Olegario Vázquez Raña
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de decembro de 1935 ![]() Ribadavia, España ![]() |
Morte | 28 de marzo de 2025 ![]() Cidade de México ![]() |
President of the International Shooting Sport Federation (en) ![]() ![]() | |
febreiro de 1980 – 30 de outubro de 2018 – Vladimir Lisin (pt) ![]() ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | tirador, empresario ![]() |
Membro de | |
Nacionalidade deportiva | México ![]() |
Deporte | Tiro deportivo ![]() |
Participou en | |
1976 | Xogos Olímpicos de 1976 |
1972 | Xogos Olímpicos de 1972 |
1968 | Xogos Olímpicos de 1968 |
1964 | Xogos Olímpicos de 1964 ![]() |
Familia | |
Fillos | Olegario Vázquez Aldir ![]() |
Irmáns | Mario Vázquez Raña ![]() |
![]() ![]() |
Olegario Vázquez Raña, nado en Cidade de México o 10 de decembro de 1935 e finado na mesma cidade o 28 de marzo de 2025, foi un empresario e deportista mexicano de orixe galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tanto o seu pai como a súa nai naceran en Avión, e chegaran a México D.F. en 1928, sete anos antes de nacer Olegario. Comezou a traballar dende neno no negocio familiar, dedicado á venda de artigos para o fogar e para o campo. Herda co seu irmán Apolinar a xestión da empresa en 1976 e a partir de aí iniciou a engalaxe económica que o converteu nun dos homes máis ricos de México.
Olegario Vázquez Raña era dono dun dos principais holdings empresariais dese país, o Grupo Empresarial Ángeles, que abrangue hospitais, hoteis, medios de comunicación, grandes almacéns, restaurantes de comida rápida, aseguradoras e empresas de xestión de aeroportos, entre outros. A liña sanitaria coordina a xestión de vinte hospitais que funcionan cun sistema de mutua. Da liña de hoteis depende a empresa Camino Real, con 25 establecementos e máis de 4.000 habitacións.
Co Grupo Imagen, foi propietario do xornal Excelsior, ten unha rede de radios e unha cadea de televisión, o Cadena 3, e a xestión dos aeroportos lévabaa a través do Grupo Aeropuertuario del Pacífico, participado por empresas españolas como Aena ou Dragados.
Actividade deportiva
[editar | editar a fonte]A actividade deportiva foi unha constante na vida da familia Vázquez Raña. Practicante de tiro olímpico, Olegario Vázquez Raña participou nos Xogos de Toquio, México e Múnic formando parte do equipo olímpico mexicano. Ademais, participou representando a este país en todos os mundiais da especialidade dende 1966 ata 1979. Foi plusmarquista mexicano de varias especialidades e en dúas ocasións, 1973 e 1975, conseguiu o récord mundial de rifle de aire comprimido.
Posteriormente desenvolveu carreira na administración deportiva. Foi presidente da Federación Mexicana de Tiro entre 1975 e 1992, membro do Comité Olímpico Mexicano e dende 1980 é presidente da Federación Internacional de Tiro Deportivo.
Datos persoais
[editar | editar a fonte]Tivo cinco irmáns, dous dos cales morreron de cedo. Un deles é Mario Vázquez Raña, presidente do Comité Olímpico Mexicano. O seu fillo é Olegario Vázquez Aldir.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olegario Vázquez Raña ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Vázquez Raña". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Apolinar Vázquez Raña (irmán)
- Mario Vázquez Raña (irmán)
- Abel Vázquez Raña (irmán)