Saltar ao contido

Parken Stadion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parken Stadion
Datos
Coordenadas55°42′09″N 12°34′20″L / 55.702469, 12.572203
LocalizaciónDinamarca Copenhague, Dinamarca
Construción
Inauguración1992
ArquitectoGert Andersson
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade42 305
PropietarioPARKEN Sport & Entertainment A/S
LocalíaFC Copenhague
Selección de fútbol de Dinamarca
Webhttps://www.parkenstadion.dk
Eventos
Final Recopa de Europa 1993-94
Final Copa da UEFA 1999-2000
Festival da Canción de Eurovisión 2001
Eurocopa 2020
editar datos en Wikidata ]

O Parken Stadion (por razóns de patrocinio denominado Telia Parken) é un estadio de fútbol situado no distrito de Indre Østerbro na cidade de Copenhague, capital de Dinamarca. O recinto inaugurado en 1992 posúe unha capacidade para 42 305 persoas. Acolleu partidos da UEFA e FIFA.

Interior do Parken Stadium.

O Parken Stadion foi construído no mesmo lugar onde estivo o estadio nacional de Dinamarca, Idrætsparken, entre 1990 e 1992. O último partido oficial da selección nacional en Idrætsparken foi nas eliminatorias da Eurocopa 1992, no partido que perdeu 0-2 contra Iugoslavia o 14 de novembro de 1990. O 9 de setembro de 1992 realizouse un partido amigable contra Alemaña e perdeu por 1–2.

O estadio foi reconstruído pola compañía Baltica Finans A/S garantindo á Unión Danesa de Fútbol, que todos os partidos nacionais serían xogados en Parken polo menos polos próximos 15 anos. Toda a reconstrución custou 640 millóns de coroas dinamarquesas.

En 1998, Baltica Finans vendeu o estadio ao club FC Copenhague por DKK 138 millóns, e o club agora é propietario do estadio e as instalacións adxacentes.

Parken foi incluído na lista de estadios 4 estrelas da UEFA no outono de 1993, permitindo que sexa seleccionado para albergar finais de Copa UEFA así como da desaparecida Recopa europea. Sendo un estadio de 4 estrelas, Parken aínda non pode organizar a final da liga de Campións da UEFA xa que esta require unha capacidade para 50 000 espectadores.

O 2 de xuño de 2007 no Parken Stadion un espectador atacou o árbitro durante o partido entre Dinamarca e Suecia nas eliminatorias da Eurocopa 2008, recibindo unha sanción e unha multa económica.

Espectáculos

[editar | editar a fonte]

O estadio acolleu unha serie de concertos multitudinarios como Pink Floyd (na súa xira The Division Bell en 1994), Madonna, Lady Gaga, Depeche Mode, Pet Shop Boys, Eminem, Tiësto, U2, Robbie Williams, Michael Jackson etc. En 2001 acolleu o Festival de Eurovisión concentrando o maior aforamento da historia deste certame, 38 000 espectadores.

O 11 de xullo de 2009, Britney Spears pasou por este estadio para presentar a súa xira "The Circus Starring: Britney Spears" promovendo o seu álbum Circus, diante de máis de 50 mil persoas, facendo un "cheo completo".

Eurocopa 2020

[editar | editar a fonte]

O Parken Stadion albergará catro partidos da Eurocopa 2020:

Data Selección #1 Resultado Selección #2 Rolda Espectadores
12 de xuño de 2021  Dinamarca 0–1  Finlandia  Primeira fase, grupo B
15 200
17 de xuño de 2021  Dinamarca 1–2  Bélxica  Primeira fase, grupo B
23 395
21 de xuño de 2021  Rusia 1–4  Dinamarca  Primeira fase, grupo B
23 644
28 de xuño de 2021  España  Croacia Cuartos de final

Partidos notables

[editar | editar a fonte]
Data Equipo 1 Res. Equipo 2 Competición Espectadores
4 de maio de 1994 Arsenal FC 1–0 Parma FC Final da Recopa de Europa 1994 33 765
17 de maio de 2000 Galatasaray 0–0 (pen. 4-1) Arsenal FC Final da Copa UEFA 2000 38 919
8 de outubro de 2005 Dinamarca 1–0 Grecia Clasificación de UEFA para a Copa Mundial de Fútbol de 2006 42 099 (marca de asistencia)
6 de abril de 2006 FC Copenhagen 1–0 Lillestrøm SK Final da Royal League 2005-06 13 617
30 de abril de 2006 FC Copenhagen 0–0 Brøndby IF Superliga danesa 2005-06 41 201 (marca en liga)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

 

Predecesor:
Estadio Olímpico Luzhnikí
Moscova, 1999

Final da UEFA Europa League

Dinamarca Copenhague, 2000
Sucesor:
Signal Iduna Park
Alemaña Dortmund, 2001
Predecesor:
Globen Arena
Estocolmo, 2000

Sede do Festival da Canción de Eurovisión

Dinamarca Copenhague, 2001
Sucesor:
Saku Suurhall
Estonia Tallin, 2002