José María Maguregui
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1934 Ugao-Miraballes, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 30 de decembro de 2013 (79 anos) Bilbao, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
José María Maguregui, nado en Ugao-Miraballes (Biscaia) o 16 de xuño de 1934 e finado en Bilbao o 30 de decembro de 2013, foi un futbolista e adestrador de fútbol vasco. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]A maior parte da súa carreira como deportista transcorreu no Athletic de Bilbao, onde formou parella no centro do campo con Mauri. Con este equipo gañaría unha Liga e tres Copas na década de 1950, marcando o gol do triunfo nunha das finais polo campionato "copero". Nesa década tamén foi sete veces internacional.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Na súa faceta como técnico nos anos setenta e oitenta, Maguregui foi o máximo expoñente do fútbol conservador e de reborde de poderío físico na súa época.
Comezou adestrando un ano ao Miravalles C.D., pasando despois ao Sestao Sport. O seu bo papel no Sestao fixo que fichara polo Racing de Santander, en Segunda División, no ano 1972. Nos seus cinco anos neste equipo conseguiu dous ascensos a Primeira División deixando ao equipo asentado na máxima categoría.
No ano 1977 ficha polo Celta de Vigo trala dimisión do anterior adestrador, Toni Cuervo. Co equipo celeste consegue reconducir o mal inicio de tempada e o ascenso a Primeira División, pero problemas co contrato fan que non poida dirixir ao equipo nesa categoría.
De Vigo marchou ao AD Almería, co que conseguiu outro ascenso, o primeiro da historia do club almeriense, e para completar esa boa labor na primeira tempada na máxima categoría leva ao equipo á novena praza. Estes excepcionais dous anos fan que o fiche o RCD Espanyol, onde permanecería tres anos antes de volver a Santander para devolver ao Racing a Primeira División na tempada 1983-84. Nas diferentes etapas dirixiría ao Racing de Santander un total de nove tempadas, sendo o adestrador con máis encontros disputados do club.
Na tempada 1987-88 volve ao Celta, acabado de ascender a Primeira, pero non remataría o curso xa que ficharía polo Atlético de Madrid tras un moi bo inicio de tempada do club da cidade olívica.
Porén despois de adestrar ao Real Murcia volvería a Vigo a finais da tempada seguinte, a 1989-90, para tentar evitar o descenso, obxectivo que non lograría. Xa en Segunda División pronto sería destituído por Txetxu Rojo ante os malos resultados.