Peire Vidal
Peire Vidal, nado a finais do século XII e finado a comezos do XII, foi un trobador occitano. Fillo dun peleteiro, foi protexido do conde Raimundo V de Tolosa e máis tarde de Barral de Marsella e tamén de Afonso II de Aragón. Viaxou por Palestina, Italia, Europa central e Malta. Foi conselleiro dos grandes personaxes do seu tempo porque posuída unha personalidade poética inconfundíbel e orixinal, chea de enseño e de augudeza. Presumía de ser o mellor dos cabaleiros e o máis namorado, mais na súa poesía tamén amosaba nostalxia pola ausencia do seu país. Considérase un dos máximos representantes do trobar leu.
É citado por Uc de Lescura no sirventés De mots ricos no tem Peire Vidal en que, xustamente no verso inicial, caracteriza a poesía de Peire Vidal polos mots rics 'palabras orgullosas, altivas'.
Obra
[editar | editar a fonte]Consérvase 50 poemas seus, doce dos cales con música.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Riquer, Martí (1983). Los trovadores. Historia, literatura y textos (en castelán). Ariel.
- Favati, Guido (1961). Le biografie trovadoriche, testi provenzali dei secc. XIII e XIV (en italiano). Palmaverde.
- Riquer, Martí (1995). Vidas y retratos de trovadores (en castelán). Círculo de Lectores.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peire Vidal |