Saltar ao contido

Heinrich Otto Wieland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHeinrich Otto Wieland

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1877 Editar o valor em Wikidata
Pforzheim, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte5 de agosto de 1957 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Starnberg, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Alemán
Alemaña nazi
República de Weimar
Alemaña do Oeste Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic Editar o valor em Wikidata
Director de teseJohannes Thiele (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica e química orgánica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Friburgo
Múnic Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic
Universidade de Freiburg im Breisgau
Universidade Técnica de Múnic Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresAdolf von Baeyer Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoRolf Huisgen (pt) Traducir, Leopold Horner, Bernhard Witkop e Elisabeth Dane (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosEva Wieland (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHermann Wieland (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 23072685 Editar o valor em Wikidata

Heinrich Otto Wieland, nado en Pforzheim, Baden, (Alemaña) o 4 de xuño de 1877 e finado en Múnic, o 5 de agosto de 1957, foi un químico alemán. Foi galardoado co premio Nobel de Química do ano 1927.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou química nas universidades de Berlín, Múnic e Stuttgart. En 1917 sucedeu a Adolf von Baeyer como profesor de química da Universidade de Múnic e ensinou química orgánica nas de Friburgo e Múnic (1925-1953).

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Formulou a teoría da deshidroxenación e explicou a constitución de moitos produtos de natureza completa, como a pteridina, as hormonas sexuais e os glucósidos da dixital, e tamén dalgúns alcaloides.

Así mesmo realizou estudos complexos sobre os ácidos biliares.

En 1927 foi galardoado co Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre a composición dos ácidos biliares. O premio foi anunciado o 13 de novembro de 1928, sendo entregado o 10 de decembro daquel mesmo ano en Estocolmo.

Activismo social[editar | editar a fonte]

Wieland tratou exitosamente de protexer as persoas, especialmente os estudantes xudeus, que vían como eran "restrinxidos racialmente" tras as leis de Núremberg. Malia non poder acceder á universidade como alumnos, podían permanecer no grupo de Heinrich Wieland como químicos ou como "Gäste des Geheimrats" (invitados do consello privado).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Theodor Svedberg
Premio Nobel de Química

1927
Sucesor:
Adolf Otto Reinhold Windaus