Os límites do crecemento
Os límites do crecemento (en inglés The Limits to Growth) é un informe encargado ao Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) polo Club de Roma que foi publicado en 1972, pouco antes da primeira crise do petróleo. A autora principal do informe, no cal colaboraron 17 profesionais, foi Donella Meadows, biofísica e científica ambiental, especializada en dinámica de sistemas.
Descrición
[editar | editar a fonte]Equipo de traballo - 1972 |
---|
Dr. Donella H. Meadows (USA) |
Prof. Dennis Meadows (USA) |
Dr. Jørgen Randers (Noruega) |
Farhad Hakimzadeh (Irán) |
Judith A. Machen (USA) |
Dr. Alison A. Anderson (USA) |
Nirmala S. Murthy (India) |
Ilyas Bayar (Turquía) |
Dr. John A. Seeger (USA) |
Dr. Erich Zahn (Alemaña) |
Dr. Jay M. Anderson (USA) |
Dr. William W. Behrens III (USA) |
Dr. Steffen Harbordt (Alemaña) |
Dr. Peter Milling (Alemaña) |
Dr. Roger F. Naill (USA) |
Stephen Schantzis (USA) |
Marilyn Williams (USA) |
A conclusión do informe de 1972 foi a seguinte: se o actual incremento da poboación mundial, a industrialización, a contaminación, a produción de alimentos e a explotación dos recursos naturais se mantén sen variación, alcanzará os límites absolutos de crecemento na Terra durante os próximos cen anos.
O informe baséase na simulación informática do programa World3, creado polos autores do informe co obxectivo de recrear o crecemento da poboación, o crecemento económico e o incremento da pegada ecolóxica da poboación sobre a terra nos próximos 100 anos, segundo os datos dispoñíbeis até a data. A tese principal do libro é que «nun planeta limitado, as dinámicas de crecemento exponencial (poboación e produto per cápita) non son sostíbeis». Así, o planeta pon límites ao crecemento, como os recursos naturais non renovábeis, a terra cultivábel finita, e a capacidade do ecosistema para absorber a polución causada polos seres humanos, entre outros.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Os límites do crecemento |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- 2004 Los límites del crecimiento. 30 años después, Galaxia Gutenberg, ISBN 84-8109-601-6
- Homer-Dixon, Thomas. (2006). The Upside of Down: Catastrophe, Creativity, and the Renewal of Civilization. Washington DC: Island Press.
- Homer-Dixon, Thomas (2007), "The Upside of Down: Catastrophy, Creativity and the Renewal of Civilisation" (Knopf, Canadá)
- Greer, John Michael. (2005). How Civilizations Fall: A Theory of Catabolic Collapse. [1]
- Diamond, Jared (2005), Colapso: por qué unas sociedades perduran y otras desaparecen, Madrid, 2005.
- Miguel, Amando de, Las profecías no se cumplieron, Ediciones Nobel,ISBN 978-84-8459-045-3, 2001
- Tainter, Joseph A. (1990). The Collapse of Complex Societies (1st paperback ed.). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-38673-X.
- Toynbee, Arnold J. (1934-1961). Estudio de la Historia, 12 volúmenes.
- Weiss, V. (2007). The population cycle drives human history - from a eugenic phase into a dysgenic phase and eventual collapse. The Journal of Social, Political and Economic Studies 32: 327-358. [2]
- Wright, Ronald. (2004). A Short History of Progress. Nova York: Carroll & Graf Publishers. ISBN 0-7867-1547-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Club de Roma (en inglés)
- Martínez Coll, Juan Carlos (2001): "El crecimiento económico" en La Economía de Mercado, virtudes e inconvenientes" (en castelán).
- Os límites do crecemento, en crisisenergitcia.org (en castelán).