Parada, Outeiro de Rei
Parada | |
---|---|
Ponte colgante e refuxio de pescadores da Insua de Seivane. | |
Concello | Outeiro de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°03′33″N 7°43′11″O / 43.0591185, -7.7197943 |
Poboación | 80 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Parada é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 95 habitantes, deles 51 eran homes e 44 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira mención da parroquia aparece no testamento maior de Odoario (ano 747), como Villa Parata cum ecclesia sancti Inhoanis constipata de familia mea pro suis terminis ab integro. Posteriormente cítase a súa igrexa en varios inventarios de bens da catedral de Lugo, así como nun privilexio de Afonso III (897), o chamado Caelicolae.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Conxunto de 10 mámoas localizadas no monte e un menhir gravado. Na canteira de pedra das Penas de Raposo, hoxe pechada, apareceu unha alabarda de sílex do período megalítico. Aquí localízanse os castros das Croas e Sampaio, e as casas señoriais de Gondai e Sampaio (do século XVII e reformada en 1856).
Na parroquia sitúase a Ponte Colgante de Parada que dá acceso á Insua de Seivane, tamén coñecida como Insua de Arriba, que conta cunha área recreativa e un refuxio de pescadores.
Festas
[editar | editar a fonte]- San Xoán, no mes de xuño.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Parada
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Parada no concello de Outeiro de Rei (Lugo) | |
---|---|
Gondai | As Latas | Parada | Pascuais | O Pazo | San Paio | Seivane | Trollos |