Saltar ao contido

Patricia Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPatricia Pérez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
A Cañiza, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentadora de televisión Editar o valor en Wikidata

Sitio webyosikekomo.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0702321 Editar o valor en Wikidata

Patricia Pérez, nada na Cañiza o 5 de decembro de 1973, é unha presentadora, actriz, escritora e divulgadora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira televisiva en 1991 no programa Coa miña xente da Televisión de Galicia, no que comezou realizando unicamente funcións de azafata, aínda que co paso das semanas foi a encargada de dar paso á publicidade, xa como co-presentadora. Na tempada 1992-1993 acompañou nos labores de presentación a Xosé Ramón Gayoso no Luar[1] e en 1993 representou á TVG en Madrid na gala nacional Inocente, inocente. Foi alí onde coñeceu a Emilio Aragón, que se fixou nela para presentar canda el e mais Lydia Bosch El Gran Juego de la Oca de Antena 3 na tempada 1993-1994[1]. En 1995 trasladouse á Arxentina, onde rodou o filme Dile a Laura que la quiero e colaborou en tres programas do país. En 2000 Pérez volveu para España. Traballou como reporteira no programa magazín Emisión imposible, presentado por Bermúdez en Telecinco.

Pérez fixo varios traballos para Telemadrid onde a contrataron, compaxinándoos no 2003 co programa Memoria de Elefante de Castilla-La Mancha Televisión que durou ata o 2008. Comezou en Telemadrid no 2001, sendo a co-presentadora do programa Mamma Mia canda Víctor Sandoval.

Durante o 2004, Pérez volveu traballar para Antena 3 como colaboradora en A la carta e mais tamén como co-presentadora en El Supershow con Carlos Sobera e mais Elisa Dreben. Pérez foi a presentadora en 2006 dos programas Metro a Metro e mais Bromas Aparte ámbolos dous xunta Luis Miguel Torrecillas e de Telemadrid.

No 2009 Pérez comezou unha nova andaina con Telecinco, presentando canda Celia Montalbán o programa Vuélveme loca.

Empregada por Laboratorios Mahen[1], unha empresa de complementos alimenticios, dedicou os últimos anos a divulgar sobre nutrición e alimentación nas redes sociais, asociada á marca persoal Yo sí que como (libros, web, instagram...)[1].

Programas

[editar | editar a fonte]

Colaboracións especiais

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]
  • Yo sí que como (2013)

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Luis Canut[1], guionista de televisión e irmán do artista Nacho Canut (Fangoria).

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Bastos, Martín (2024-01-13). "La gallega Patricia Pérez narra la grave enfermedad de su marido". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-01-15.