José Luis García Traid
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1936 ![]() Zaragoza, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 11 de xaneiro de 1990 ![]() Zaragoza, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | doenza cardiovascular ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Torrero Cemetery (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
José Luís García Traid, nado en Zaragoza o 6 de abril de 1936 e finado o 11 de xaneiro de 1990 na mesma cidade, foi un xogador e adestrador de fútbol.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar na categoría xuvenil do Patria e o La Salle. Pouco despois deu o salto ao Real Zaragoza, onde transcorrería toda a súa carreira futbolística, a excepción dunhas cesións ao Celta de Vigo, Amistad e Levante UD. Nestes anos conseguiría afianzarse como titular indiscutíbel no equipo maño e debutar coa Selección española de fútbol, porén tería que retirarse do fútbol en activo moi novo a raíz dunha lesión que sufriu ante o Deportivo da Coruña no ano 1961 aos 25 anos de idade.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Despois da lesión e múltiples operacións que comportou comeza a actuar como adestrador, nun primeiro momento dirixindo aos xuvenís do San Lamberto, o Aragón e o Huesca. Na tempada 1970-71 faise cargo do Real Zaragoza en substitución de Domingo Balmanya pero non logra evitar o descenso a Segunda División. Posteriormente a súa carreira de adestrador levaríao a equipos como UD Salamanca (ao que ascendeu a Primeira División), Atlético de Madrid, Real Betis, Burgos, Celta de Vigo e Hércules CF.
Tamén foi mestre da Escola Nacional de Preparadores.