Pasaxeiros do RMS Titanic
O RMS Titanic transportaba un total de 2224 persoas a bordo na súa viaxe cara Nova York, dos cales só 710 lograron sobrevivir ao naufraxio.
Os superviventes foron rescatados dos botes salvavidas polo RMS Carpathia. Dos 711 pasaxeiros e a tripulación rescatada do RMS Titanic, un, William F. Hoyt, morreu nun bote salvavidas durante a noite, e outros cinco morreron a bordo do Carpathia e foron sepultados no mar. Varios barcos navegaron á zona do desastre onde se achaban as vítimas para recuperar os corpos. Os números 324 e 325 non foron usados, e os seis pasaxeiros enterrados no mar polo Carpathia tampouco foron numerados. Os tres corpos recuperados polo RMS Oceanic, números 331, 332 e 333, foron os ocupantes dun pregable, que se inundou nos últimos momentos do desastre. Varias persoas lograron chegar ao barco, aínda que algúns morreron durante a noite. Cando o quinto oficial Harold Lowe rescatou aos superviventes do pregable, deixou tres corpos no bote: Thomas Beattie, un pasaxeiro de primeira clase, e dous membros da tripulación (un bombeiro e un mariñeiro). O pregable, cos tres cadáveres aínda dentro, foi descuberto aproximadamente un mes máis tarde a máis de 200 millas do lugar do afundimento.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Estas son as estatísticas do total de pasaxeiros a bordo do RMS Titanic, e total de pasaxeiros que finaron e se salvaron, de acordo co total de pasaxeiros da lista e ao libro de Judith Geller, Titanic: Women and Children First. Os datos son estimacións próximas.
Pasaxeiros totais
[editar | editar a fonte]1ª Clase | 2ª Clase | 3ª Clase | |
---|---|---|---|
Homes | 176 | 69 | -- |
Mulleres | 143 | 92 | 178 |
Nenos | 7 | 25 | 83 |
Total | 326 | -- | -- |
Finados
[editar | editar a fonte]Só finaron 4 mulleres e unha nena de primeira clase: Edith Corse Evans, Anne Isham, Ida Strauss, Bess Allison e a súa filla, Lorraine.
1ª Clase | 2ª Clase | 3ª Clase | |
---|---|---|---|
Homes | 118 (67%) | -- | -- |
Mulleres | 4 (3%) | 12 (13%) | 87 (49%) |
Nenos | 1 (14%) | 0 (0%) | 53 (64%) |
Total | 123 (38%) | 12 | 140 |
Algúns pasaxeiros destacados
[editar | editar a fonte]Personalidades destacadas[1] | ||||
---|---|---|---|---|
Pasaxeiro | Imaxe | Profesión | Nacionalidade | Rescatado? |
Thomas Andrews (1873-1912), 39 anos | Director e xefe do departamento de construción de barcos da compañía Harland and Wolff, arquitecto naval do Titanic. | |||
John Jacob Astor IV (1864-1912), 47 anos | Coronel da armada estadounidense, inventor, escritor de ciencia ficción, empresario e unha das máis grandes fortunas mundiais, o home máis rico a bordo. | |||
Karl Behr (1885-1949), 26 anos | Xogador de tenis profesional. | |||
M. H. B.-Steffansson (1883-1962), 28 anos | Coronel militar destinado a Washington. | |||
Margaret Brown (1867-1932), 44 anos | Filántropa, activista e sufraxista. | |||
Archibald Butt (1865-1912), 46 anos | Periodista, militar e axudante de Campo dos presidentes Theodore Roosevelt e William Taft. | |||
Helen Churchill Candee (1858-1949), 53 anos | Escritora, sufraxista, decoradora de interiores e xeógrafa. | |||
C. D. Cardeza (1854–1939), 58 anos | Herdeira dun banqueiro e industrial e esposa dun avogado de Filadelfia. | |||
Cosmo Duff-Gordon (1862–1931), 49 anos | Terratenente e deportista escocés. | |||
Lucy, Lady Duff-Gordon (1863-1935), 48 anos | Dona de Cosmo Duff-Gordon, deseñadora de moda e propietaria das tendas A mansión de Lucile | |||
Jacques Heath Futrelle (1875–1912), 37 anos | Periodista e escritor de novelas de misterio como La Máquina Pensante. | |||
Dorothy W. Gibson (1889–1946), 22 anos | Actriz pioneira do cine mudo. Protagonista do primeiro filme sobre o naufraxio, Saved from the Titanic, estreado en 1914. | |||
Samuel L. Goldenberg (1864–1936), 47 anos | Criador de cans e xuíz internacional de concursos caninos | |||
Archibald Gracie IV (1859–1912), 53 anos | Coronel da armada americana, historiador da Guerra de Secesión | |||
Benjamin Guggenheim (1865–1912), 46 anos | Empresario e magnate da industria do cobre. Gran amante da arte. | |||
Henrry Birkhardt Harris (1866–1912), 45 anos | Produtor de teatro. | |||
Charles Melville Hays (1856–1912), 55 anos | Presidente da compañía ferroviaria canadense Grand Trunk Pacific Railway. | |||
Joseph Bruce Ismay (1862–1937), 49 anos | Director xeral da compañía navieira White Star Line, propietaria da clase Olympic. | |||
Francis David Millet (1846–1912), 45 anos | Pintor, ilustrador-decorador, escultor, reportero e ensaísta. | |||
Arthur Godfrey Peuchen (1859–1929), 52 anos | Oficial do exército, enxeñeiro químico e empresario. | |||
Edith Russell (1877?–1975), (35 anos ?) | Periodista de moda. | |||
Arthur Larned Ryerson (1851–1912), 61 anos | Propietario das acerías Ryerson Steel Co | |||
Samuel Ward Stanton (1870–1912), 41 anos | Ilustrador marítimo, colaborador da decoración da sala de estar da nave de Washington Irving. | |||
William Thomas Stead (1849–1912), 62 anos | Periodista, editor, esperantista, pioneiro do xornalismo de investigación e fundador de Review of Reviews | |||
Isidor Straus (1845–1912), 67 anos | Fundador dos grandes almacéns Macy's en Nova York. | |||
Jack Borland Thayer (1862-1912), 49 anos | Vicepresidente da compañía ferroviaria Canadian Grand Trunk Railroa. | |||
George Dunton Widener (1861–1912), 50 anos | Herdeiro da fortuna máis grande de Filadelfia grazas á fabricación de tranvías. | |||
Charles E. Williams (1888–1935), 23 anos | Campión mundial de squash. | |||
Noël Leslie, Condesa de Rothes (1878-1956), 33 anos | Aristócrata escocesa. | |||
Richard Norris Williams (1891–1968), 21 anos | Xogador de tenis profesional. | |||
Harry Molson (1856–1912), 55 anos | Pertencente á dinastía de banqueiros e fabricantes de cervexa de Montreal. |
Españois no Titanic
[editar | editar a fonte]No RMS Titanic viaxaban dez españois dos cales só sete lograron saír con vida do naufraxio.[2] Os dez españois que viaxaban no barco foron:
- Víctor Peñasco - Finado no Titanic.
- María Josefa Pérez de Soto - dona de Víctor Peñasco. Logrou saír do Titanic. Bote nº8.
- Fermina Oliva- serventa dos anteriores. Escapou do Titanic xunto coa súa señora María Josefa Pérez de Soto. Bote nº8.
- Juan Monrós- Finado no Titanic.
- Julián Padró- Saltou ao bote nº9
- Emilio Pallás- Saltou ao bote nº9
- Florentina Durán- Escapou no bote nº12
- Asunción Durán- Irmá da anterior. Bote nº12
- Servando Oviés - Finado no Titanic.
- Encarnación Reynaldo - Escapou no bote nº9.
Primeiros superviventes en finar
[editar | editar a fonte]- Maria Nackid — pasaxeira de 3ª clase, 30 de xullo de 1912 (2 anos) por meninxite
- Eugenie Baclini — pasaxeira de 3ª clase, 12 de agosto de 1912 (4 anos) por meninxite
- Coronel Archibald Gracie IV — pasaxeiro de 1ª clase, 4 de decembro de 1912 por un coma diabético
- Marie Eugenie Spencer — pasaxeira de 1ª clase, outubro de 1913 (55 ou 56 anos)
- Maximilian Frölicher — pasaxeiro de 1ª clase, 22 de novembro de 1913 (62 anos) por hipotermia
- Kornelia Andrews — pasaxeira de 1ª clase, 4 de decembro de 1913 (64 anos) por pneumonía.
Últimos superviventes
[editar | editar a fonte]Últimos superviventes en finar[3] | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Pasaxeiro | Aloxamento | Salvamento | Perdeu familiares? | Nacionalidadeb | Idade ao finar | Outros datos de interese |
3ª clase | Nai da tamén supervivente Beatriz Irene Sandström | |||||
1ª clase | ||||||
2ª clase | ||||||
2ª clase | Ostenta o récord como a supervivente máis lonxeva da traxedia | |||||
3ª clase | ||||||
2ª clase | ||||||
3ª clase | ||||||
3ª clase | ||||||
3ª clase | ||||||
3ª clase | Irmán máis vello de Millvina Dean | |||||
1ª clase | Segunda supervivente máis lonxeva e última das que viaxaban en 1ª clase | |||||
3ª clase | ||||||
2ª clase | ||||||
2ª clase | ||||||
3ª clase | ||||||
3ª clase | ||||||
2ª clase | ||||||
2ª clase | Última supervivente centenaria e nada no s.XIX | |||||
2ª clase | ||||||
3ª clase | Única supervivente que foi entrevistada polo director de cine James Cameron mentres rodaba o filme Titanic | |||||
2ª clase | Último supervivente home do naufraxio | |||||
2ª clase | ||||||
3ª clase | Última supervivente con recordos propios do naufraxio | |||||
2ª clase | Última supervivente que viaxaba en 2ª clase | |||||
3ª clase | Última supervivente que viaxaba en 3ª clase e do barco |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lista de pasaxeiros (en inglés)". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de marzo de 2014.
- ↑ Lista de superviventes (en inglés)