Ons, Brión
Ons | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Ons | |
Concello | Brión[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°53′25″N 8°44′23″O / 42.8902, -8.7398 |
Poboación | 210 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Ons é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Brión. Segundo o IGE en 2018 tiña 210 habitantes (113 mulleres e 97 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución continuada en relación aos anos 2004, cando tiña 308 habitantes, e 1999, con 348.
Historia
[editar | editar a fonte]Por esta parroquia debeu pasar a vía romana denominada no itinerario de Antonino per loca maritima de Bracara a Brigantium (actual A Coruña). Segundo a tradición xacobea aquí ocorreu un dos primeiros milagres do Apóstolo Santiago, cando ao fuxir os seus discípulos Teodoro e Atanasio de Regulo, que os perseguía co seu exército, fixo que a ponte sobre o río Tambre se derrubara, morrendo todos os soldados. Parece ser que esta ponte era a Ponte Pías de Ons.[2]A
Pero a mesma lenda localízase tamén en Negreira, concretamente na Ponte Maceira, desde 1866, e así figura reflictida no escudo municipal.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fachada da igrexa parroquial de Santa María de Ons
-
Detalle da fachada da igrexa parroquial
-
Panel informativo da Igrexa de Santa María de Ons
-
Fervenza do Pozo Negro
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ons
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Ons no concello de Brión (A Coruña) | |
---|---|
Fonte Paredes | A Igrexa | Ons | Pazos | Salaño Grande | Salaño Pequeno |
Parroquias de Brión
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Páxina web do concello de Brión.
- ↑ Guía turística do concello de Negreira, 2009, px. 29.