Saltar ao contido

Macedonia do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «República de Macedonia»)
Modelo:Xeografía políticaMacedonia do Norte
Република Северна Македонија (mk) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoDenes nad Makedonija Editar o valor en Wikidata

Lema«Diamser yw Gogledd Macedonia» Editar o valor en Wikidata
Epónimonorte e Macedonia Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°39′00″N 21°43′00″L / 41.65, 21.71667
CapitalSkopje Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.836.713 (2021) Editar o valor en Wikidata (71,43 hab./km²)
Lingua oficialLingua macedonia
lingua albanesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie25.713 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Korab (2.764 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoVardar (pt) Traducir (50 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1991 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataGordana Siljanovska-Davkova (pt) Traducir (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of North Macedonia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro Ministro Editar o valor en WikidataHristijan Mickoski (en) Traducir (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia da Macedónia do Norte (pt) Traducir , (Escano: 123) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal13.825.049.832 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaDinar macedonio Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.mk Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+389 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 192 (pt) Traducir, 193 e 194 Editar o valor en Wikidata
Código de paísMK Editar o valor en Wikidata
Código NUTSMK Editar o valor en Wikidata

Páxina webvlada.mk Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455971

Macedonia do Norte (en macedonio: Северна Македонија; en albanés: Maqedonia e Veriut), oficialmente República de Macedonia do Norte (en macedonio: Република Северна Македонија), é un país europeo situado na península dos Balcáns, resultante do despezamento da República Federal Socialista de Iugoslavia. Limita ao norte con Serbia, ao leste con Bulgaria, ao sur con Grecia e ao oeste con Albania. A súa capital é Skopje.

En 1991, a antiga República Socialista de Macedonia proclamou a súa independencia da República Federal Socialista de Iugoslavia baixo o nome oficial de República de Macedonia. Esta denominación foi rexeitada por Grecia, debido á coincidencia do nome do país coa histórica rexión grega de Macedonia. O país converteuse en membro da Organización das Nacións Unidas, mais como consecuencia da disputa con Grecia foi admitido co nome provisorio de Antiga República Iugoslava de Macedonia (en macedonio: Поранешна Југословенска Република Македонија),[1][2] expresión que foi empregada por outras organizacións internacionais. En xuño de 2018, Macedonia e Grecia asinaron o acordo de Prespa, que estipulaba que o país debía cambiar o seu nome a República de Macedonia do Norte erga omnes. Este cambio entrou en vigor o 12 de febreiro de 2019 cunha transición de varios meses para os pasaportes, matrículas, moedas, aduanas, sinais de fronteira e páxinas webs gobernamentais inter alia.[3][4]

O país é ademais membro do Consello de Europa e da OTAN, e candidato a ingresar na Unión Europea.[5]

Fortaleza de Samuil en Ohrid

O actual estado coñecido como Macedonia do Norte correspóndese pouco co antigo Reino de Macedonia de Alexandre Magno, pois naquel período o territorio actual do país formaba parte de Paeonia, un reino poboado por un pobo de orixe tracia, aínda que algunhas partes formaban parte de Iliria e Dardania.

Durante a Idade Media o territorio foi provincia ou thema do Imperio Bizantino, aínda que durante o século VI produciuse unha migración masiva de pobos eslavos que terminaron asimilando demográfica e culturalmente á poboación anterior, de orixes ilirios, tracios e gregos. Posteriormente o territorio foi conquistado polo Reino de Bulgaria, motivo polo cal gran parte da cultura eslavo-macedonia presenta fortes afinidades coa de Bulgaria. Dende o século XII o territorio pasou a formar parte do Reino de Serbia, o que aumentou o influxo cultural eslavo.

Cando a zona dos Balcáns foi invadida e ocupada polos turcos otománs no século XIV o territorio de Macedonia do Norte foi incluído na rexión administrativa de Romelia, manténdose esta dominación turca ata finais do século XIX. Entre 1880 e 1912 (e posteriormente durante as dúas Guerras Mundiais) a Macedonia eslava foi disputada por Bulgaria e Serbia, quedando baixo a soberanía do Reino de Serbia en 1912, a situación foi ratificada trala primeira guerra mundial coa formación do Reino de Iugoslavia. Durante a segunda guerra mundial, coa desmembración de Iugoslavia, Macedonia pasou a formar parte do Reino de Bulgaria, mais despois do conflito o territorio retornou á República Federal Socialista de Iugoslavia, pasando a ser a República Socialista de Macedonia.

O 8 de setembro de 1991 a República de Macedonia declarou a súa independencia de Iugoslavia. Bulgaria foi o primeiro país en recoñecer á República de Macedonia co seu nome constitucional. Porén, o seu recoñecemento internacional foi atrasado pola obxección de Grecia do uso do nome de Macedonia, que consideraba parte do seu legado histórico e cultural, así como a súa bandeira e un polémico artigo da constitución que podía ser utilizado como argumento para a anexión da limítrofe provincia grega de Macedonia, onde reside unha minoría eslava. A Organización das Nacións Unidas (ONU) recoñeceu ó novo estado co nome de Antiga República Iugoslava da Macedonia (ARIM) en 1993.

Con todo, Grecia impuxo un bloqueo comercial unilateral en febreiro de 1994. As sancións comerciais foron levantadas un ano e medio, en setembro de 1995, despois de que a República da Macedonia cambiara a súa bandeira e a súa constitución. Os dous países acordaron normalizar as súas relacións, mais o nome do estado segue sendo fonte de controversia local e internacional. Despois de que o estado fora admitido na ONU con nome de Antiga República Iugoslava de Macedonia, outras organizacións internacionais adoptaron a mesma convención. A maioría dos diplomáticos acreditados na república usan a denominación ARIM. Paradoxalmente, polo menos uns corenta países recoñeceron ao país polo seu nome orixinal de República da Macedonia.

Durante a guerra de Kosovo de 1999, a República de Macedonia cooperou coa OTAN. Uns 360 000 refuxiados albaneses de Kosovo entraron no Estado durante a guerra, ameazando con romper o equilibrio entre os grupos macedónicos e albaneses do país. Actualmente moitos refuxiados regresaron, aínda que continúan as tensións étnicas que ocasionaron disturbios puntuais. Algúns grupos políticos macedonios minoritarios propagan a idea dunha Macedonia unida, reclamando a unión de tódolos territorios gregos e búlgaros con presenza eslava baixo o control dun único estado.

Disputa macedonia

[editar | editar a fonte]
Antiga e moderna concepción de Macedonia

O conflito entre Grecia e a Macedonia do Norte estaba causado polo desacordo entre as dúas nacións polo uso do termo Macedonia. O goberno grego opúñase ao uso da devandita denominación por parte do goberno macedonio debido á ambigüidade que este termo creaba entre a República de Macedonia e a rexión grega de Macedonia. O goberno grego tamén se opón ao uso do termo macedonio sen a especificidade entre o pobo macedonio e o idioma. Esta disputa intensificouse até o punto de requirir mediación internacional por parte da Organización das Nacións Unidas.

Frecuentemente era usada a referencia provisional Antiga República Iugoslava de Macedonia (ARIM polas súas siglas en galego, FYROM polas siglas en inglés de Former Yugoslav Republic of Macedonia) por parte daqueles países que non recoñecían o nome constitucional de República de Macedonia. Pese a iso, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aceptaría calquera conclusión que acabase coa disputa entre ambos países.[6] O debate causado polas posturas de ambas as nacións involucrou a participación de políticos, académicos e medios de comunicación.

Tentáronse unha serie de negociacións para a resolución da disputa, incluíndo o cumio da OTAN de 2008 en Bucarest. Con todo, estes intentos de resolver a contenda fracasaron e impediron o ingreso de Macedonia á OTAN debido a obxeccións por parte de Grecia.[7]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Monte Korab

A República de Macedonia non ten nada que ver co Reino de Macedonia, nin coa actual rexión grega de Macedonia, que posúe case a totalidade dos territorios do anterior reino, xa que unha mínima parte desta república e de Bulgaria foron conquistadas por Filipo II. Aos seus habitantes coñecíaselles como ilirios, por iso, non han de confundirse cos macedonios do norte de Grecia.

O terreo é maioritariamente montañoso, situado entre os montes Šar e os Osogovske Planina ao redor do val do río Vardar, sendo a montaña máis alta o Monte Korab con 2.764 m de altitude. Tres grandes lagos (Ohrid, Prespa e Doiran) atópanse na fronteira meridional da República, divididos pola fronteira con Albania e Grecia.

A rexión é activa sismicamente e foi lugar de terremotos destrutivos no pasado, o máis recente en 1963 cando Skopje foi severamente danada por un gran terremoto. A cidade máis grande do país é, por moito, Skopje, a capital, cunha poboación estimada de 600.000 habitantes. Despois de Skopje, as cidades máis grandes son Bitola, Kumanovo, Prilep e Tetovo con poboacións que van desde os 50.000 até os 120.000 habitantes.

Lago Mavrovo

Macedonia ten un clima mediterráneo de transición a continental. Os veráns son calorosos e secos e os invernos moderadamente fríos. A precipitación media anual varía de 1.700 mm na zona montañosa do oeste a 500 mm na zona oriental. Hai tres principais zonas climáticas no país: mediterráneo tépedo, de montaña e lixeiramente continental.

O Mediterráneo ao longo dos vales dos ríos Vardar e Strumica, nas rexións de Gevgelija, Valandovo, Dojran, Strumica e Radoviš o clima é tépedo e as rexións máis cálidas son Demir Kapija e Gevgelija, onde a temperatura en xullo e agosto supera con frecuencia os 40 °C. O clima de montaña está presente nas rexións montañosas do país e caracterízase por invernos longos e cubertos de neve e veráns curtos e fríos. A primavera é polo xeral máis frío que o outono.

A maioría de Macedonia ten un clima continental moderado, con veráns cálidos e secos, e relativamente fríos e invernos húmidos. Hai trinta estacións meteorolóxicas principais no país.

Política e goberno

[editar | editar a fonte]
Edificio do Parlamento de Macedonia en Skopje

A República de Macedonia é unha democracia parlamentaria cun goberno executivo composto por unha coalición de partidos da lexislatura unicameral (Собрание/Sobranie) e cun poder xudicial independente cun tribunal constitucional. A Asemblea componse de 120 escanos e os membros son elixidos cada catro anos por cidadáns macedonios maiores de dezaoito anos, que poden votar por un dos partidos políticos de Macedonia.

O poder executivo en Macedonia é exercido polo Goberno, cuxo primeiro ministro é a persoa politicamente máis poderosa do país. Os membros do goberno son elixidos polo propio primeiro ministro e ocupan cargos relacionados ministros con cada rama da sociedade. O actual Primeiro Ministro é Nikola Gruevski.

En canto ao papel do Presidente da República é principalmente cerimonial, descansando o poder real en mans do Primeiro Ministro. O Presidente é elixido cada cinco anos pudendo ser elixido dúas veces como máximo. Actualmente o Presidente é Gjorge Ivanov, substituíndo no cargo a Branko Crvenkovski en maio de 2009.

Relacións coa Unión Europea

[editar | editar a fonte]
Actual Bandeira da República de Macedonia

A Axencia Europea de Reconstrución foi creada en 1999 co fin de establecer un marco xurídico unificado para a axuda á Antiga República Iugoslava de Macedonia, nome co que a Unión Europea recoñece a este estado, e os demais estados dos Balcáns. Os programas financiados pola UE teñen como obxectivo contribuír ao bo goberno, a construción das institucións e o estado de dereito, seguir apoiando o desenvolvemento dunha economía de mercado, continuar investindo na infraestrutura física imprescindible e en medidas ambientais e apoiar o desenvolvemento social e o fortalecemento da sociedade civil.

Ademais a UE colabora en materia orzamentaria, de aduanas e de planificación fiscal, o apoio a programas de intercambio educativo, así como as contribucións bilaterais efectuadas polos estados membros da UE. Ditas formas de asistencia son independentes das contribucións bilaterais feitas polos Estados membros da UE.

En decembro de ano 2005 a República de Macedonia obtivo o status de candidato oficial á adhesión como membro da Unión Europea tras solicitalo formalmente en xaneiro de 2004.[8] Porén, o país debe resolver as súas disputas con Grecia antes de que se poida chegar a unha decisión.

Conflito con Grecia

[editar | editar a fonte]
Bandeira da República de Macedonia (1992-1995)

En 1991, a antiga República Socialista de Macedonia, que era parte da República Federal Socialista de Iugoslavia, proclamou a súa independencia baixo o nome oficial de República de Macedonia. O uso do termo Macedonia foi rexeitado por Grecia, xurdindo unha disputa sobre a denominación deste país que perdura na actualidade. O país é denominado nalgunhas ocasións de forma simple como Macedonia, mentres que tras un compromiso entre Grecia e a República de Macedonia en 1993 é utilizada a referencia provisional Antiga República Iugoslava de Macedonia para designar ao devandito estado en diversas organizacións internacionais, como na Organización das Nacións Unidas.[9]

A bandeira da República de Macedonia é un pano de cor vermella no que aparece representado un sol de ouro con oito raios da mesma cor que se estenden cara aos bordos. En 1995 tivo que retirarse a versión anterior da bandeira, adoptada en 1991 cando se produciu a independencia do país, na que figuraba o Sol de Verxina, o elemento central da bandeira da rexión grega do mesmo nome e a súa adopción por parte da República de Macedonia como símbolo nacional xerou múltiples protestas. A finais de 2006 a disputa entre os dous países aumentou aínda máis co anuncio da República de Macedonia da intención de rebautizar o seu principal aeroporto co nome de Alexandre Magno.[10] En setembro de 2007, a delegación de Grecia na Asemblea Xeral das Nacións Unidas foi testemuña da primeira vez en que a República de Macedonia foi chamada como tal na escena internacional.[11] En marzo de 2008, Grecia vetou a invitación de adhesión de Macedonia á OTAN até que non haxa unha solución ao problema da denominación que non deixe dúbida da diferenza entre a rexión grega e o novo país.

Dereitos humanos

[editar | editar a fonte]

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Macedonia do Norte firmou ou ratificou:

Macedonia do Norte Macedonia do Norte Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[12]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[13] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[14] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[15] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[16]
Pertenza Macedonia do Norte recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Sen información Macedonia do Norte recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Macedonia do Norte recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Firmado e ratificado Macedonia do Norte recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Sen información Macedonia do Norte recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Firmado pero non ratificado Macedonia do Norte recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Sen información Macedonia do Norte recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Firmado pero non ratificado Firmado pero non ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado pero non ratificado Nin firmado nin ratificado
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.


Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]

As rexións da República de Macedonia (en macedonio: регион) son oito divisións territoriais sen ningún valor administrativo e usadas oficialmente para fins estatísticos. Cada unha das rexión está composta por varios dos concellos macedonios.

Rexión Nome local Poboación
Leste Источен регион / Istočen region 203.213
Nordeste Североисточен регион / Severoistočen region 173, 814
Pelagonia Пелагониски регион / Pelagoniski region 221.019
Polog Полошки регион / Pološki region 304.125
Skopje Скопски регион / Skopski region 571.040
Sueste Југоисточен регион / Jugoistočen region 171.416
Suroeste Југозападен регион / Jugozapaden region 221.651
Vardar Вардарски регион / Vardarski region 133.248

Concellos e cidades

[editar | editar a fonte]

En agosto de 2004, o goberno local de Macedonia foi reorganizado en oitenta e catro (en macedonio: opštini), dos cales dez forman parte do Gran Skopje. Este valor reduciu os vellos 123 municipios establecidos en setembro de 1996. Antes disto, o goberno local estaba organizado en 34 distritos administrativos.


Municipios da República de Macedonia.
Gran Skopje, que aparece co número 1 no mapa anterior, aquí se detallan os municipios que o compoñen.

O mapa amosa as zonas rurais e os municipios urbanos. Os números do mapa corresponden aos números dos municipios indicados á esquerda do nome do municipio no seguinte cadro, o segundo é un mapa da cidade de Skopje (que no primeiro mapa ten o número 1), neste segundo mapa aparecen enumerados os dez municipios que conforman Skopje (no cadro aparecen numerados como 1, X. É dicir o nº 1 correspondente a Skopje e detrás da coma o número correspondente ao municipio que conforma ao Gran Skopje.)

Municipios

[editar | editar a fonte]

(Реден
броj)
Municipio
(Општина)
Abreviación[Nota 1] Capital
(Центар на Општината)
Área
(km²)[Nota 2]
Poboación
(2002)
Rexión do Leste (Источен)
39 Berovo (Берово) MK.BR Berovo (Берово) 597 13.941
28 Češinovo-Obleševo (Чешиново-Облешево) MK.CH Obleševo (Облешево) 133 7.490
26 Dočevo (Делчево) MK.DL dočevo (Делчево) 423 17.505
29 Karbinci (Карбинци) MK.KB Karbinci (Карбинци) 231 4.012
24 Kočani (Кочани) MK.OC Kočani (Кочани) 357 38.092
32 Lozovo (Лозово) MK.LO Lozovo (Лозово) 166 2.858
25 Makedonska Kamenica (Македонска каменица) MK.MK Makedonska Kamenica (Македонска каменица) 189 8.110
38 Pehčevo (Пехчево) MK.PH Pehčevo (Пехчево) 208 5.517
23 Probištip (Пробиштип) MK.PT Probištip (Пробиштип) 326 16.193
31 Štip (Штип) MK.ST Štip (Штип) 583 47.796
22 Sveti Nikole (Свети Николе) MK.SL Sveti Nikole (Свети Николе) 483 18.497
27 Vinica (Виница) MK.NI Vinica (Виница) 432 19.938
30 Zrnovci (Зрновци) MK.ZR Zrnovci (Зрновци) 52 3.264
Rexión do Nordeste (Североисточен)
21 Kratovo (Кратово) MK.KY Kratovo (Кратово) 375 10.441
20 Kriva Palanka (Крива Паланка) MK.KZ Kriva Palanka (Крива Паланка) 482 20.820
17 Kumanovo (Куманово) MK.UM Kumanovo (Куманово) 432 105.484
7 Lipkovo (Липково) MK.LI Lipkovo (Липково) 270 27.058
19 Rankovce (Ранковце) MK.RN Rankovce (Ранковце) 240 4.144
18 Staro Nagoričane (Старо Нагоричане) MK.NA Staro Nagoričane (Старо Нагоричане) 515 4.840
Rexión de Pelagonia (Пелагониски)
71 Bitola (Битола) MK.TL Bitola (Битола) 790 95.385
70 Demir Hisar (Демир Хисар) MK.DM Demir Hisar (Демир Хисар) 480 9.497
51 Dolneni (Долнени) MK.DE Dolneni (Долнени) 418 13.568
72 Krivogaštani (Кривогаштани) MK.KG Krivogaštani (Кривогаштани) 88 6.150
52 Kruševo (Крушево) MK.KS Kruševo (Крушево) 190 9.684
73 Mogila (Могила) MK.MG Mogila (Могила) 255 6.710
74 Novaci (Новаци) MK.NV Novaci (Новаци) 755 3.549
50 Prilep (Прилеп) MK.PP Prilep (Прилеп) 1.198 76.768
69 Resen (Ресен) MK.RE Resen (Ресен) 549 16.825
Rexión de Polog (Полошки)
59 Bogovinje (Боговиње) MK.VJ Bogovinje (Боговиње) 141 28.997
12 Brvenica (Брвеница) MK.BN Brvenica (Брвеница) 164 15.855
60 Gostivar (Гостивар) MK.GT Gostivar (Гостивар) 375 81.042
9 Jegunovce (Јегуновце) MK.JG Jegunovce (Јегуновце) 174 10.790
61 Mavrovo y Rostuša (Маврово и Ростуша) MK.MR Rostuša (Ростуша) 856 8.618
10 Tearce (Теарце) MK.TR Tearce (Теарце) 137 22.454
11 Tetovo (Тетово) MK.ET Tetovo (Тетово) 262 86.580
58 Vrapčište (Врапчиште) MK.VH Vrapčište (Врапчиште) 157 25.399
2 Želino (Желино) MK.ZE Želino (Желино) 201 24.390
Rexión de Skopje (Скопски)
1 , 3 Aerodrom (Аеродром)[Nota 3] MK.AD Aerodrom (Аеродром) 22 72.009
75 Aračinovo (Арачиново) MK.AR Aračinovo (Арачиново) 38 11.597
1 , 6 Butel (Бутел)[Nota 3] MK.BU Butel (Бутел) 61 36.154
1 , 4 Čair (Чаир)[Nota 3] MK.CI Čair (Чаир) 53 64.773
1 , 1 Centar (Центар)[Nota 3] MK.CE Centar (Центар) 9 45.412
8 Čučer-Sandevo (Чучер Сандево) MK.CS Čučer-Sandevo (Чучер Сандево) 215 8.493
1 , 2 Gazi Baba (Гази Баба)[Nota 3] MK.GB Gazi Baba (Гази Баба) 92 72.617
1 , 9 Gjorče Petrov (Ѓорче Петров)[Nota 3] MK.GP Gjorče Petrov (Ѓорче Петров) 63 41.634
6 Ilinden (Илинден) MK.IL Ilinden (Илинден) 97 15.894
1 , 8 Karpoš (Карпош)[Nota 3] MK.KX Karpoš (Карпош) 21 59.666
1 , 5 Kisela Voda (Кисела Вода)[Nota 3] MK.VD Kisela Voda (Кисела Вода) 43 57.236
16 Petrovec (Петровец) MK.PE Petrovec (Петровец) 222 8.255
1 , 10 Saraj (Сарај)[Nota 3] MK.AJ Saraj (Сарај) 230 35.408
3 Sopište (Сопиште) MK.SS Sopište (Сопиште) 223 5.656
4 Studeničani (Студеничани) MK.SU Studeničani (Студеничани) 276 17.246
1 , 7 Šuto Orizari (Шуто Оризари)[Nota 3] MK.SO Šuto Orizari (Шуто Оризари) 6 22.017
5 Zelenikovo (Зелениково) MK.ZK Zelenikovo (Зелениково) 177 4.077
Rexión do Sueste (Југоисточен)
46 Bogdanci (Богданци) MK.BG Bogdanci (Богданци) 114 8.707
41 Bosilovo (Босилово) MK.BS Bosilovo (Босилово) 143 14.260
47 Gevgelija (Гевгелија) MK.GV Gevgelija (Гевгелија) 484 22.988
36 Konče (Конче) MK.KN Konče (Конче) 233 3.536
42 Novo Selo (Ново Село) MK.NS Novo Selo (Ново Село) 257 11.567
37 Radoviš (Радовиш) MK.RV Radoviš (Радовиш) 502 28.244
45 Dojran (Дојран) MK.SD Star Dojran (Стар Дојран) 129 3.426
43 Strumica (Струмица) MK.RU Strumica (Струмица) 311 54.676
44 Valandovo (Валандово) MK.VA Valandovo (Валандово) 331 11.890
40 Vasilevo (Василево) MK.VL Vasilevo (Василево) 231 12.122
Rexión do Suroeste (Југозападен)
63 Centar Župa (Центар Жупа) MK.CZ Centar Župa (Центар Жупа) 107 6.519
62 Debar (Дебар)[Nota 4] MK.DB Debar (Дебар) 85 19.542
67 Debarca (Дебарца) MK.DA Belčišta (Белчишта) 423 5.507
55 Kičevo (Кичево) MK.KH Kičevo (Кичево) 838 56.734
13 Makedonski Brod (Македонски Брод) MK.MD Makedonski Brod (Македонски Брод) 875 7.141
68 Ohrid (Охрид) MK.OD Ohrid (Охрид) 392 55.749
53 Plasnica (Пласница) MK.PN Plasnica (Пласница) 54 4.545
65 Struga (Струга) MK.UG Struga (Струга) 469 63.376
66 Vevčani (Вевчани) MK.VV Vevčani (Вевчани) 35 2.433
Rexión de Vardar (Вардарски)
14 Čaška (Чашка) MK.CA Čaška (Чашка) 727 7.673
48 Demir Kapija (Демир Капија) MK.DK Demir Kapija (Демир Капија) 312 4.545
33 Gradsko (Градско) MK.GR Gradsko (Градско) 291 3.760
49 Kavadarci (Кавадарци) MK.AV Kavadarci (Кавадарци) 998 38.741
35 Negotino (Неготино) MK.NG Negotino (Неготино) 414 19.212
34 Rosoman (Росоман) MK.RM Rosoman (Росоман) 133 4.141
15 Veles (Велес) MK.VE Veles (Велес) 518 55.108
Subtotal 24.856
Total[Nota 5] 25.713 2.022.547

Reorganización dos municipios de 2013

[editar | editar a fonte]

En marzo de 2013, os seguintes concellos foron anexados ao Concello de Kičevo:


(Реден
броj)
Municipio
(Општина)
Abreviación[Nota 6] Capital
(Центар на Општината)
Área
(km²)[Nota 7]
Poboación
(2002)
64 Drugovo (Другово) MK.DR Drugovo (Другово) 383 3.249
56 Oslomej (Осломеј) MK.OS Oslomej (Осломеј) 137 10.420
54 Vraneštica (Вранештица) MK.VC Vraneštica (Вранештица) 109 1.322
57 Zajas (Зајас) MK.ZA Zajas (Зајас) 161 11.605
Mapa cos municipios de Macedonia vixente de 2004 a 2013.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Etnias de Macedonia do Norte
Macedonios 1.297.981 64,18%
Albaneses 509.083 25,17%
Turcos 77.959 3,85%
Xitanos 53.879 2,66%
Serbios 35.939 1,78%
Arromaneses 9.695 0,48%
Outros 38.011 1,88%

No ano 2009 Macedonia do Norte tiña unha poboación de 2.114.550 habitantes, sendo a esperanza de vida de 74,2 anos, o índice de alfabetización de 96,1% e a media de fillos por muller de 1,57. O maior grupo étnico do país son os macedonios eslavos, seguido polos albaneses, que habitan a parte occidental do país. Algunhas estimacións non oficiais indican ademais que en Macedonia do Norte hai posiblemente até 260.000 romanís.

Relixión

[editar | editar a fonte]

O cristianismo é a relixión maioritaria de Macedonia do Norte, pertencendo o 64,7% da poboación á rama da Igrexa Ortodoxa de Macedonia, mentres que outras correntes cristiás supoñen o 0,37% da poboación. O islam constitúe a segunda relixión en canto a crentes, supoñendo o 33,3% da poboación, e a terceira maior congregación musulmá de Europa despois de Albania co 70% e Bosnia e Hercegovina co 48%. A maioría dos musulmáns son albaneses, turcos ou xitanos, aínda que tamén hai musulmáns macedonios. O restante 1,63% da poboación rexistrouse como "sen especificar" no censo nacional de 2002.

Igrexa de San Pantaleón

En total hai máis de 1.200 igrexas e 400 mesquitas no país. Tanto a comunidade relixiosa ortodoxa como a musulmá posúen escolas secundarias relixiosas en Skopje, ademais dun seminario sacerdotal ortodoxo. A Igrexa Ortodoxa de Macedonia ten xurisdición sobre dez provincias, sete no país e tres no estranxeiro, e conta con dez bispos e preto de 350 sacerdotes, sendo un total de 30.000 persoas bautizados en tódalas provincias ao ano. Hai unha certa tensión entre as igrexas ortodoxas macedonias e serbias, que xurdiu coa separación e autocefalia das primeiras en 1967. Con todo, o Consello do Arcebispado da Igrexa Ortodoxa Serbia recoñeceu a autonomía da Igrexa Ortodoxa de Macedonia.

A lingua oficial e máis falada é o macedonio, que pertence á rama oriental do grupo das linguas eslavas do sur. Este idioma está estreitamente relacionado, e é mutuamente intelixible co búlgaro, ademais de moitas similitudes co serbio. A forma normalizada da lingua foi estandarizada durante o período posterior á segunda guerra mundial, acumulando unha próspera tradición literaria. Aínda que é a única linguaxe que está explicitamente declarada como idioma oficial na constitución, nos municipios onde polo menos o 20% da poboación é parte doutra minoría étnica ás súas linguas poden ser utilizados con fins oficiais no goberno local xunto co macedonio.

Así pois fálanse unha gran variedade de linguas en Macedonia do Norte, o que reflicte a súa diversidade étnica. As principais linguas faladas fóra do macedonio son o albanés, o romaní, o turco, o serbio/bosníaco e arromanés (incluíndo o meglenorromanés). Existen tamén minorías máis pequenas de adigués e grego.

Economía

[editar | editar a fonte]

Dende 1996 Macedonia foi testemuño dun constante, aínda que lento, crecemento económico, medrando o PIB un 3,1% en 2005, sendo estimado un valor medio de aumento do 5,2% no período 2006-2010. O goberno tivo éxito nos seus esforzos para combater a inflación, cunha taxa de inflación de apenas o 3% en 2006 e 2% en 2007, poñendo en funcionamento políticas orientadas a atraer o investimento estranxeiro e impulsando o desenvolvemento das pequenas e medianas empresas. Para iso o actual goberno introduciu un sistema de imposto único, coa intención de facer o país máis atractivo para investimentos estranxeiros, esta taxa era do A taxa do 12% en 2007 e posteriormente reducida ao 10% en 2008.

A pesar destas reformas, en 2005 a taxa de desemprego en Macedonia foi do 37,2%, en 2006 a taxa de pobreza era do 22% e aínda posúe unha das rendas per cápita máis baixas de Europa. Alén diso, o mercado gris do país estímase en preto do 20% do PIB . En termos de estrutura, en 2005 o sector servizos constitúe de lonxe a maior parte do PIB, supoñendo un 57,1% do total, ante o 54,2% no ano 2000. Do resto o sector industrial representa o 29,3% do PIB, ante 33,7% en 2000, mentres que a agricultura representa tan só o 12,9%.

Macedonia ten un rico patrimonio cultural en arte, arquitectura, poesía e música. En canto a arquitectura o país posúe moitos sitios relixiosos de grande antigüidade protexidos, ademais de festivais de poesía, cinema ou música cada ano. O estilo de música de Macedonia desenvolveuse baixo a forte influencia da música de igrexa bizantina. Macedonia ademais ten un número importante de pinturas bizantinas, principalmente da época entre os séculos XI e XVI, dos que se conservan miles de metros cadrados a maior parte dos cales en moi boas condicións, representando obras mestras da Escola de Macedonia da pintura eclesiástica.

Os eventos culturais máis importantes do país son o Festival de Verán de Ohrid de música clásica e teatro, as Veladas de Poesía de Struga, que reúnen a poetas de máis de cincuenta países no mundo, o Festival Internacional de Cámara en Bitola, o Aberto de Teatro Xuvenil e o Festival de Jazz de Skopje. A Ópera de Macedonia abriu en 1947 cunha representación da Cavalleria rusticana, baixo a dirección de Branko Pomorisac.

A selección nacional de baloncesto durante un encontro con Letonia

O fútbol e o balonmán están entre os deportes máis populares en Macedonia. A selección nacional de fútbol depende da Federación de Fútbol de Macedonia. En balomnán o Kometal Skopje gañou a Copa de Europa feminina en 2002, e o Campionato de Europa feminino celebrouse en Macedonia en 2008. Outro deporte amplamente practicado no país é o baloncesto, Macedonia participou en tres Eurobasket, quedando en cuarto lugar en 2011.

  1. Hierarchical Administrative Subdivision Codes (HASC)
  2. As áreas municipais obtéñense a partir da suma das áreas das subdivisións que as compoñen. Na época do censo de 2002, as fronteiras de Aerodrom e Butel eran inseguras, polo que foron incluídos noutros municipios.
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 Este municipio forma parte de Skopje.
  4. O límite suroeste do municipio de Debar fue revisado en 2004 para incluír parte do territorio do municipio de Rostuša, o precursor do municipio de Mavrovo, na Rexión de Polog.
  5. A área total inclúe 577 km2 de augas interiores non contempladas en ningún municipio.
  6. Hierarchical Administrative Subdivision Codes (HASC)
  7. As áreas municipais obtéñense a partir da suma das áreas das subdivisións que as compoñen. Na época do censo de 2002, as fronteiras de Aerodrom e Butel eran inseguras, polo que foron incluídos noutros municipios.
  1. United Nations, A/RES/47/225, 8 de abril de 1993
  2. United Nations Security Council Resolutions 817 do 7 de abril e 845 do 18 de xuño de 1993, véxase UN resolutions made on 1993
  3. Announcement of the Government of the Republic of North Macedonia for entry into force of the Final Agreement, Constitutional Amendments and Constitutional Law for Implementation of Amendments
  4. "Balkan Nation Is North Macedonia Now". VOA. 
  5. "Macedonia do Norte 30 membro da OTAN". web=https://www.europapress.es/ (en castelán). Consultado o 21 de novembro 2020. 
  6. "Macedonian Airport Lifts Name Dispute to New Heights". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2011. Consultado o 25 de novembro de 2009. 
  7. "Greece dissatisfied with UN proposal on Macedonia name dispute". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2008. Consultado o 25 de novembro de 2009. 
  8. Europa aposta polos Balcáns
  9. "La fin de la République de Macédoine?(extracto en francés)". Eurotopics. 18 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 25 de novembro de 2009. 
  10. "La Grèce accuse Skopje de vouloir lui voler un pan de son Histoire" (en francés). p. Eurotopics. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 25 de novembro de 2009. 
  11. "Les Grecs ne veulent pas entendre parler de 'Macédoine'". Eurotopics (en francés). 26 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 25 de novembro de 2009. 
  12. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  13. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  14. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  15. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  16. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]