Patriarcado latino de Xerusalén
Patriarchatus Latinus Hierosolymitanus (la) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Estado de Palestina | |||
Territorio ocupado | Cisxordania | |||
Gobernacións | Jerusalém (província) (pt) | |||
Cidade | Xerusalén | |||
Neighborhood of Jerusalem (en) | Barrio cristián de Xerusalén | |||
Poboación | ||||
Poboación | 5.935.350 (1970) | |||
Lingua usada | lingua árabe lingua hebrea lingua grega | |||
Relixión | Igrexa católica latina | |||
Xeografía | ||||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1099 | |||
Catedral | Santo Sepulcro Co-Cathedral of the Most Holy Name of Jesus (en) | |||
Heritage site in Israel (en) | ||||
Páxina web | lpj.org | |||
O patriarcado de Xerusalén dos latinos (en latín: Patriarchatus Hierosolymitanus Latinorum) é unha sé católica latina inmediatamente suxeita á Santa Sé, con xurisdición sobre Israel, Chipre, Palestina e Xordania. O patriarca actual é o arcebispo Fuad Tual.
Historia
[editar | editar a fonte]Cronoloxía
[editar | editar a fonte]- Século I: Fundación da diocese de Xerusalén.
- 451: Elevación da sé a patriarcado de Xerusalén (rito bizantino).
- 1099: Institución do patriarcado de Xerusalén (rito latino).
- 1295: Redución a patriarcado titular de Xerusalén.
- 1847: Restabelecemento do patriarcado latino de Xerusalén.
O patriarcado cruzado
[editar | editar a fonte]O 15 de xullo de 1099 Xerusalén foi conquistada polos cruzados, que estabeleceron o Reino de Xerusalén que durou preto de 200 anos. Até ese momento a maioría dos cristiáns en Terra Santa estaban baixo a xurisdición do patriarca ortodoxo de Xerusalén, mais os cruzados non aceptaron someterse ao rito bizantino e a unha Igrexa independente de Roma dende o Gran Cisma de 1054 entre o Oriente e o Occidente cristiáns.
Así, o 1 de agosto de 1099 os relixiosos cruzados crearon o patriarcado de Xerusalén dos Latinos, e foi nomeado como primeiro titular Arnulf de Chocques. Simón II, o patriarca grego de Xerusalén, acabou refuxiándose en Constantinopla, cara a 1107, e os seus sucesores non voltarían a Xerusalén até 1187.
Foi estabelecida unha xerarquía latina, de rito romano, e durante a existencia do reino de Xerusalén, o patriarcado latino foi dividido en catro arquidioceses: Tiro, Cesarea, Nazaret e Petra;[1] e tiña como sufragáneas directas ás dioceses de Lida-Ramla, Belén, Hebrón e Gaza, e os abades do monte do Templo, monte Sión e monte das Oliveiras.
O patriarca latino tamén controlaba o barrio cristián da cidade de Xerusalén (a igrexa do Santo Sepulcro e inmediacións).
Logo da caída de Xerusalén, en 1187, a sé do patriarcado foi movida a Tiro e Acre en 1191. Os patriarcas volveron a Xerusalén en 1229, cando a cidade foi devolta aos cruzados, e novamente de volta a Acre en 1244. San Xoán de Acre xa tiña a súa diocese, mais as dúas foron unidas en 1261.
Cando, tras a caída de Acre en 1291, os últimos vestixios do Reino foron conquistados polos mamelucos, a historia do patriarcado cruzado rematou, aínda que permaneceu como sé titular.
A sé titular
[editar | editar a fonte]Logo da caída de San Xoán de Acre en 1291, a Igrexa Católica continuou a nomear patriarcas titulares de Xerusalén que, a partir de 1374, tiveron a súa sé na Basílica de San Lourenzo fóra dos Muros.
No século XIV, ademais desta basílica, o patriarca mantivo xurisdición sobre moitos territorios orientais que seguían en mans latinas (Chipre, Lesbos, Quíos, Creta, Rodas, Naxos e outras), mais estas posesións foron diminuíndo coas conquistas turcas.
O patriarcado actual
[editar | editar a fonte]O 23 de xullo de 1847 o papa Pío IX, co breve Nulla celebrior, decidiu restaurar o patriarcado de Xerusalén dos Latinos. O 4 de outubro foi anunciado que o Imperio Otomán autorizaba o restabelecemento da sé, con xurisdición sobre Palestina e Chipre.
Coa fin de evitar a implicación en temas políticos foron nomeados só patriarcas italianos até 1987, cando o cambio desta política veu co nomeamento de Michel Sabbah, o primeiro árabe palestino en ostentar o título.
A basílica do Santo Sepulcro foi designada como catedral do patriarcado latino. Porén, o patriarca latino só pode celebrar nela nos momentos e nos espazos asignados á comunidade franciscana da Custodia de Terra Santa polo Statu Quo, e en acordó con esta. O Statu Quo é un firmán otomán de 1852, aínda en vigor por efecto do Acordo Fundamental entre a Santa Sé e o Estado de Israel de 1993,[2] que asigna dereitos sobre o Santo Sepulcro ás diferentes Igrexas cristiás entón presentes: ademais dos católicos, estaban os apostólicos armenios, os ortodoxos coptos, os ortodoxos siríacos e os ortodoxos gregos, cuxo patriarca ten no centro da mesma basílica a súa propia cátedra e o Katholikon.
A cátedra do patriarca está situada na concatedral do Santísimo Nome de Xesús, igrexa nai da diocese, onde celebra normalmente; e a súa residencia está xunto á concatedral. O patriarca latino é membro de dereito do Consello dos Patriarcas católicos de Oriente e da Conferencia dos Bispos Latinos nas Rexións Árabes.
Territorio
[editar | editar a fonte]O patriarcado ten xurisdición sobre todos os fieis latinos de Israel, Xordania, Chipre e dos territorios gobernados pola Autoridade Nacional Palestina. A arquidiocese está organizada en cinco vigarías:
- Vigairía patriarcal de Palestina, con sé en Xerusalén e guiada polo bispo auxiliar e vigairo xeral William Hanna Shomali, bispo titular de Lydda.
- Vigairía patriarcal de Israel, con sé en Nazaret e baixo a guía do bispo auxiliar Giacinto-Boulos Marcuzzo, bispo titular de Emaús.
- Vigairía patriarcal de Xordania, con sé en Amán e baixo a guía do bispo auxiliar Marun Laham, arcebispo titular de Medaba.
- Vigairía patriarcal de Chipre, con sé en Nicosia, e baixo a guía do franciscano Garret Edmunds.
- Vigairía patriarcal de San Xacobe para os católicos de lingua hebrea en Israel, con sé en Xerusalén e baixo a guía do xesuíta David Neuhaus.
O territorio está dividido en 66 parroquias.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]Patriarcas de Xerusalén
[editar | editar a fonte]- Arnulfo de Chocques (1 de agosto de 1099 - c. 30 de decembro de 1099, deposto)
- Dagoberto de Pisa (c. 26 de decembro de 1099 – setembro de 1102, deposto)
- Evremar de Thérouanne (1102 – 1105, deposto)
- Dagoberto de Pisa (restaurado polo papa Pascual II en 1105, e finado)
- Gibelin de Sabran (1108 – 1112, finado)
- Arnulfo de Chocques (renomeado o 26 de abril de 1112 – 28 de abril de 1118, finado)
- Gormond de Picquigny (xaneiro de 1119 – 1128, finado)
- Estevo de La Ferté (1128 – 1130, finado)
- Guillerme de Malinas (1130 – 1145, finado)
- Foucher de Angulema (26 de xaneiro de 1146 – 20 de novembro de 1157, finado)
- Amalric de Nesle (1158 – 1180, finado)
- Heraclius de Auvernia (26 de outubro de 1180 – inverno de 1190/1191, finado)
Patriarcas en San Xoán de Acre
[editar | editar a fonte]Logo da caída de Xerusalén en 1187 a sé patriarcal foi transferida a Tiro, e posteriormente, en 1191, a San Xoán de Acre. O patriarca volveu a Xerusalén en 1229, e novamente de volta a Acre en 1244. San Xoán de Acre xa tiña a súa propia diocese, mais as dúas sés foron unidas en 1261. Os patriarcas deste período foron os seguintes:
- Rodolfo (1191 – 1192)
- Michel de Corbeil (1193 – 1194)
- Aimaro o Monxe (1194 – outubro de 1202, finado)
- Soffredo Gaetani (1202 – 1204, renuncia)
- Albert Avogadro (1204 – 14 de setembro de 1214, finado)
- Raoul de Mérencourt (1215 – 1224)
- Gérold de Lausanne (1225 – 1239)
- Robert de Nantes (1240 – 1254)
- Jacques Pantaléon (1255 – 1261, elixido Papa)
- Guillaume d'Agen (1262 – 1270)
- Tommaso Agni (1272 – 1277)
- Hélie de Périgueux (1279 – 1287)
- Nicolas de Hanapes (1288 – 1291)
Patriarcas titulares
[editar | editar a fonte]Os patriarcas titulares logo da perda de San Xoán de Acre foron os seguintes:
- Landolfo (1295 - 1304)
- Antony Bek (1305 - 1311)
- Pierre Pleine-Chassagne (1314 - 1318)
- Pierre de Nicosia (19 de xuño de 1322 - 1324, finado)
- Raymond Beguin (19 de marzo de 1324 - 1328, finado)
- Pierre de la Palude (27 de marzo de 1329 - 31 de xaneiro de 1342, finado)
- Élie de Nabinal (12 de xullo de 1342 - 20 de setembro de 1342, creado cardeal)
- Pierre de Casa (7 de outubro de 1342 - 3 de agosto de 1348, finado)
- Guillaume Lamy (2 de marzo de 1349 - 9 de xuño de 1360, finado)
- Philippe de Cabassolle (18 de agosto de 1361 - 22 de setembro de 1368, creado cardeal)
- Guillaume Militis (22 de xuño de 1369 - 1371, finado)
- Guillaume de la Garde (12 de decembro de 1371 - 1374, finado)
- Philippe d'Alençon (27 de agosto de 1375 - 18 de setembro de 1378, creado cardeal)
Entre 1379 e 1418, co Gran Cisma de Occidente, houbo ao mesmo tempo varios patriarcas de Xerusalén.
- Os patriarcas nomeados polo papa de Roma foron:
- Os patriarcas nomeados polo papa de Aviñón foron:
- Lope Fernandez de Luna (1380 - 1382)
- Bertrand de Chanac (1382 - 1385)
- Aymon Séchal (1394 - 1408)
- Francesc Eiximenis (1408 - 1409)
Logo do Cisma, a liña sucesoria é a seguinte:
- Francesc Climent Sapera (7 de xuño de 1419 - 4 de novembro de 1429, nomeado arcebispo de Zaragoza)
- Hugues de Lusignan (1424 - 27 de maio de 1426, nomeado cardeal)
- Biaggio Molino (20 de outubro de 1434 - 1447, finado)
- Basilios Bessarion (21 de outubro de 1449 - 13 de marzo de 1458, renuncia)
- Lorenzo Zanni (13 de marzo de 1458 - 28 de abril de 1473, nomeado bispo de Treviso)
- Louis d'Harcourt (18 de xaneiro de 1460 - 14 de decembro de 1479, finado)
- Giovanni Antonio Sangiorgio (1500 - 1503, renuncia)
- Bernardino López de Carvajal Sande (30 de decembro de 1503 - 24 de outubro de 1511, renuncia)
- Rodrigo Carvajal (20 de febreiro de 1523 - 1539, finado)
- Alessandro Farnese (27 de agosto de 1539 - 1550, renuncia)
- Cristoforo Spiriti (28 de febreiro de 1550 - 5 de novembro de 1556, finado)
- Antonio Elio (20 de agosto de 1558 - 1576, finado)
- Giovanni Antonio Facchinetti de Nuce (12 de novembro de 1576 - 9 de xaneiro de 1584, instalado cardeal)
- Scipione Gonzaga (23 de setembro de 1585 - 15 de xaneiro de 1588, instalado cardeal)
- Fabio Biondi (8 de xaneiro de 1588 - 6 de decembro de 1618, finado)
- Francesco Cennini de' Salamandri (17 de decembro de 1618 - 2 de outubro de 1645, finado)
- Diofebo Farnese (17 de marzo de 1621 - data descoñecida)
- Alfonso Manzanedo de Quiñones (26 de outubro de 1622 - 13 de novembro de 1627, finado)
- Domenico de' Marini (15 de novembro de 1627 - febreiro de 1635, finado)
- Giovanni Battista Colonna (7 de abril de 1636 - 8 de abril de 1637, finado)
- Aegidius Ursinus de Vivere (15 de abril de 1641 - 17 de abril de 1647, finado)
- Camillo Massimo (15 de decembro de 1653 - 23 de febreiro de 1671, instalado cardeal)
- Egidio Colonna (19 de xaneiro de 1671 - 19 de outubro de 1686, finado)
- Bandino Panciatici (14 de outubro de 1689 - 10 de abril de 1690, instalado cardeal)
- Niccolo Pietro Bargellini (8 de maio de 1690 - 14 de setembro de 1694, finado)
- Francesco Martelli (21 Jul 1698 - 25 de xuño de 1706, instalado cardeal)
- Muzio Gaeta (14 de maio de 1708 - maio de 1728, finado)
- Vincenzo Ludovico Gotti (29 de abril de 1728 - 14 de xuño de 1728, instalado cardeal)
- Pompeio Aldrovandi (23 de marzo de 1729 - 9 de xullo de 1734, nomeado arcebispo de Corneto (Tarquinia) e Montefiascone)
- Tommaso Cervini (27 de marzo de 1734 - 29 de xullo de 1751, finado)
- Tommaso de Moncada (20 de setembro de 1751 - outubro de 1762, finado)
- Giorgio Maria Lascaris (20 de decembro de 1762 - 11 de decembro de 1795, finado)
- Michele Di Pietro (22 de decembro de 1800 - 9 de agosto de 1802, nomeado cardeal)
- Francesco Maria Fenzi (23 de setembro de 1816 - 9 de xaneiro de 1829, finado)
- Paulus Augustus Foscolo (15 de marzo de 1830 - 4 de outubro de 1847, nomeado patriarca titular de Alexandría)
Patriarcas latinos de Xerusalén
[editar | editar a fonte]- Giuseppe Valerga (17 de maio de 1847 - 2 de decembro de 1872, finado)
- Vincenzo Bracco (21 de marzo de 1873 - 19 de xuño de 1889, finado)
- Ludovico Piavi (28 de agosto de 1889 - 24 de xaneiro de 1905, finado)
- Filippo Camassei (6 de decembro de 1906 - 15 de decembro de 1919, retirado)
- Luigi Barlassina (8 de marzo de 1920 - 27 de setembro de 1947, finado)
- Alberto Gori (21 de novembro de 1949 - 25 de novembro de 1970, finado)
- Giacomo Giuseppe Beltritti (25 de novembro de 1970 - 11 de decembro de 1987, retirado)
- Mixail Saba (11 de decembro de 1987 - 19 de marzo de 2008, retirado)
- Fuad Tual (19 de marzo de 2008 - 24 de xuño de 2016, retirado)
- Pierbattista Pizzaballa, administrador apostólico (24 de xuño de 2016 - 23 de outubro de 2020)
- Pierbattista Pizzaballa (dende o 24 de outubro de 2020)
Notas e referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Adrian J. Boas (2001). Routledge, ed. Jerusalem in the Time of the Crusades: Society, Landscape and Art in the Holy City Under Frankish Rule. p. 24. ISBN 9781134582723.
- ↑ Fundamental Agreement between the Holy See and the State of Israel, (en inglés)