Saltar ao contido

Olga Bergholz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOlga Bergholz

(1930) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1910 Editar o valor en Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte13 de novembro de 1975 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLiteratorskie mostki Editar o valor en Wikidata
EducaciónFaculty of Philology of Saint Petersburg State University (en) Traducir (–1930) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía, Escrita creativa e profesional, Prosa e drama Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, dramaturga, escritora de literatura infantil, escritora, poetisa, autora de diarios Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1932 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGeorgij Pantelejmonovič Makogonenko (1949–1962)
Nikolay Molchanov (1930–1942)
Boris Kornilov (1928–1930) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteConcise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:1, sec:Берггольц)
Obálky knih,
Russian literature of the 20th century. Volume 1, 2005 (en) Traducir, (p.206-208) >>>:БЕРГГОЛЬЦ Ольга Федоровна, Editar o valor en Wikidata
Sitio webolgaberggolc.ru Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0074511 BNE: XX855572 Musicbrainz: 3c91e75f-b89c-4bae-a872-da1e6e13011b Discogs: 2145432 Find a Grave: 35867345 Editar o valor en Wikidata

Olga Fyodorovna Bergholz (en ruso: О́льга Фё́доровна Бергго́льц), nada en San Petersburgo o 3 de maioxul./ 16 de maio de 1910greg. e finada ibídem (na mesma cidade, renomeada Leningrado) o 13 de novembro de 1975, foi unha famosa poeta soviética, coñecida polo seu traballo na radio durante o asedio de Leningrado, onde foi o símbolo da forza e determinación da cidade.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Pronuncia do nome de Olga Fyodorovna Bergholz (en ruso: О́льга Фё́доровна Бергго́льц)

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Olga Bergholz naceu nun barrio de traballadores de San Petersburgo. O seu pai era Fyodor Khrisophorovich Bergholz (1885-1948), un cirurxián de ascendencia rusa e letoa, aínda que en 1942 foi exiliado ao krai de Krasnoiarsk por ser "de etnia alemá e fillo dun capitalista" (en realidade, o seu pai era un traballador fabril). Foi estudante de Nikolay Burdenko na Academia Médica Militar Imperial, e exerceu como médico militar durante a primeira guerra mundial. Tras a Revolución de Outubro foi mobilizado co Exército Vermello.

A súa nai, María Timofeyevna Grustilina (1884-1957), era unha muller de orixe rusa. A parella tivo outra filla máis nova, María (1912-2003), que sería actriz no Teatro Estatal de Comedia Musical de Leningrado. Co estalido da Guerra Civil Rusa en 1918, Fyodor Bergholz enviou á súa familia a Uglich. Alí, residiron no antigo mosteiro Bogoyavlensky até 1921. Tras regresar a Petrogrado, Olga matriculouse nunha escola de traballo, rematando os seus estudos en 1926.

Publicou os seus primeiros versos, dedicados a Vladimir Lenin, en 1924. Ao ano seguinte, uniuse a un grupo de novos literatos coñecido como "O cambio", onde coñeceu a Boris Kornilov. En 1927, ambos comezaron a estudar no Instituto Estatal de Historia da Arte. En 1928, casaron e naceu a súa filla, Irina. Porén, o Instituto Estatal pechou pouco despois, e algúns dos seus estudantes (entre os que se atopaba Olga, mais non Boris) foron trasladados á Universidade de Leningrado.

Dos anos 20 ao 1940

[editar | editar a fonte]
Monumento a Boris Kornilov, o seu primeiro marido e pai da súa filla Irina
Monumento a Boris Kornilov, o seu primeiro marido e pai da súa filla Irina

Licenciouse en filoloxía na Universidade de Leningrado en 1930, e foi enviada a Kazakhstán como xornalista para o xornal The Soviet Steppe. En 1930, con vinte anos, divorciouse de Kornilov e casou co seu amigo da universidade Nikolai Molchánov.

Despois do seu regreso a Leningrado, traballou como editora no xornal da fábrica Electrosila (1931-1934) e publicou varios libros. O 13 de decembro de 1938 foi encarcerada, permanecendo detida durante 7 meses durante a Gran Purga, onde unha malleira durante un interrogatorio provocou un mortinato. Boris Kornilov foi fusilado en 1938. Olga foi liberada o 3 de xullo de 1939, e posteriormente foi rehabilitada.

Alistouse no partido comunista en 1940.

Bergholz é unha dos poetas máis coñecidos do Sitio de Leningrado. O seu segundo marido, Nikolai Molchánov, filólogo, morreu alí de fame en 1942. Olga permaneceu na cidade asediada. Alí creou os seus mellores poemas, dedicados aos defensores de Leningrado. Despois da guerra seguiu escribindo con éxito, incluíndo Pervorossiya en 1950, polo que recibiu o Premio Estatal da URSS.

En 2010 foron publicados os seus diarios onde relataba os seus anos máis difíciles, 1939-1949.[2]

Pasamento

[editar | editar a fonte]

Olga Bergholz morreu en 1975. Está enterrada na Literátorskie Mostkí (Pontes Literarias) do cemiterio de Volkovo en San Petersburgo.

Homenaxes

[editar | editar a fonte]

Foi condecorada coa Orde de Lenin, o Premio Stalin e numerosas medallas; unha rúa de San Petersburgo, un cráter de Venus e o planeta menor 3093 Bergholz descuberto pola astrónoma soviética Tamara Smirnova en 1971 levan o seu nome.[3]

Galería de placas e monumentos na súa honra

[editar | editar a fonte]
  • Глубинка - Glubinka (1932)
  • Годы штурма (1933)
  • Night and New Look (1935)
  • Журналисты (1934)
  • Зерна - Zerna (1935)
  • Стихотворения, (1934)
  • Книга песен (1936)
  • Февральский дневник (1942) - "Diario de febreiro"
  • Ленинградская поэма (1942) - "Poema de Leningrado"
  • Памяти защитников, (1944)
  • Tétrada de Leningrado (1942)
  • Первороссийск - "Pervorossik / Pervorossiya" (1950)
  • Oni Jili en Leningrado (1944)
  • У нас на земле - "Estás no mundo" (1947)
  • Верность - Vernost (1954)
  1. "Olga Bergholz: “The Voice of the Blockade”" (en inglés). 2018-07-24. Consultado o 2022-08-03. 
  2. "Olga Bergholz: poeta, que têm suportado muitas provações". pt.bogemolor.info (en portugués). Consultado o 2022-08-03. [Ligazón morta]
  3. "3094 Chukokkala - Поиск в Google". www.google.com. Consultado o 2022-08-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]