Saltar ao contido

Henri Moissan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenri Moissan

(1906) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1852 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de febreiro de 1907 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteApendicite Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrave of Moissan (en) Traducir
Cemiterio do Père-Lachaise, 81 48°51′48″N 2°23′37″L / 48.863466, 2.39361 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFrancia Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole pratique des hautes études Editar o valor en Wikidata
Director de tesePierre Paul Dehérain (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, farmacólogo, profesor universitario, farmacéutico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSorbona
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresEdmond Frémy (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoPaul Lebeau (pt) Traducir e Maurice Meslans (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMarie Léonie Lugan Moissan Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Муассан Анри)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Moissan-1 Find a Grave: 7643 Editar o valor en Wikidata

Henri Moissan, nado o 28 de setembro de 1852 en París e finado o 20 de febreiro de 1907 tamén en París, foi un químico e profesor universitario de Francia, premio Nobel de Química en 1906.

Traxectoría

[editar | editar a fonte]

Estudou no Colexio de Meaux, no Instituto da Agronomía de París e no Instituto de Toxicoloxía. Traballou no Museo de Historia Natural de París e nos laboratorios de Edmond Frémy. Foi profesor na Escola Superior de Farmacia dende o 1879, chegando a impartir clases de química e toxicoloxía no 1886. Dende 1900 foi profesor de química na Universidade de París. Ingresou na Academia de Ciencias francesa no 1891.

Faleceu repentinamente en París no 1907, pouco despois da súa volta de Estocolmo, tras recibir o Premio Nobel. Non se sabe se os seus experimentos co flúor contribuíron á súa morte.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Entre as súas contribucións científicas máis notábeis, no 1886 conseguiu illar o flúor en forma de gas amarelo verdoso, por electrólise dunha solución de fluorhidrato potásico en ácido fluorhídrico anhidro. A existencia do flúor coñecíase dende anos antes, mais todos os intentos por obtelo fracasaran, e incluso algúns investigadores morreran no intento.

Tamén ideou un forno de arco, capaz de acadar temperaturas de 4.100 °C, que permite reducir os minerais de certos metais, como o uranio, cromo, volframio, vanadio, manganeso, titanio e molibdeno.

No 1893, deu a coñecer o seu método de preparación de pequenos diamantes artificiais a partir de carbono disolto en ferro fundido, o que produceu unha gran sensación.

Foi un dos primeiros en realizar investigación acerca do calcio, descuberto en 1808, por Humphry Davy, conseguindo unha pureza do 99 % pola electrólise do ioduro de calcio (CaI2).

Baixo a súa dirección traballou o farmacéutico galego, completando a súa formación, Xosé Casares Gil que foi o precursor do desenvolvemento actual da Química en España.

En 1906, foi galardoado con Premio Nobel de Química, polos seus experimentos sobre o illamento do flúor.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Adolf von Baeyer
Premio Nobel de Química

1906
Sucesor:
Eduard Buchner