Paul Gervais
François Louis Paul Gervais, nado o 26 de setembro de 1816 en París e finado na mesma cidade o 10 de febreiro de 1879, foi un paleontólogo e entomólogo francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gervais naceu en París, cidade onde estudou e onde se doutorou en ciencias naturais e en medicina.
En 1835 empezou a súa investigación paleontolóxica como axudante no laboratorio de anatomía comparada no Museo Nacional de Historia Natural de Francia.
En 1841 obtivo a cátedra de zooloxía e anatomía comparada na Facultade de Ciencias de Montpellier, da cal foi elixido decano en 1856.
Entre en 1848 e 1852 publicou a súa importante obra Zoologie et paléontologie françaises, que suplementaban as publicacións paleontolóxicas de Georges Cuvier e Henri Marie Ducrotay de Blainville. Unha segunda edición, moi mellorada, publicouse en 1859.[1]
En 1856 aceptou a cátedra de zooloxía na Sorbona, vacante despois da morte de Louis Pierre Gratiolet. Deixou este posto en 1868 para aceptar a dirección da sección de anatomía comparada no Museo Nacional de Historia Natural de París, cuxas coleccións anatómicas foron moi enriquecidas grazas ao seu traballo.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]Algunhas das principais obras publicadas por Gervais son:[1]
- Histoire naturelle des insectes. 4 vols., 1836-1847 (con Charles Athanase Walckenaer)
- Zoologie et paléontologie françaises. 1848-1852
- Histoire naturelle des Mammifères. 1853
- Zoologie médicale. 1859 (con Pierre-Joseph van Beneden)
- Recherches sur l'ancienneté de l'homme et la période quaternaire. 1867
- Zoologie et Paléontologie générales. 1867
- Ostéographie des cétacés vivants et fossiles. 1869 (con Pierre-Joseph van Beneden)
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Gervais emprégase para indicar a Paul Gervais como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- David M. Damkaer (2002): The copepodologist's cabinet: a biographical and bibliographical history [Premier volume. Aristotle to Alexander von Nordmann: (330 B.C. à A.D. 1832)], American Philosophical Society (Philadelphie), colección Memoirs of the American Philosophical Society held at Philadelphia for promoting useful knowledge. ISBN 0-87169-240-6.