Pepe Sánchez
Nome orixinal | José Sánchez Martínez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de marzo de 2000 (24 anos) Linares, España |
Altura | 1,85 m. |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Defensa central |
José Sánchez Martínez, coñecido como Pepe Sánchez, nado en Linares o 19 de xaneiro de 2000, é un futbolista español que xoga como defensa central no Albacete, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol no Linares 2011 da súa localidade natal, pasando logo tres anos na canteira do Real Jaén e outros tres no equipo xuvenil do Granada, club no que ingresou en 2016.
Na tempada 2019/20 subiu ao Recreativo Granada, de Segunda División B, debutando na 11ª xornada ante o Recreativo de Huelva e afianzándose inmediatamente no once titular.[1] O 17 de decembro debutou da man do adestrador galego Diego Martínez no primeiro equipo granadino, disputando completo o partido e a prórroga da primeira rolda da Copa do Rei ante o L'Hospitalet.[2]
Continuou compaxinando o filial co primeiro equipo durante as seguintes dúas campañas, nas que debutou tanto en Primeira División como na Europa League. A súa estrea na liga produciuse en Anoeta contra a Real Sociedad, tres días despois do seu primeiro encontro na competición europea, contra o Omonia en Nicosia.[3][4]
En xaneiro de 2023, despois de ter disputado só tres partidos co Granada durante a tempada, saíu cedido ao Deportivo da Coruña, de Primeira División RFEF.[5] Apenas tivo protagonismo no equipo galego, xogando só 7 partidos, nos que marcou un gol ante o Real Madrid Castilla.[6] Ao remate da cesión, o Granada anunciou o seu traspaso ao Ibiza.[7] No club balear xogou un total de 28 partidos, todos como titular, e disputou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda.
Despois duns meses sen equipo, en decembro de 2024 asinou como novo xogador do Albacete, da Segunda División.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Victoria del Recreativo Granada ante el Recreativo (1-2)". Sport (en castelán). 3 de novembro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2023.
- ↑ "El Granada necesita una prórroga para ganar a L’Hospitalet". As (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2023.
- ↑ "El covid se lo puso demasiado fácil a la Real Sociedad". Marca (en castelán). 8 de novembro de 2020. Consultado o 28 de xaneiro de 2023.
- ↑ G. Gil, Aimara (5 de novembro de 2020). "El Granada se sobrepone al COVID-19 y es más líder". As (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Pepe Sánchez, novo xogador do Dépor 22-23". 27 de xaneiro de 2023. Consultado o 28 de xaneiro de 2023.
- ↑ Zautúa, Israel (24 de xuño de 2023). "Análisis de la plantilla: 5. Retuerta y Pepe Sánchez, uno ni debutó y el otro tuvo un rol muy secundario". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ "Comunicado Oficial. Pepe Sánchez" (en castelán). 26 de xullo de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ "El exdeportivista Pepe Sánchez ficha por el Albacete". DxT Campeón (en castelán). 4 de decembro de 2024. Consultado o 1 de xaneiro de 2025.