Parque Nacional de Lorentz
(id) Taman Nasional Lorentz | |||||
Tipo | parque nacional de Indonesia Reserva natural | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Hendrikus Albertus Lorentz | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Papúa, Indonesia | ||||
| |||||
Características | |||||
Altitude | 64 m | ||||
Superficie | 25,056 km² Patrimonio da Humanidade: 2.350.000 ha | ||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio natural → Asia-Oceanía insular | ||||
Data | 1999 (23ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (viii), (ix) e (x) | ||||
Identificador | 955 | ||||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | |||||
World Database on Protected Areas | |||||
Identificador | 1500 | ||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 1997 | ||||
O Parque Nacional de Lorentz é un parque nacional que se atopa na provincia de Papúa, en Indonesia, no suroeste de Nova Guinea Occidental. Cunha área de 25 056 km², é o meirande parque nacional do sueste asiático. En 1999, Lorentz foi declarado un Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Un exemplo destacado da biodiversidade de Nova Guinea, Lorentz é un dos parques nacionais con máis diversidade ecolóxica do mundo. É a única reserva natural da rexión de Asia-Pacífico que contén unha gama altitudinal completa de ecosistemas que se estenden por áreas mariñas, de mangleiral, de mareas e selva inundable, selva tropical de terra baixa e montaña, tundra alpina e glaciares ecuatoriais. Con 4884 metros, Puncak Jaya (anteriormente coñecida como Carstensz Pyramid) é a montaña máis alta entre o Himalaia e os Andes.
Birdlife International considerou o Parque de Lorentz como “probablemente a máis importante reserva en Nova Guinea”.[1] Contén cinco ecorrexións das "Global 200" do Fondo Mundial para a Natureza: bosques de terras baixas do sur de Nova Guinea; bosques montañosos de Nova Guinea; pasteiros subalpinos da cordilleira central de Nova Guinea; mangleirais de Nova Guinea; e ríos e regatos de Nova Guinea.[2]
O parque de Lorentz contén moitas áreas sen cartografar e inexploradas, e seguramente contén moitas especies de plantas e animais aínda descoñecidos para a ciencia occidental. O coñecemento etnobotánico e etnozoolóxico das comunidades locais sobre a biota de Lorentz tamén está moi pouco documentado.
O parque recibe o nome de Hendrikus Albertus Lorentz, un explorador neerlandés que pasou pola zona na súa expedición de 1909-1910.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Birdlife International, 1999 Arquivado 03 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., consultado o 14 de maio de 2010
- ↑ WWF Ecoregions, consultado o 14 de maio de 2010
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional de Lorentz |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Petocz, Ronald G. (1989). Conservation and Development in Irian Jaya. Leiden: E.J. Brill.