Saltar ao contido

Pauline Viardot-García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPauline Viardot-García

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Pauline Viardot Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Michelle Ferdinande Pauline García Editar o valor en Wikidata
18 de xullo de 1821 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte18 de maio de 1910 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
VII Distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montmartre Editar o valor en Wikidata
Member of the Royal Swedish Academy of Music (en) Traducir
1870 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMoscova Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositora, vocal coach (en) Traducir, cantante de ópera, cantante, pianista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoÓpera e música clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresManuel García (pt) Traducir e Franz Liszt Editar o valor en Wikidata
AlumnosAda Adini (pt) Traducir, Dagmar Lund, Carlotta Grossi (en) Traducir, Anna Schoen-René (pt) Traducir e Puskova Olga Alexandrovna (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoPiano e voz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLouis Viardot (1838–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
FillosLouise Héritte-Viardot, Paul Viardot Editar o valor en Wikidata
PaisManuel García Editar o valor en Wikidata  e Joaquina Briones Editar o valor en Wikidata
IrmánsManuel García
Maria Malibran Editar o valor en Wikidata
ParentesJosefa Ruiz-García, irmá consanguínea
Antonia Sitcher de Mendi, curmá entregue Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1576967 BNE: XX1603062 Musicbrainz: 4014fbd5-7ffc-45d2-b277-0fab19213720 Discogs: 1000284 IMSLP: Category:Viardot,_Pauline Allmusic: mn0001596677 WikiTree: Garcia-4224 Find a Grave: 28743520 Genius: Pauline-viardot Editar o valor en Wikidata

Michelle Ferdinande Pauline García, nada en París o 18 de xullo de 1821[1] e finada en París o 18 de maio de 1910, foi unha cantante de ópera (mezzosoprano) e compositora francesa de orixe española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla máis nova do tenor e mestre de canto Manuel García, e dunha cantante soprano, Joaquina Briones; foi probablemente a máis dotada polifacética da familia.

Estudou música inicialmente co seu pai, establécese coa súa familia en México, co famoso organista Marcos Vega. Cando volveu a Europa, o seu pai xa falecera, cando ela tiña once anos. Pauline presentouse ao público á curta idade de dezaseis anos,e tras unicamente un ano de educación vocal coa súa nai, nun concerto organizado polo marido da súa irmá e do violinista Charles de Bériot en Bruxelas, e o seu debut operístico chegaba só dous anos despois en Londres (1839).

No 1840 casou co escritor e pianista francés, Louis Viardot. Con el tivo catro fillos; Louise (tamén compositora), Paul (violinista e musicóloga), Marianne (pintora) e Claudine.

Retirouse dos escenarios en 1863, e foi profesora entre 1871 e 1875, no conservatorio de París. Enviuvou en 1883, poñéndose ao cargo dos seus catro fillos. Faleceu en París en 1910.

Vida profesional

[editar | editar a fonte]

Viardot consagrouse no papel de Fidé en Le Prophéte (1849) de Meyerbeer, desenvolveu un método de ensinanza e compuxo canción e operetas, entre elas O último feiticeiro (1869).

Cantou en óperas importantes, de Gioachino Rossini, Mikhaíl Glinka, Aleksandr Dargomizhski, Giacomo Meyerbeer...

Viardot foi a primeira estranxeira que cantou repertorio italiano en ruso e axudou a levar a música rusa de occidente. En San Petesburgo coñeceu ao escritor Iván Turguénev, con quen sostivo un largo idilio que durou ata a morte do escritor. A súa residencia campestre en Bouvigal, foi transformada nun museo.

Como compositora, escribiu numerosas cancións e transcribiu traballos doutros para a súa voz. Pauline Viardot-García, foi portadora dunha serie de habilidades e coñecementos que poucas veces encontramos tan desenvolvidos nunca mesma persoa, intelectual, estudosa e apaixonada pola súa profesión, ganándose o amor do público e respecto dos seus compañeiros nun mundo dominado por aquel entón por homes.

  1. "Cuando los García fundaron... Europa". elconfidencial.com (en castelán). 2020-06-12. Consultado o 2021-06-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sadie, Julie Anne; Samuel, Rhian (1995). The Norton/Grove Dictionary of Women Composers (en inglés). Nova York: W. W. Norton & Company. ISBN 978-0393034875.