Saltar ao contido

Os Mutantes (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Mutantes
Álbum de Os Mutantes
Publicadoxuño de 1968
Gravacióndecembro de 1967 - xaneiro de 1968
Estudio(s)Philips Studios, Brasil
Duración36:30
Xénero(s)tropicalia, rock psicodélico
Selo(s)Omplatten/Polydor
ProdutorManoel Barenbein
Cronoloxía
- Os Mutantes Mutantes
(1969)
Na rede
Discogs: 54526 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Os Mutantes é o álbum de estrea da banda brasileira de tropicalia Os Mutantes. Foi editado en xuño de 1968 e está influenciado por estilos musicais tradicionais brasileiros, ademais de por bandas estadounidenses e británicas. O disco contén varios hits, como "Panis et circenses", "Baby" e "Ave, Gengis Khan".

O álbum foi un éxito en todo o mundo, sendo considerado un dos 50 discos máis experimentais da historia. Aparece no número 9 da lista da Rolling Stone dos 100 mellores álbums brasileiros de todos os tempos[1].

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Arnaldo Baptista, Rita Lee e Sérgio Dias, agás onde se indique. 

Cara A
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Panis et circenses"  Gilberto Gil, Caetano Veloso 3:40
2. "A minha menina"  Jorge Ben 4:45
3. "O relógio"    3:31
4. "Adeus, Maria Fulô"  Sivuca, Humberto Teixeira 3:06
5. "Baby"  Caetano Veloso 3:02
6. "Senhor F"    2:35
Cara B
N.º TítuloEscritor(es) Duración
7. "Bat macumba"  Gilberto Gil, Caetano Veloso 3:10
8. "Le premier bonheur du jour"  Jean Gaston Renard, Frank Gerald 3:39
9. "Trem fantasma"  Caetano Veloso, Arnaldo Baptista, Rita Lee, Sérgio Dias 3:18
10. "Tempo no tempo"  John Philips; versión en portugués: Os Mutantes 1:48
11. "Ave, Gengis Khan"    3:51
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2011. Consultado o 30 de marzo de 2011.