Os Bestilleiros, Arante, Ribadeo
Os Bestilleiros | |
---|---|
Parroquia | Arante |
Concello | Ribadeo |
Coordenadas | 43°29′43″N 7°09′07″O / 43.4951413, -7.1519219 |
Poboación | 14 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os Bestilleiros é un lugar da parroquia de Arante, no concello lucense de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 14 habitantes (6 homes e 8 mulleres).
Toponimia
[editar | editar a fonte]Carré Alvarellos[2] aboa a voz Bestilleiro como “Besteiro, soldado armado de bésta”, indicando que se trata dun arcaísmo. De aceptarmos a vinculación do topónimo con este substantivo, poderiamos explicar a denominación do lugar pola existencia no mesmo dalgún tipo de destacamento militar en época medieval. Por outra banda, a forma documéntase como apelido persoal tanto na actualidade como no período medieval (Pedro Bestileyro 1261), co cal tampouco deberiamos descartar que o nome de lugar teña esa orixe, atendendo ademais a que aparece flexionado en plural.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Arante
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Arante no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
O Barredal | Os Bestilleiros | Cei | Cima de Vila | Fondo de Vila | Os Fornos | A Madanela | As Pereiriñas | A Ponte | Portobragán | Rego de Mel | Remourelle | Vilamariz |
Parroquias de Ribadeo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Carré Alvarellos, L. (1972). Diccionario galego-castelán e vocabulario. Moret. ISBN 978-92-0-270927-0.