Robert H. Grubbs
Robert H. Grubbs, nado en Possum Trot (Kentucky) o 27 de febreiro de 1942 e finado o 19 de decembro de 2021, foi un químico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2005.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciou os seus estudos de Química na Universidade de Florida, continuounos na Universidade de Columbia (Nova York) e finalizounos na californiana de Stanford en 1969.
Pouco despois, entrou como profesor axudante na Universidade de Míchigan, onde en 1973 foi promovido a profesor asociado, pero cinco anos máis tarde regresou a California para exercer como catedrático de Química no Instituto Tecnolóxico de California (Caltech), posto no que continuou ata o seu falecemento.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]As súas investigacións en química órgano-metálica e química orgánica acerca da catálisis así como na metátese dos alcenos proporcionáronlle unha sólida reputación internacional e innumerables recoñecementos, como o premio da Sociedade Americana de Química e a medalla Benjamin Franklin do ano 2000.
Xunto ao francés Yves Chauvin e o seu colega estadounidense Richard R. Schrock comparte o Nobel de Química 2005 polo seu traballo na área da metátese olefínica.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert H. Grubbs |
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2005 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2005 (en inglés)
- Perfil de Robert H. Grubbs en NNDB (en inglés)
Predecesor: Aaron Ciechanover, Avram Hershko e Irwin Rose |
Premio Nobel de Química 2005 con Yves Chauvin, Richard R. Schrock |
Sucesor: Roger D. Kornberg |