Saltar ao contido

Pedro Couceiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Couceiro
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte1982 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbioquímico Editar o valor en Wikidata

Pedro Couceiro Corral, nado na Coruña en 1905 e finado en Montevideo en xullo de 1982, foi un bioquímico galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no Instituto da Coruña, e estudou na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, da que se incorporou á Sección de Químicas en 1922. Foi axudante de clases prácticas en Química Orgánica. En 1927 ascendeu a profesor auxiliar. A chegada a Santiago do profesor Calvet, en 1929, recibiu unha bolsa da Universidade para ampliar estudos en Síntese de hidratos de carbono e desprazouse a Múnic onde traballou co Premio Nobel Heinrich Otto Wieland. Foille concedida unha bolsa da JAE en 1932, para desprazarse a Alemaña e Inglaterra, durante un ano. Con esta bolsa estivo en Dresde, na Staatliche Frauenklinik, co profesor Erwin Bummm. Finalmente Couceiro non foi a Inglaterra, onde pensaba continuar as súas investigacións, pois interrompeu esta última bolsa. Doutorouse, froito desta estadía en Alemaña, cun tema sobre a oxidación do fermento da cervexa.

En 1935 aprobou unhas oposicións do Instituto de Investigación Animal e marchou a Madrid para incorporarse a esta institución, onde proseguiría o seu labor investigador no terreo da bioquímica animal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao exército leal. Durante a Guerra estivo destinado á fronte dunha fábrica de armamento en Cocentaina (Alacant), como oficial do exército republicano. Despois dun enfrontamento cos seus superiores, incorporouse como soldado nas frontes de Guadalaxara e Madrid. Ao rematar a Guerra exiliouse, primeiro en París, onde traballou no Instituto Pasteur. Logo marchou a Uruguai, onde se asentou definitivamente.

En Montevideo fundou os Laboratorios Sur e levou á cabo un labor científico aplicado á industria. Tamén colaborou con organizacións de exiliados levando a cabo actividades culturais como o programa de radio Sempre en Galicia. En 1971 veu a España e visitou a Parga Pondal e Rof Carballo. Morreu en Montevideo en 1982.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cheroni, Alción (2004). "Pedro Couceiro Corral". Abaco. Revista de cultura y ciencias sociales (42): 123–132. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]