinema nos últimos anos da década de 1980, época na que participou en filmes como Moros y cristianos (1987), de Luis García Berlanga,[1] e en programas para televisión en España como Olé tus vídeos e Ahí te quiero ver, onde ademais de presentar, elaborou e supervisou os guións e dirixiu e interpretou os diferentes sketchs,[4] e fixo o seu debut como directora de teatro con Ai carai! (1989), comedia do dramaturgo Josep Maria Benet.[5]

Na década de 1990 traballou con Fernando Colomo en El efecto mariposa, con Ventura Pons en Carécies e Amic/Amat, con Francesc Betriu en La duquesa roja e con Fernando Trueba en La niña de tus ojos, sendo candidata ao Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria, premio que gañaría dúas veces por ¿Por qué lo llaman amor cuando quieren decir sexo?, de Manuel Gómez Pereira, e Sin vergüenza, de Joaquín Oristrell.[6]

Ademais, ten sido mestra de cerimonias dos Premios Goya en tres ocasións, en 1993, 1998 e 2001 e reapareceu como presentadora ao final da Gala de 2009 e 2010.

Nos últimos anos a súa carreira ten estado máis ligada ao teatro, onde salientan varios papeis como o da doutora Vivan Bearing en Wit (2004), de Margaret Edson e n'A casa de Bernarda Alba (2009), de Federico García Lorca, interpretando o papel de Poncia xunto a Núria Espert.

Con todo, seguiu participando en filmes tan recoñecidos como Todo sobre mi madre (1999) de Pedro Almodóvar, Te doy mis ojos (2003) de Icíar Bollaín e Ocho apellidos catalanes (2015) de Emilio Martínez-Lázaro.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Lista incompleta[7]

Televisión

[editar | editar a fonte]

Premios e candidaturas

[editar | editar a fonte]
Premios Goya
Ano Categoría Filme Resultado Ref.
1993 Mellor interpretación feminina secundaria ¿Por qué lo llaman amor cuando quieren decir sexo? Gañadora [6]
1998 Mellor interpretación feminina de elenco La niña de tus ojos Candidata
2001 Mellor interpretación feminina de elenco Sin vergüenza Gañadora
Premios Fotogramas de Prata
Ano Categoría Filme/TV/Montaxe Resultado Ref.
1982 Mellor labor teatral Duet per a violí
Yo me bajo en la próxima, ¿y usted?
Candidata [8]
1984 Mellor intérprete de televisión Ahí te quiero ver Candidata
1993 Mellor actriz de cinema La fiebre del oro Finalista
2003 Mellor actriz de teatro Wit Gañadora
2005 Mellor actriz de televisión Abuela de verano Candidata
Premios da Unión de Actores
Ano Categoría Filme/TV/Montaxe Resultado Ref.
1998 Mellor interpretación secundaria de cine La niña de tus ojos Candidata [8]
1999 Mellor interpretación secundaria de cinema Todo sobre mi madre Candidata
2001 Mellor interpretación de elenco de cinema Sin vergüenza Gañadora [9]
2005 Mellor actriz protagonista de televisión Abuela de verano Candidata [10]
2009 Mellor actriz protagonista de teatro A casa de Bernarda Alba Gañadora [11]
Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos
Ano Categoría Filme Resultado Ref.
2001 Mellor actriz secundaria Sin vergüenza Candidata [8]
Premios da Academia da Televisión de España
Ano Categoría TV Resultado Ref.
2001 Mellor interpretación feminina Las amargas lágrimas de Petra von Kant Candidata [8]
2002 Mellor interpretación feminina Una pareja abierta Candidata
Premios TP de Ouro
Ano Categoría TV Resultado Ref.
1984 Mellor presentadora Ahí te quiero ver Gañadora [8]
Premios Butaca
Ano Categoría Filme/Montaxe Resultado Ref.
1997 Mellor actriz catalá de cine Actrices (ex aequo) Gañadora [8]
1998 Mellor actriz catalá de cine Caricias Candidata
2002 Mellor actriz catalá de cine A mi madre le gustan las mujeres Candidata
2004 Mellor actriz catalá de teatro Wit Gañadora
2009 Mellor actriz catalá de teatro A casa de Bernarda Alba Candidata
Premios Max
Ano Categoría Montaxe Resultado Ref.
2005 Mellor actriz protagonista Wit Gañadora [12]
2009 Mellor actriz protagonista A casa de Bernarda Alba Candidata [13]
2015 Max de Honra - Gañadora [14]
Premios do Cinema Europeo
Ano Categoría Filme Resultado Ref.
2001 Premio Jameson do público á mellor actriz europea Anita no pierde el tren Candidata [8]
Festival do Cinema de España de Tolosa
Ano Categoría Filme Resultado Ref.
2010 Violette d'Or á mellor actriz La vida empieza hoy (ex aequo) Gañadora [15]
Outros premios e candidaturas
Premios pola súa traxectoria
  1. 1,0 1,1 "Rosa María Sardá, Premio Málaga SUR del Festival de Cine". Diario Sur. 5 de marzo de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2010. 
  2. EYRE, Pilar (20 de xaneiro de 2002). "Éste es el tercer Sardá". El Mundo. Consultado o 18 de xuño de 2010. 
  3. «Ficha de Pol Mainat en IMDB»
  4. MASCORT, Cuca (2 de decembro de 1986). "Rosa María Sardà prepara nuevos programas de Ahí te quiero ver". El País. Consultado o 18 de xuño de 2010. 
  5. ANTÓN, Jacinto (3 de ocuubro de 1989). "Rosa María Sardà". El País. Consultado o 18 de xuño de 2010. 
  6. 6,0 6,1 "Premios Goya: protagonistas - Rosa Maria Sardà". Fotogramas. Consultado o 18 de xuño de 2010. 
  7. «Lista completa de obras de teatro interpretadas por Rosa Maria Sardà.»
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 "Awards for Rosa Maria Sardà". Internet Movie Database. Consultado o 20 de xuño de 2010. 
  9. "XI Edición PREMIOS 2001". Unión de Actores. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 18 de xuño de 2010. 
  10. "Manuel Alexandre, Carmelo Gómez y Adriana Ozores optan entre otros a los XV Premios Unión de Actores". El Mundo. 30 de marzo de 2006. Consultado o 18 de xuño de 2010. 
  11. "XIX Gala de Premios Unión de Actores". Unión de Actores. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2010. 
  12. "Premios Max - Palmarés". Premios Max. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2010. 
  13. "Ganadores de la 13ª EDICIÓN (2010) de los Premios Max de las artes escénicas". Premios Max. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2012. Consultado o 20 de xuño de 2010. 
  14. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 12 de decembro de 2015. 
  15. Palmarés del Festival Cinespaña 2010 Arquivado 16 de maio de 2016 en Wayback Machine.: en conxunto con Pilar Bardem, María Barranco, Sonsoles Benedicto e Mariana Cordero.
  16. R. M. (3 de xuño de 2001). "Anita no pierde el tren, triunfadora en Peñíscola". ABC. Consultado o 20 de xuño de 2010. 
  17. «La actriz Rosa Maria Sardà recibe esta noche el Premio Málaga»
  18. "Medalla de Oro para Rosa María Sardá". El País. 8 de xullo de 2010. Consultado o 8 de xullo de 2010. 
  19. «Rosa María Sarda, Miguel Rellán y María Pagés, galardonados por la AISGE Arquivado 22 de decembro de 2015 en Wayback Machine