Saltar ao contido

Paco Ibáñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaco Ibáñez

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Ibáñez Gorostidi Editar o valor en Wikidata
20 de novembro de 1934 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, guitarrista, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoCanción (en) Traducir, traditional folk song (en) Traducir e canción protesta Editar o valor en Wikidata
Influencias
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoPolydor Records Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsRoger Ibáñez Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webaflordetiempo.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0406642 BNE: XX840817 Musicbrainz: 06110fec-532b-4e1b-8c77-cbcac347eebf Songkick: 217505 Discogs: 487246 Allmusic: mn0000548044 Musikasten: paco-ibanez Genius: Paco-ibanez Editar o valor en Wikidata
Paco Ibáñez en 2005.

Paco Ibáñez, nado en Valencia o 20 de novembro de 1934, é un cantante español, que dedicou case integramente a súa traxectoria artística a realizar versións musicadas de obras de poetas españois, antigos e contemporáneos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De pai valenciano e nai vasca, é o menor de catro irmáns. Pasa os seus primeiros anos en Barcelona, a onde regresará na súa vellez. Trala guerra civil, a súa familia vese obrigada a exiliarse a Francia. Entre o inverno de 1939 e o inicio da ocupación alemá, residirán en París. O seu pai é arrestado e internado nun campo de traballo para republicanos españois. A súa nai regresa entón cos catro fillos a Donostia para traballar. Máis tarde, estes recordos de infancia no casarío familiar son recollidos no seu disco Oroitzen —Recordando—, cantado en éuscaro). En 1948, a familia atravesa clandestinamente a fronteira e reúnese co pai en Perpiñán. Paco aprende del o oficio de ebanista, ó tempo que comeza a estudar violín. Pronto substitúe o violín pola guitarra. Instalados definitivamente en París, a principios dos anos 50, descobre primeiro a música de Georges Brassens e de Atahualpa Yupanqui, referencias fundamentais para a súa formación artística e ideolóxica, e inmediatamente despois a Léo Ferré e ó movemento existencialista francés, que se encontraba en pleno auxe.

En 1956 a foto dunha muller andaluza vestida de negro inspíralle a súa primeira canción sobre o poema "La más bella niña", de Luis de Góngora. Cos poemas de Góngora, ós que engade outros de Federico García Lorca realiza a súa primeira gravación en 1964. Un disco que, desde o mesmo momento da súa aparición, convértese nun clásico utilizado polos profesores de lingua e literatura castelá como material pedagóxico, e polos defensores das liberdades como un símbolo de resistencia cultural.

En 1958, unha amiga de Paco e de Pierre Pascal, leva a Salvador Dalí, a Cadaqués, un disco de proba con algunhas cancións de Lorca e Góngora. Cando Salvador Dalí o escoita quere coñecer "al muchacho" que fixo o disco. Cando se coñecen, nace a idea de que o pintor realice o debuxo para a portada do disco, inaugurándose así unha estreita relación de Paco, non só co mundo da poesía e da literatura en xeral, senón tamén co das artes plásticas.

Paco Ibáñez e o activismo

[editar | editar a fonte]

En 1966, xunto a diversos activistas culturais asentados na capital francesa, funda "La Carraca" onde se presentan espectáculos en lingua castelá (representacións teatrais, exposicións de pintura, coloquios literarios, manifestacións musicais e proxeccións cinematográficas). Nesa época a casa dos Ibáñez en París é un centro de paso e acollida dos moitos artistas, políticos e intelectuais españois que pasan pola capital francesa, idas e voltas do exilio ou simples escapadas para respirar aire fresco.

O segundo disco da colección "España de hoy y de siempre" aparece en 1967, incluíndo poemas de Rafael Alberti, Luis de Góngora, Blas de Otero, Gabriel Celaya, Miguel Hernández e Francisco de Quevedo. Outro clásico. Esta vez o disco estaba ilustrado por José Ortega.

En maio do 68, nunha emisión da TV francesa realizada en directo por Raoul Sangla, presenta o disco e Ortega as pinturas que o ilustran. Nesta emisión canta "La poesía es un arma cargada de futuro", de Gabriel Celaya e "Balada del que nunca fue a Granada", de Rafael Alberti.

En febreiro de 1968 ofrece o seu primeiro concerto en España, en Manresa, durante a "Primeira Trobada de Canço de Testimoni". A partir de aí a súa actividade esténdese por diversas Universidades, chegando a cantar en TVE o tema "Andaluces de Jaén", de Miguel Hernández. Posteriormente instálase en Barcelona, onde contacta con José Agustín Goytisolo, amizade convertida en colaboración íntima.

Problemas co franquismo

[editar | editar a fonte]

Con motivo do primeiro aniversario da toma estudantil, o 12 de maio de 1969, realiza un concerto n' A Sorbona. Un pequeno cartel amarelo realizado polos estudantes e pegado nas árbores, nos cristais dos cafés, nos corredores das aulas, anuncian un concerto de “Paco Ibáñez, a voz libre de España”, na sala Richelieu. Os universitarios franceses identifícanse con el e o toman como un dos seus símbolos. Nese mesmo ano edita o seu terceiro disco con poemas de Rafael Alberti, Luis Cernuda, León Felipe, Gloria Fuertes, Antonio Machado ou José Agustín Goytisolo. O autor da pintura que ilustrará o disco é Antonio Saura. En decembro realiza a súa memorable aparición na sala Olympia parisiense. Un dobre álbum que recolle esta velada. No Olympia canta por primeira vez unha canción de Georges Brassens traducida ó castelán, La mala reputación.

En 1970 coñece a Pablo Neruda en París, que escoita por primeira vez os seus poemas cantados. "Tú tienes que cantar mis poemas, tu voz está hecha para cantar mi poesía..." dille o poeta.

Un ano despois, o goberno español inclúe a Paco Ibáñez na súa longa lista de censurados, prohibíndoselle calquera actuación no territorio español. As dificultades para seguir vivindo en Barcelona fanlle regresar a París, desde onde viaxa por todo o mundo, especialmente polos países de América Latina. En todos estes anos entra en contacto con numerosas personaxes do mundo da cultura, como o escritor valisoletano Blas Pajarero.

No 1975, trala morte do ditador Francisco Franco levántase a censura sobre a súa música, pero queda aínda en París. Durante eses anos, en España celébranse concertos multitudinarios e é invitado a participar, se ben adoita declinar o convite.

Na campaña electoral de 1982 realiza un concerto en Madrid ante miles de persoas, no peche de campaña electoral do PSOE, que gañaría por primeira vez as eleccións xerais.

As últimas décadas

[editar | editar a fonte]

O ministro de Cultura do Goberno de Mitterrand outorgoulle a Medalla das Artes e das Letras en 1983. Non a acepta: "Un artista tiene que ser libre en las ideas que pretende defender. A la primera concesión pierdes parte de tu libertad. La única autoridad que reconozco es la del público y el mejor premio son los aplausos que se lleva uno a casa." En 1987 Jack Lang otórgalle por segunda vez a Medaille des Arts et des Lettres. Novamente a rechaza.

A principios da década de 1990 publica un novo disco “Por una canción” . Instálase definitivamente en España, primeiro en Madrid, despois en Aduna (Guipúscoa) e desde 1994 en Barcelona.

En agosto de 1998, a Sociedade Cultural Andaluza Almenara, concédelle en Barcelona o Premio Gerald Brenan en recoñecemento á súa longa traxectoria en pro da liberdade e a poesía, así como o seu esforzo de independencia dos poderes políticos, económicos e culturais; seguindo o seu principio de non aceptar premios, recházao.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Paco Ibáñez 1 (1964)
  • Paco Ibáñez 2 (1967)
  • Paco Ibáñez 3 (1969)
  • Paco Ibáñez en el OLYMPIA (1969; disco dobre)
  • Paco Ibáñez interpreta a Pablo Neruda - Cuarteto Cedrón interpreta a Raúl González Tuñón (1977)
  • A flor de tiempo (1978)
  • Paco Ibáñez canta a Brassens (1979)
  • Por una canción (1990)
  • A galopar (1992; isco dobre)
  • Oroitzen (1998)
  • Paco Ibáñez canta a José A. Goytisolo (2002)
  • Fue ayer (2003)
  • Paco Ibáñez en concierto
  • España de hoy y de siempre (nome da colección coa que se publicaron os primeiros discos)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]