Saltar ao contido

Pablo Carnero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pablo Alberto Carnero Llauger»)
Modelo:BiografíaPablo Carnero
Nome orixinalPablo Alberto Carnero Llauger
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1988 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,81 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Pontevedra CF

Pablo Alberto Carnero Llauger, nado en Vigo o 3 de xaneiro de 1988, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Verín CF. É fillo do exfutbolista e adestrador Félix Carnero.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado nas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo, no 2007 entrou na canteira do Real Madrid. Xogou co Real Madrid C na Terceira División e no 2010 fichou polo Real Oviedo B, da mesma categoría. Foi dianteiro titular ese ano no filial oviedista, co que marcou 12 goles, e debutou co primeiro equipo na Segunda B.[1]

No verán de 2011 fichou polo Marino de Luanco, de Segunda B, onde xogou durante unha tempada. Na 2012/13 regresou a Galicia para xogar no Rápido de Bouzas, club no que tamén xogara seu pai Félix. Despois dun ano fichou polo Salamanca Athletic, club herdeiro da desaparecida Unión Deportiva Salamanca. Con todo, o novo club non conseguiu praza na Segunda División B, e acabou por disolverse antes de xogar ningún partido oficial.[2]

Pablo Carnero fichou entón polo Pontevedra, adestrado por Nando, onde foi titular durante case todos os partidos da tempada. Anotou 17 goles, o que o colocou como o segundo máximo goleador do Grupo I da Terceira, só por detrás dos 23 de Jorge Cano, do Cerceda. Na tempada 2014/15 o seu equipo logrou o ascenso á Segunda B con Luisito no banco, contribuíndo Carnero con 19 goles, máximo goleador do Grupo I. Na tempada 2015/16 na categoría de bronce as súas cifras reducíronse, debido en parte a perder numerosos partidos por lesión.[3] Ao remate da campaña deixou o equipo e regresou ao Rápido de Bouzas.

O equipo vigués logrou esa tempada o ascenso á Segunda B con Patxi Salinas no banco e con Carnero como máximo goleador do equipo, con 16 tantos. A tempada 2017/18, con Borja Jiménez como adestrador, foi a mellor da historia do Rápido de Bouzas, rematando qinto a só dous puntos dos postos da promoción de ascenso. Con todo, Carnero tivo pouca participación no equipo, tanto nesa tempada como nas seguintes.

En 2020 fichou polo Cultural Areas, co que xogou un ano en Preferente, antes de pasar ao Verín CF.[4]

  1. Fernández, José (11 de agosto de 2011). "Pablo Carnero quiere poner los goles en el Marino" (en castelán). Consultado o 18 de setembro de 2021. 
  2. "El Pontevedra cierra el fichaje del delantero Pablo Carnero". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de setembro de 2013. p. 9. 
  3. Otero, Manu (25 de maio de 2016). "Carnero, Pedro, Anxo y Pablo dejan el Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de setembro de 2021. 
  4. Nieto, Laureano (30 de agosto de 2021). "Carnero y Mouriño, al Verín". La Región (en castelán). Consultado o 18 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]