Festival de Eurovisión 2002
Festival da Canción de Eurovisión 2002 | |
---|---|
Saku Suurhall, sede do Festival de Eurovisión 2002. | |
Localización | Tallin, Estonia |
TV anfitrioa | Eesti Televisioon |
Data | 25 de maio de 2002 |
Edición | XLVII |
Presentadores | Annely Peebo e Marko Matvere |
Gañador | I wanna, Marie N Letonia |
Participantes | 24 |
Debutantes | - |
Retornos | Austria Bélxica Chipre Finlandia Macedonia do Norte Romanía Suíza |
Retirados | Irlanda Islandia Noruega Países Baixos Polonia Portugal |
Actos artísticos | Ballet e coro de ETV |
O XLVII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse o 25 de maio de 2002, no complexo Saku Surhall de Tallin, Estonia. Os presentadores foron Annely Peebo e Marko Matvere. Marie N foi a ganadora deste Festival, representando a Letonia coa canción "I wanna", desbancando ás máximas favoritas, Afro-diche (Suecia) e Corinna May (Alemaña).
En 2002, a Unión Europea de Radiodifusión volveu ao sistema simple usado en 1994 e 1995 para determinar que países participarían no concurso. Os países con menos puntuación (sen contar Francia, Alemaña, España e o Reino Unido, que formaban o Big Four) do ano anterior foron excluídos, omitindo tantos países como fose necesario para reducir o número de participantes a 24. Xa que logo clasificáronse os 17 primeiros clasificados da edición de 2001 e sete países relegados en 2001. En principio a Portugal correspondíalle unha praza, pero Portugal declinou participar por problemas internos, e foron substituídos por Letonia, que acabaría gañando o concurso.[1]
Esta edición tivo unha audiencia segundo a UER e televisión estona de 166 millóns de espectadores, alcanzando os maiores índices en Malta (con máis dun 90% de seguimento), Suecia e España. Neste último país, ademais, converteuse no espazo máis visto desde que existían as estatísticas de audiencia, creando grazas ao concurso de selección, Operación Triunfo, un grande eco informativo e fenómeno de masas en España.
O pavillón e escenario de Tallin, pese a albergar a uns 5.000 espectadores, quedábase lonxe da capacidade das dúas últimas sedes en Estocolmo e Copenhaguen. Foi o primeiro festival celebrado nun dos países de Europa Oriental incorporados ao certame a partir dos anos 90.
Países participantes
[editar | editar a fonte]Cancións e selección
[editar | editar a fonte]País e TV | Título orixinal da canción | Artista | Proceso e data de selección |
---|---|---|---|
Lingua(s) | |||
Alemaña ARD |
I can't live without music | Corinna May | Countdown Grand Prix, 22-02-02 |
inglés | |||
Austria ORF |
Say a word | Manuel Ortega | Song.Null.Zwei, 01-03-02 |
inglés | |||
Bélxica VRT |
Sister | Sergio & The Ladies | Eurosong '02, 17-02-02 |
inglés | |||
Bosnia e Hercegovina PBSBIH |
Na jastuku za dvoje | Maja Tatić | BH Eurosong 2002, 23-02-02 |
Bosníaco e inglés | |||
Chipre CyBC |
Gimme | One | Elección interna |
inglés | |||
Croacia HRT |
Everything I Want | Vesna Pisarović | Dora 2002, 10-03-02 |
inglés | |||
Dinamarca DR |
Tell me who you are | Malene Mortensen | Dansk Melodi Grand Prix, 09-02-02 |
inglés | |||
Eslovenia RTVSLO |
Samo ljubezen | Sestre | EMA 2002, 16-02-02 |
Esloveno | |||
España TVE |
Europe's Living a Celebration | Rosa | Operación Triunfo, 18-03-02 |
Castelán e inglés | |||
Estonia ERR |
Runaway | Sahlene | Eurolaul 2002, 26-01-02 |
inglés | |||
Francia France 3 |
Il Faut Du Temps (Je Me Battrai Pour Ça) | Sandrine François | Elección interna |
francés | |||
Finlandia YLE |
Addicted to you | Laura Voutilainen | Euroviisut 2002, 26-01-02 |
inglés | |||
Grecia ERT |
S.A.G.A.P.O. | Michalis Rakintzis | Final nacional, 26-02-02 |
inglés | |||
Israel IBA |
Light a candle (Nadlik Beyachad Ner) | Sarit Hadad | Elección interna |
Hebreo e inglés | |||
Letonia LTV |
I Wanna | Marie N | Eirodziesma 2002, 02-03-02 |
inglés | |||
Lituania LRT |
Happy you | Aivaras | Final nacional, 14-02-02[2] |
inglés | |||
Macedonia do Norte MKRTV |
Od nas zavisi | Karolina Gočeva | Final nacional, 16-02-02 |
Macedonio | |||
Malta PBS |
7th wonder | Ira Losco | Malta Song For Europe, 16-02-02 |
inglés | |||
Reino Unido BBC |
Come back | Jessica Garlick | A Song For Europe, 03-03-02 |
inglés | |||
Romanía TVR |
Tell me why | Monica Anghel & Marcel Pavel | Final nacional, 03-03-02 |
inglés | |||
Rusia C1R |
Northern girl | Prime Minister | Elección interna |
inglés | |||
Suecia SVT |
Never let it go | Afro-dite | Melodifestivalen 2002, 01-03-02 |
inglés | |||
Suíza SRG SSR |
Dans Le Jardin De Mon Âme | Francine Jordi | Final nacional, 02-02-02 |
Francés | |||
Turquía TRT |
Leylaklar soldu kalbinde | Buket Bengisu & Group Sapphire | Final nacional, 15-02-02 |
Turco e inglés |
Artistas que regresaron
[editar | editar a fonte]- Constantinos Christoforou (membro de One): Participou polo país insular como solista na edición de 1996.
- Monica Anghel: Foi seleccionada para representar a Romanía xunto a Sincron en 1996. Con todo, non chegou a pisar o escenario, xa que aquel ano, antes do festival, celebrouse unha semifinal non televisada onde quedou eliminada.
Linguas
[editar | editar a fonte]Dos 24 temas participantes, 16 foron interpretados integramente en inglés. Dos restantes 8, catro foron cantados completamente na súa lingua oficial (Eslovenia, Francia, a Antiga República Iugoslava de Macedonia) e Suíza). Bosnia e Hercegovina, España, Israel e Turquía mesturaron a súa lingua propia con frases en inglés.
Celebración do festival
[editar | editar a fonte]# | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
1 | Chipre | One | Gimme | 6 | 85 |
2 | Reino Unido | Jessica Garlick | Come back | 3 | 111 |
3 | Austria | Manuel Ortega | Say a word | 18 | 26 |
4 | Grecia | Michalis Rakintzis | S.A.G.A.P.O. | 17 | 27 |
5 | España | Rosa | Europe's living a celebration | 7 | 81 |
6 | Croacia | Vesna Pisarović | Everything I want | 11 | 44 |
7 | Rusia | Prime Minister | Northern girl | 10 | 55 |
8 | Estonia | Sahlene | Runaway | 3 | 111 |
9 | Macedonia do Norte | Karolina Gočeva | Od nas zavisi | 19 | 25 |
10 | Israel | Sarit Hadad | Light a candle (Nadlik beyachad ner) | 12 | 37 |
11 | Suíza | Francine Jordi | Dans le jardin de mon âme | 22 | 15 |
12 | Suecia | Afro-dite | Never let it go | 8 | 72 |
13 | Finlandia | Laura Voutilainen | Addicted to you | 20 | 24 |
14 | Dinamarca | Malene Mortensen | Tell me who you are | 24 | 7 |
15 | Bosnia e Hercegovina | Maja Tatić | Na jastuku za dvoje | 13 | 33 |
16 | Bélxica | Sergio & the Ladies | Sister | 13 | 33 |
17 | Francia | Sandrine François | Il faut du temps (Je me battrai pour ça) | 5 | 109 |
18 | Alemaña | Corinna May | I can't live without music | 21 | 17 |
19 | Turquía | Buket Bengisu & Group Sapphire | Leylaklar soldu kalbinde | 16 | 29 |
20 | Malta | Ira Losco | 7th wonder | 2 | 164 |
21 | Romanía | Monica Anghel & Marcel Pavel | Tell me why | 9 | 71 |
22 | Eslovenia | Sestre | Samo ljubezen | 13 | 33 |
23 | Letonia | Marie N | I wanna | 1 | 176 |
24 | Lituania | Aivaras | Happy you | 23 | 12 |
* Os países resaltados conseguiron a clasificación para o Festival de 2003
Máximas puntuacións
[editar | editar a fonte]Trala votación os países que recibiron 12 puntos (máxima puntuación que podía outorgar o xurado) foron:
N. | A | De |
---|---|---|
5 | Letonia | España, Estonia, Israel, Alemaña, Lituania |
3 | España | Suíza, Bélxica, Francia |
3 | Malta | Reino Unido, Croacia, Dinamarca |
2 | Chipre | Grecia, Malta |
2 | Estonia | Suecia, Letonia |
2 | Romanía | Rusia, República de Macedonia |
1 | Austria | Turquía |
1 | Croacia | Eslovenia |
1 | Francia | Finlandia |
1 | Grecia | Chipre |
1 | Macedonia do Norte | Romanía |
1 | Reino Unido | Austria |
1 | Suecia | Bosnia e Hercegovina |
Mapa dos participantes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bakker, Sietse (29-11-2002). "EBU confirmed: Portugal resigns, Latvia is in". ESCToday. Consultado o 02-05-2012.
- ↑ A final nacional gañouna o grupo B'Avarija coa canción "We all", pero posteriormente foron descualificados porque a canción publicouse antes da data establecida polas normas. Aivaras, quen acabara en segundo lugar, foi declarado ganador
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Copenhaguen 2001 |
Festival da Canción de Eurovisión Tallin 2002 |
Sucesor: Riga 2003 |