Félix Carnero
Nome orixinal | Félix Javier Carnero Correa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 1 de xuño de 1948 (76 anos) Bouzas, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | - 1975 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Félix Javier Carnero Correa, nado en Bouzas (Vigo) o 1 de xuño de 1948 foi un xogador, adestrador e directivo de fútbol galego.
Foi pai do tamén futbolista Pablo Carnero.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Iniciouse nos conxuntos infantís de Apache e Amanecer, pasando na categoría xuvenil ao Celta de Vigo e despois ao Rápido de Bouzas. Volvendo despois ao Celta, esta vez ao primeiro equipo. Non logra asentarse no equipo, polo que na tempada 1968-69 é traspasado ao Castellón por 100.000 pesetas. Permanecería no levante seis tempadas, nas que acada o ascenso a Primeira División e chega a disputar unha final de Copa.
No ano 1974 volve ao Celta, pero o club non completaría unha boa campaña descendendo a Segunda División pese ao que a actuación de Félix é moi regular, xogando 30 partidos e marcando dous goles. En segunda, nunha tempada na que é o máximo anotador do equipo con nove tantos, o Celta fai moi bo ano conseguindo o ascenso. Porén a tempada seguinte volveu descender e déuselle a baixa, pasando a formar parte do equipo técnico.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Na tempada 1981-82 desempeñou a tarefa de segundo adestrador do primeiro equipo xunto a Milorad Pavić. Posteriormente converteuse en primeiro adestrador do Celta na tempada 1983-84, trala dimisión de Luis Cid Pérez, Carriega. Ao ano seguinte continúa no posto, conseguindo o ascenso a Primeira.
O seu último ano como adestrador do Celta foi a campaña 1985-86 sendo substituído por José Luis García Traid na décimo terceira xornada. Posteriormente adestrou o Arousa e o Lugo.
Como directivo
[editar | editar a fonte]Pasados uns anos Félix Carnero ocuparía os postos de Secretario Técnico e Director Deportivo do Celta durante un período longo e frutífero para o club vigués.
Finalmente abandonou o club a finais do ano 2007 ao non contar no proxecto do novo presidente do Celta, Carlos Mouriño, e foi substituído por Ramón Martínez.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en 1948
- Nados en Vigo
- Futbolistas de Vigo
- Xogadores do CD Castellón
- Xogadores do Celta de Vigo
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do Gran Peña
- Adestradores do Celta de Vigo
- Adestradores do Arosa SC
- Adestradores do CD Lugo
- Xogadores do Rápido de Bouzas
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Directores deportivos de fútbol de Galicia