Camilo Liz
Nome orixinal | Camilo Liz Salgado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 17 de marzo de 1913 Ourense, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 13 de agosto de 2009 (96 anos) Cádiz, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Camilo Liz Salgado, nado en Ourense o 17 de marzo de 1913 e finado en Cádiz o 13 de agosto de 2009, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de extremo esquerdo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar no Burgas da súa cidade natal e con apenas 13 xa viaxou co Celta de Vigo a un amigábel en Porto ante o Belenenses, dende aquela xogaría moitos encontros co equipo céltico en calidade de préstamo.
Co gran potencial que tiña foi fichado polo Atlético de Madrid, de onde marchou cedido a CD Málaga e Celta de Vigo, porén o golpe de estado do exército contra o goberno da República e o comezo da guerra civil cortou a súa progresión.
Coa reanudación das competicións oficiais na tempada 1939/40 fichou polo Club Deportivo Mirandilla de Cádiz, posteriormente este club pasaría a chamarse Cádiz CF, sendo Camilo Liz o autor do primeiro tanto do novo club, ante o Sevilla FC.
Ao ano seguinte fichou polo Granada CF onde xogou ata 1942, nese tempo acadou o ascenso a Primeira División e debuta na máxima categoría cun moi bo papel, o que fai que sexa convocado coa Selección española de fútbol para xogar ante Alemaña, Italia e Francia, porén unha enfermidade de última hora fai que non poida acudir.
Ao final desa tempada ficha polo Sporting de Gijón, onde xoga catro tempadas e co que tamén acada o ascenso á máxima categoría. No Sporting logrou a cifra de 9 goles directos de corner.
O 10 de outubro de 1946 fichou de novo polo Cádiz CF, por aquel entón en Terceira División. Ao final desa tempada a causa da enfermidade de seu pai rescinde o contrato e regresa a Galiza, dende aquela so volvería xogar a fútbol en encontros de amigábeis.
Como adestrador e directivo
[editar | editar a fonte]Unha vez retirado desenvolveu o labor de adestrador polos bancos de Cádiz CF, Balompédica Linense, Algeciras CF, Racing Club Portuense, Recreativo de Huelva, Cacereño, Xerez CD, CD Lugo, Atlético Tetuán e AD Ceuta.
Dirixiu tanto en Segunda como en Terceira ou Segunda División B como ao CD Lugo, levándoo á fase de ascenso a Segunda na tempada 1962/63.[1]
Na súa etapa no Tetuán foi proposto como adestrador da Selección de fútbol de Marrocos pero tivo que renuncias a causa dunha enfermidade que o obrigou a regresar á España.
Nos anos posteriores desenvolveu o seu labor de xerente e secretario técnico. Estivo no Castellón 14 anos, nos que alternou ese traballo co banco do club en varias ocasións. Na tempada 1980/81 volveu ao Cádiz de maneira provisional, dándose a casualidade de que ambos equipos acadaron o ascenso a Primeira División. Porén Camilo desvinculouse do Castellón e fichou definitivamente polo Cádiz CF. No club gaditano sempre se lle recordará por ser a persoa que fichou a Jorge González Barillas, Mágico González.
Posteriormente tamén dirixiu o Xerez CD.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Orense por cuarta vez aspira al ascenso". El Mundo Deportivo (en castelán). 14 de xuño de 1969.
- Nados en 1913
- Finados en 2009
- Nados en Ourense
- Futbolistas de Ourense
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do CD Málaga
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Lugo Sporting
- Xogadores do Cádiz CF
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores do Sporting de Gijón
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do Cádiz CF
- Adestradores do CD Castellón
- Adestradores do CD Lugo
- Adestradores da Real Balompédica Linense
- Adestradores do Recreativo de Huelva
- Adestradores do Xerez CD
- Adestradores do Atlético Tetuán
- Adestradores da AD Ceuta