Pegsat
Aparencia
Pegsat | |
---|---|
Tipo | Científico / Tecnolóxico |
Organización | NASA / Departamento de Defensa dos Estados Unidos / DARPA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 5 de abril de 1990, 19:10 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Pegasus[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Edwards da Forza Aérea[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo técnico do comportamento do foguete Pegasus e estudos da magnetosfera e ionosfera terrestres.[2][6] |
Decaemento | 14 de novembro de 1998[1] |
NSSDC ID | 1990-028A |
Masa | 178 kg[5] |
Pegsat foi un satélite artificial lanzado o 5 de abril de 1990 mediante un foguete Pegasus desde a Base Edwards da Forza Aérea.[2][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]Pegsat foi o primeiro satélite lanzado por un foguete Pegasus. Foi inxectado nunha órbita inicial de 697 km de apoxeo e 468 km de perixeo, cun período orbital de 96,0 minutos e 94,1 graos de inclinación orbital.[3]
A misión de Pegsat foi tripla:[1][2][5][6]
- Facer medicións do contorno das cargas lanzadas mediante o foguete Pegasus establecendo parámetros como vibracións, temperatura, presión...
- Exectar o microsatélite experimental de comunicacións 90-028B, da Armada dos Estados Unidos.
- Levar a cabo un experimento de liberación de bario no espazo para estudar a interacción entre o elemento químico e a magnetosfera e ionosfera terrestres desde diferentes bases en terra. A liberación do bario fíxose en dúas ocasións: o 16 de abril e o 25 de abril de 1990. Ambas liberacións foron observadas con éxito.[1][2][5][6]
Pegsat reentrou na atmosfera terrestre o 14 de novembro de 1998.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "PEGSAT" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (26 de agosto de 2014). "PEGSAT" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 "Note verbale dated 17 January 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (92-02818). 21 de xaneiro de 1992: 7. Consultado o 16 de xaneiro de 2016.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "PEGSAT / Orion 38" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2015). Gunter's Space Page, ed. "Pegsat" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2016.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Pegsat" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2016.