Períodos na historia da arte occidental
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Esta é unha lista cronolóxica de períodos da historia da arte occidental. Un período artístico é unha fase no desenvolvemento do traballo dun artista, grupos de artistas ou movemento artístico.
Os límites espaciais, cronolóxicos e artísticos seguen un criterio que poden cambiar. Por exemplo pode incluír ou non arte clásica antiga como a arte greco-budista da rexión de Gandhara, sendo unha arte de influencia e estilo grego que se desenvolveu en Asia Central por cerca de 1000 anos tras as conquistas de Alexandre o Magno, e de xeito similar inclúe a arte hispanomusulmá que se desenvolveu en Asia e en Al-Andalus, Europa, con formas artísticas similares. Ou incluír os distintos períodos da arte grega clásica, xa que presenta características moi distintas a arte do período xeométrico ou do orientalizante e a do período helenístico. Ademais exclúese a arte fenicia ou exipcia desa época, a pesar de estaren intimamente ligadas á do Leste e Sueste europeos.
Tamén se poderían incluír subdivisións territoriais xa que tiveron características particulares de períodos coma o Románico (desde o prerrománico provenzal ao románico auvernés ou románico galego, portugués e castelán, ou castelán-leonés). Hai quen considera que a arte do "renacemento do século XII" ou a do románico galego do mestre Mateu xa non é románico. Do mesmo xeito, Barroco é un período ben definido da arte occidental, pero con características moi distintas no barroco galego compostelán e no clasicismo barroco de Inglaterra ou no barroco siciliano, ademais de que ser un termo que tanto denomina ese período como, a posteriori, se converteu nun adxectivo, pois «barroco» para moitos críticos e historiadores designa unha fase recorrente de todos os estilos artísticos, que suceden á fase clásica; así, a arte helenística, do tempo do Laocoonte e os seus fillos, sería a «fase barroca» da arte grega.
O feito de incluír movementos pequenos relativamente recentes é difícil de valorar, xa que podemos estar a sobrevalorar algúns grupos e a súa influencia polo feito de estaren lonxe do noso ámbito, ou infravalorar outros movementos por ser moi locais; por exemplo, o movemento de Estampa Popular Galega tivo importancia no ámbito galego do gravado, pero houbo outros vinculados e co mesmo nome en diversas rexións de España, e outros similares en Portugal, en México etc.
Na arte da Fotografía tamén se poderían subdividir moitos períodos e estilos, incluír parte deles noutros (por exemplo a fotografía surrealista) ou ter en conta as interseccións con outras artes (pintura, cinema etc.)
Arte Clásica antiga
[editar | editar a fonte]Arte medieval
[editar | editar a fonte]- Temperán cristián 260–525
- Período de migración 300–900
- Anglosaxón 400–1066
- Visigótico 415–711
- Prerrománico 500–1000
- Insular 600–1200
- Viquingo 700–1100
- Hispanomusulmá
- Bizantino
- Merovinxio
- Carolinxio
- Ottonián
- Románico1000–1200
- Normando-Siciliano 1100–1200
- Gótico 1100–1400 (gótico internacional)
Renacemento
[editar | editar a fonte]Renacemento c. 1300 – c. 1602, empezou en Florencia
- Renacemento italiano - finais do século XIII - c. 1600 - finais do século XV - finais do século XVI
- Clasicismo renacentista
- Pintura flamenga primitiva - 1400 - 1500
- Escola de Creta - arte post-bizantina ou renacemento cretense 1400-1500
Do Renacemento ao Neoclasicismo
[editar | editar a fonte]- Manierismo e Renacemento tardío - 1520 - 1600, comezou no centro da Península Itálica
- Barroco - 1600 - 1730, comezou en Roma
- Pintura neerlandesa do Século de Ouro - 1585 - 1702
- Caravaggistas - 1590-1650 Rococó - 1720 - 1780, comezou en Francia
- Neoclasicismo - 1750 - 1830, comezou en Roma
- Escola cretense tardía - Renacemento cretense 1500-1700
- A escola heptanesa 1650-1830 comezou nas Illas Xónicas
Romanticismo
[editar | editar a fonte]Romanticismo −1780 – 1850
- Movemento nazareno - c. 1820 - finais da década de 1840
- Os Antigos (Ancients)- 1820 - 1840
- Purismo - c. 1820-1860
- Escola de Düsseldorf - mediados dos anos 1820-1860
- Escola do río Hudson - década de 1850 - c. 1880
- Luminismo (estilo artístico americano) - 1850-1870
- A arte grega moderna de 1830 a 1930 comezou na Grecia moderna
Romanticismo a arte moderna
[editar | editar a fonte]- Escola de Norwich – 1803 – 1833, Inglaterra
- Biedermeier – 1815 – 1848, Alemaña
- Fotografía – Desde 1826
- Realismo – 1830 – 1870, empezou en Francia
- Escola Barbizon– 1830 – 1870, Francia
- Peredvizhniki – 1870 – 1890, Rusia
- Abramtsevo Colonia 1870s, Rusia Escola Den Hague – 1870 – 1900, Países Baixos
- Escola American Barbizon 1850-1890s – Estados Unidos
- Eclecticismo español – 1845 – 1890, España
- Macchiaioli – 1850s, Toscana, Italia
- Fraternidade Prerrafaelista – 1848 – 1854, Inglaterra
Arte moderna
[editar | editar a fonte]Arte moderna – 1860 – 1945
Nota: os países listados son aqueles nos que comezaron os movementos ou grupo. A maioría dos movementos de arte moderna tiñan un alcance internacional.
- Impresionismo - 1860 - 1890, Francia
- Impresionismo americano 1880, Estados Unidos Cos Cob Art Colony 1890, Estados Unidos
- Escola de Heidelberg a finais da década de 1880, Australia Luminismo (Impresionismo)
- Movemento Arts and Crafts - 1880 - 1910, Reino Unido
- Movemento Mingei - Xapón
- Tonalismo - 1880 - 1920, Estados Unidos
- Simbolismo (artes) - 1880 - 1910, Francia / Bélxica
- Simbolismo ruso 1884 - c. 1910, Rusia
- Movemento estético 1868 - 1901, Reino Unido
- Postimpresionismo - 1886 - 1905, Francia
- Les Nabis 1888-1900, Francia
- Cloisonnismo c. 1885, Francia
- Sintetismo finais da década de 1880 - principios da década de 1890, Francia
- Neoimpresionismo 1886 - 1906, Francia
- Puntillismo 1879, Francia
- Divisionismo anos 1880, Francia
- Art Nouveau - 1890 - 1914, Francia
- Vienna Secession (ou Secessionstil) 1897, Austria
- Mir iskusstva 1899, Rusia
- Jugendstil Alemaña, Escandinavia
- Noucentisme - 1906 - 1926, Cataluña
- Modernismo - 1890 a 1910, Cataluña, España
- Vangarda rusa - 1890 - 1930, Rusia / Unión Soviética
- Art à la Rue 1890s - 1905, Bélxica / Francia
- Moza Polonia 1890 - 1918, Polonia
- Hagenbund 1900 - 1930, Austria
- Fauvismo - 1904 - 1909, Francia
- Expresionismo - 1905 - 1930, Alemaña
- Die Brücke 1905 - 1913, Alemaña
- Der Blaue Reiter 1911, Alemaña
- Expresionismo flamengo 1911-1940, Bélxica
- Bloomsbury Group - 1905 - c. 1945, Inglaterra
- Cubismo - 1907 - 1914, Francia
- Jack of Diamonds 1909 - 1917, Rusia
- Orfismo - 1912, Francia
- Purismo - 1918 - 1926, Francia
- Ashcan School 1907, Estados Unidos
- Art Deco - 1909 - 1939, Francia
- Futurismo (arte) - 1910 - 1930, Italia
- Futurismo ruso 1912-1920, Rusia
- Cubo-Futurismo 1912 - 1915, Rusia
- Raionismo 1911, Rusia
- Synchromism 1912, Estados Unidos
- Floración Universal 1913, Rusia
- Vorticismo 1914 - 1920, Reino Unido
- Biomorfismo 1915 - 1940
- Suprematismo 1915 - 1925, Rusia
- UNOVIS 1919 - 1922, Rusia
- Dada - 1916 - 1930, Suíza
- Proletkult 1917 - 1925, Rusia
- Productixismo despois de 1917, Rusia
- De Stijl (Neoplasticismo) 1917 - 1931, Países Baixos (Utrecht)
- Pittura Metafisica 1917, Italia
- Arbeitsrat für Kunst 1918 - 1921
- Bauhaus - 1919 - 1933, Alemaña
- Outros grupos de artistas en 1919, Estados Unidos
- Constructivismo 1920, Rusia / Unión Soviética
- Vkhutemas 1920 - 1926, Rusia
- Precisionismo c. 1920, Estados Unidos
- Surrealismo Desde 1920, Francia
- Acéphale Francia
- Letrismo 1942 -
- Les Automatistes 1946 - 1951, Quebec, Canadá
- Devetsil 1920 - 1931
- Grupo dos Sete 1920 - 1933, Canadá
- Renacemento de Harlem 1920 - 1930, Estados Unidos
- American scene painting (Pintura de escena americana) c. 1920 - 1945, Estados Unidos
- Nova obxectividade (Neue Sachlichkeit) anos 1920, Alemaña
- Grupo Montparnasse 1922, Francia
- Os Renovadores 1925 - 1936 -, Galicia
- Northwest School 1930-1940, Estados Unidos
- Realismo social, 1929, internacional
- Realismo socialista - c. 1920 - 1960, comezou na Unión Soviética
- Escola de Pintura de Leningrado 1930-1950, Unión Soviética
- Socrealismo, 1949–1955, Polonia
- Abstraction-Création 1931 - 1936, Francia
- Allianz (artes) 1937 - 1950, Suíza
- Expresionismo abstracto - 1940, Post WWII, Estados Unidos
- Action Painting (Pintura de acción) Estados Unidos
- Color field painting (Pintura de campo a cor)
- Abstracción lírica
- Informalismo, Centro-Sur de Europa
- Dau al Set, Cataluña, España
- Grupo El Paso, Madrid, España
- COBRA (movemento de vangarda) 1946 - 1952, Dinamarca / Bélxica / Holanda
- Tachismo (Tachisme) finais dos anos 40 - mediados dos 50, Francia
- Imaxistas abstractos Estados Unidos
- Art informel mediados dos anos 40 - 50
- Outsider art (Art brut) mediados dos anos 40, Reino Unido / Estados Unidos
Arte contemporánea
[editar | editar a fonte]Arte contemporánea – 1946–presente
Nota: hai solapamento co que se considera "arte contemporánea" e "arte moderna", aínda que, coma outros termos artísticos son polisémicos.
- Arte grega contemporánea -1945 Grecia
- Escola de realismo fantástico de Viena - 1946, Austria
- Neo-Dada 1950, internacional
- Estilo tipográfico internacional 1950, Suíza
- Arte inconformista soviética 1953 - 1986, Unión Soviética
- Painters Eleven 1954–1960, Canadá
- Pop Art mediados dos anos cincuenta, Reino Unido / Estados Unidos
- Grupo El Paso 1957 - 1960, Madrid, España
- Woodlands School 1958–1962, Canadá
- Situacionismo 1957 - principios dos anos 70, Italia
- Novo realismo 1960 -
- Realismo máxico anos 60, Alemaña
- Minimalismo - 1960 -
- Pintura de punta - principios dos anos 60, Estados Unidos
- Fluxus - principios dos anos sesenta - finais dos setenta
- Happening - principios de 1960 -
- Video arte - principios de 1960 -
- Arte psicodélica a principios dos anos sesenta -
- Arte conceptual - 1960 -
- Graffiti 1960-
- Arte lixo 1960 -
- Arte de performance - 1960 -
- Op Art 1964 -
- Abstracción post-pictórica 1964 -
- Abstracción lírica mediados dos anos sesenta -
- Proceso de arte mediados dos anos sesenta - setenta
- Arte Povera 1967 -
- Art and Language 1968, Reino Unido
- Fotorrealismo - Finais dos anos 60 - principios dos 70
- Land art - finais dos anos sesenta - comezos dos setenta
- Post-minimalismo finais dos anos sesenta - setenta
- Arte posmoderna 1970 - actualidade
- Deconstructivismo
- Metarrealismo - 1970 -1980, Unión Soviética
- Sots Art 1972 - 1990, Unión Soviética / Rusia
- Instalación artística - 1970 -
- Mail art - anos 70 -
- Maximalismo dos anos 70 -
- Neoexpresionismo finais dos anos setenta -
- Neoísmo 1979
- Figuración Libre a principios dos anos oitenta
- Street Art (Arte de rúa) a principios dos anos oitenta
- Novos artistas británicos 1988 -
- Arte dixital 1990 - actualidade
- Pixel art 1990 - actualidade
- Toyismo 1992 - actualidade
- Arte transgresora
- Masurrealismo 1992 -
- Stuckism 1999 -
- Remodernismo 1999 -