Pereira, Corvelle, Bande
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Pereira | |
---|---|
Parroquia | Corvelle |
Concello | Bande |
Coordenadas | 42°02′21″N 8°00′28″O / 42.039157389063, -8.0077238327794 |
Poboación | 61 hab. (2011) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pereira á unha aldea da parroquia de Santa María de Corvelle, no concello de Bande. Tiña 61 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 30 eran homes e 31 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 67 habitantes (55 homes e 49 mulleres). Acadou os preto de 500 habitantes na súa etapa de maior poboación[cando?]. Está formada polos barrios da Touza, O Curro, A Carreira, A Cutiñeira e A Calzada ou Carballo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Atópase dentro do parque natural da Baixa Limia - Serra do Xurés, que ademais está declarado reserva da biosfera pola UNESCO. É unha aldea apiñada e de camiños estreitos na súa gran maioría, con abundancia de fontes nacidas nos mananciais próximos á localidade. Está enclavada no val da serra do Laboreiro con clima suavizado lixeiramente e terras fértiles. A altitude sobre o nivel do mar é de 800 m mais as cotas máximas superan os 1100 m de altutude na confluencia cos montes en man común da Fraga e Corvelle na Pena das Cruces ou Forno do Mión.
Relixión
[editar | editar a fonte]En canto á demarcación territorial relixiosa, atópase incluída na parroquia de Santa María, que está formada tamén pola aldea próxima de Corvelle. A patroa de Pereira é Santa María Magdalena, da que se celebra a festa na primeira semana de agosto. Ademais ten santa Bárbara e santo Antón como patróns.
Até o século XIX contou cunha cofraría da Madanela e até o ano 1892 Pereira formaba parte da parroquia de san Pedro de Bande. Ademais en tempos antigos Pereira foi tamén importante por pardieiros asentadas na zona de Casa de Frades e Cacheverga que dependeron do mosteiro de Celanova e cuxa relación coa aldea lindeira de Seoane foi moi importante tamén polo priorato que alí houbo até o século XV, cando este centro de relixiosidade foi trasladado a Bande, onde xa existía un templo primitivo.
Arredor da capela da Madanela en Pereira foron soterradas persoas e no adro existiron dous carballos seculares, talados na década de 1920.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Sobresaen numerosos conxuntos tumularios no monte comunal de Pereira, como poden ser os da Chan, Fonte da Ra ou Pedrouces, así como o restos de orixe romana de Cachiverga e casa de Frades.
Destaca o retablo da capela de Santa María Magdalena de Pereira, así coma tamén o cruceiro de Santa María e a igrexa, a 1,5 km de Pereira en dirección a Corvelle.
Ademais destacan as súas tradicións e festas, así como a cantidade de muíños polas beiras do río Cadós, fervenzas, pozas e praias entre fragas de vexetación autóctona.
Ten conxuntos importantes de casas de patín de planta circular, antigamente todas de teito de colmo, destacables canastros ou espigueiros, bolos en paramentos e muros de vivendas. Tamén o patrimonio natural e a fauna son de valor salientable, en concreto destaca un conxunto de picaloureiros único na comarca.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Corvelle
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Corvelle no concello de Bande na Provincia de Ourense | |
---|---|
Parroquias de Bande
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2012.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - Bande – Corvelle" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 3 de decembro de 2012.