Penélope (poema)
"Penélope" é un poema de Xosé María Díaz Castro, incluído no poemario Nimbos (1961).[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]É a poesía máis coñecida do autor. Está incluída, xunto con "Terra sucada", "Quezais" e "Terra do tempo", na cuarta epígrafe ("Espranza") de Nimbos. De rima consonante e estrutura pendular, está formada por catro estrofas, cun total de dezaseis versos. Díaz Castro establece nela un paralelismo entre Galicia e Penélope, a muller que tecía de día e desfacía de noite. Este personaxe xa fora empregado na literatura galega por Rosalía nos poemas "Tecin soya á miña tea"[3], de Follas novas, e "Desde los cuatro puntos cardinales", de En las orillas del Sar.[4]
Un paso adiante i outro atrás, Galiza
Primeiro verso de Penélope, que se repite ao final.
Traduciuse ao francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e faise referencia a ela na revista alemá Humboldt. Foi incluída en Sete leccións de poesía (Espiral Maior, 2009) de Manuel Forcadela. O profesor Andrés Pociña dixo: “Penélope” de Díaz Castro paréceme a mellor definición poética, a máis fermosa e máis tráxica, de cantas se fixeron sobre Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez Fer, Claudio: "O poema «Penélope» de Díaz Castro", en Gil Hernández, Antonio (coord.) Comentario de textos literarios, Madrid, Alhena, 1986, páx. 141-153.
- ↑ Requeixo, Armando: "Orixes da escrita: Penélope" Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. 19/2/2016.
- ↑ Nogueira, Chus (2007): "O imaxinario na literatura galega actual", no Congreso Galeusca.
- ↑ Edición orixinal de En las orillas del Sar, páxinas 155-156.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz Castro, Xosé María; Nimbos, Editorial Galaxia, Vigo, 1961 (Vista previa en Google Books).
- Diéguez Lois; "«Penélope»: un poema na esperanza", Asociación Cultural Xermolos, Homenaxe a X. M. Díaz Castro, Guitiriz, 1987, páx. 34-35.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xosé María Díaz Castro recitando o seu poema Penélope, a partir do minuto 7:00 no programa Zigzag diario da TvG2
- Versión musicada por Mini e Mero en Youtube
- Versión musicada Arquivado 10 de decembro de 2019 en Wayback Machine. polos alumnos do IES Poeta Díaz Castro.
- "Penélope" [Ligazón morta] recitada por Manuel María.