Saltar ao contido

Papaver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Papaver é un xénero de anxiospermas, coñecidas coma papoulas, que pertencen á familia Papaveraceae e que se distribúen por Europa, Asia e América do Norte.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Do latín păpāvĕr, vĕris, co mesmo significado. Xa en Cátulo, 19,12; Virxilio, Eneida, 4, 486; Plinio o Vello, Historia Naturalis, 26, 67.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son herbas anuais, bienais ou vivaces, con látex de ordinario branco e con follas máis ou menos divididas, as inferiores pecioladas e as superiores, cando existen, sésiles. As flores son actinomorfas, pedunculadas, terminais e solitarias e de casulo pénsil. Teñen 2 ou 3 sépalos, caedizos na floración e 4-6 Pétalos, fugaces, de prefloración corrugada, ás veces imbricados e de cor vermella, laranxa, amarela, branca ou violeta. Os estames son numerosos, con anteras subglobosas ou elipsoides mentres o ovario non ten estilo, mais un disco apical provisto de 3-18 estigmas radiais. O froito é unha cápsula de forma mazuda a subglobosa, unilocular, falsamente tabicada, case sempre dehiscente por uns poros situados baixo o disco. Contén numérosas sementes de 0,5-1,5 mm, reniformes, estriadas ou reticuladas, máis ou menos alveoladas e de diversas cores.[2][3][4]

Leira de papoulas en Argenteuil, obra impresionista de Claude Monet.

Especies aceptadas

[editar | editar a fonte]

Das máis de 400 descritas, das cales case 300 son discutidas e 85 sinónimos, só 55 están aceptadas:[5]

Especies presentes na Península Ibérica

[editar | editar a fonte]

Na península téñense citado 10 especies, 2 subespecies e 3 híbridos.[2]

  • Papaver argemone L., Sp. Pl., 506, 1753
  • Papaver aurantiacum Loisel. in J. Bot., 2: 340, 1809 - Dubidosa aínda que non imposíbel no Pireneo xirundense
  • Papaver dubium L., Sp. Pl., 1196, 1753
  • Papaver hybridum L., Sp. Pl., 506, 1753
  • Papaver lapeyrousianum Gutermann in Oesterr. Bot. Z., 122: 268, 1974
  • Papaver pinnatifidum Moris, Fl. Sardoa, 1: 74, 183)
  • Papaver rhoeas L., Sp. Pl., 507, 1753
  • Papaver rupifragum Boiss. & Reut., Pugill. Pl. Afr. Bor. Hispan., 6, 1852
  • Papaver somniferum L., Sp. Pl. 508 (1753), as durmideiras
    • Papaver somniferum subsp. setigerum (DC.), Arcang., Comp. Fl. Ital. 25, 1882
    • Papaver somniferum subsp. somniferum L., Sp. Pl., 508, 1753
  • Papaver stipitatum Fedde in Engl., Pflanzenr., 40: 322, 1909 (=Papaver guerlekense Stapf) - Citada recentemente en Menorca sobre a base dun prego pouco maduro; presenza por confirmar. Considerada até agora como un endemismo dunha illa do mar Exeo (Creta).
  • Papaver dubium x Papaver rhoeas
  • Papaver dubium x Papaver somniferum
  • Papaver rhoeas x Papaver somniferum

Tamén están presentes un par de especies asiáticas que se cultivan como ornamentais: Papaver orientale L. e Papaver bracteatum Lindl.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]