Saltar ao contido

Perdiz mourisca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alectoris barbara

A perdiz mourisca[2] (Alectoris barbara) é unha ave da familia dos faisánidos (Phasianidae), autóctona do norte de África.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Están moi emparentadas coa perdiz (Alectoris rufa), da que as diferencian o deseño da cabeza e da gorxa Teñen aspecto gordecho e arredondado e miden entre 33 e 36 cm. de lonxitude. A parte superior do corpo é castaña agrisada, o peito gris e o ventre da cor do ante. A cara é gris clara e teñen unha zona ampla de cor castaña avermellada na zona do colo. Os flancos son brancos con vetas castañas avermelladas.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

É unha perdiz nativa do norte de África e, segundo algunhas opinións,[3] de Xibraltar e as illas Canarias, aínda que a súa presenza nestas últimas rexións é se cadra máis axiña consecuencia de introducións antigas. No norte de África espállanse dende a beira norte do Sáhara ata o noroeste de Exipto e Marrocos. Nas Canarias (Sb. Alectoris barbara koenigi [4]viven en Fuerteventura Tenerife, Lanzarote e a illa da Gomera. Foi introducida en Portugal e Madeira, aínda que non hai rexistros recentes da súa presenza nesta illa. Dentro deste ámbito de distribución distínguense catro subespecies.

Son aves de terras secas e abertas, a miúdo en zonas de outeiros, pero a súa capacidade de adaptación permítelles vivir en terras de cultivo, estepas de euforbiáceas, bosques de eucaliptos e en montañas ata ó límite das neves..

Bioloxía e costumes

[editar | editar a fonte]

Aliméntanse de sementes e algúns insectos. Fan o niño nunha depresión do chan. Poñen entre 10 e 14 ovos con pencas castañas avermelladas. O período de incubación é duns 25 días. Os polos adoitan ficar cabo dos pais ata que comeza a seguinte época reprodutora.

  1. BirdLife International (2012). "Alectoris barbara". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 2013/11/26. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07. 
  3. "The Gibraltar Bird List: Bird species observed in or from the territory of Gibraltar". Gibraltar Ornithological & Natural History Society. Consultado o 2007-07-24. 
  4. Martín Gómez, Pedro; Cardona Sosa, Antonio. Aves de las zonas bajas. mdc.ulpgc.es (Cabildo Insular de Fuerteventura). p. 55. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2019. Consultado o 2019-07-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Heinz-Sigurd Raethel; Wachteln, Rebühner, Steinhühner, Frankoline und Verwandte, Verlagshaus Reutlingen, Reutlingen 1996, ISBN 3-88627-155-2

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]