PS, I Love You
PS, I Love You | |
---|---|
Título orixinal | "PS, I Love You" |
Autor/a | Cecelia Ahern |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | lingua inglesa |
Editorial | Gale |
Data de pub. | abril de 2004 |
[ editar datos en Wikidata ] |
P.S. I Love You (en galego, P.D. quérote) é un libro que foi escrito pola escritora irlandesa Cecilia Ahern e que foi publicado no ano 2004.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Holly Kennedy é unha moza americana que está profundamente namorada do seu marido, Gerry, un rapaz irlandés con quen pensaba pasar o resto da súa vida, pero o destino non llo permite. Gerry morre con tan so 35 anos, deixando a Holly totalmente esnaquizada. Pero el decidiu que Holly non ía a estar soa e déixalle unha serie de cartas escritas por el nos seus últimos meses de vida, e que irán axudando a Holly a superalo e sobre todo a non sentirse soa. Así ela tamén ira descubrindo cousas sobre si mesma, e sobre a súa familia e amigos.
Adaptación cinematográfica
[editar | editar a fonte]A adaptación cinematográfica deste libro, P.S. I Love You, foi estreada nos Estados Unidos o 21 de decembro do 2007. Está protagonizada por Hilary Swank no papel de Holly Kennedy e Gerard Butler no papel de Gerry. Tamén participan na película actores como Lisa Kudrow (coñecida mundialmente como Phoebe en Friends) ou Kathy Bates (Tomates verdes fritos).