San Tomé de Gaioso, Outeiro de Rei
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Tomé.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gaioso.
San Tomé de Gaioso | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial. | |
Concello | Outeiro de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°06′17″N 7°43′03″O / 43.1048229, -7.717559 |
Poboación | 21 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Tomé de Gaioso é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 31 habitantes, deles 16 eran homes e 15 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia está bañada polo río Porto de San Tomé. Os principais accidentes xeográficos son o Monte Lourido (636 m), o Cordal de Porriño (629 m) e o Cordal do Penedo (579 m).
A parroquia está atravesada pola vía francesa do Camiño de Santiago.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No monte das Medorras, ao sur da parroquia, hai varias mámoas. No monte Coto, no noroeste, hai un asentamento castrexo.
Festas
[editar | editar a fonte]- Virxe do Carme, o último domingo de xullo.
- Festa da Malla, no mes de agosto (dende 1999).
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Tomé de Gaioso
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Tomé de Gaioso no concello de Outeiro de Rei (Lugo) | |
---|---|
Algar | Cachopeiro de Abaixo | Cachopeiro de Arriba | San Tomé |