Saltar ao contido

Peristeri B.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Peristeri BC»)
Peristeri B.C.
Información xeral
Nome Gymnastikos Syllogos Peristeriou KAE
Liga A1 Ethniki
Alcume As pombas
Fundación 22 de outubro de 1971
Cores           Azul, amarelo
Presidente Grecia George Pantazopoulos
Adestrador Grecia Vassilis Spanoulis
Localización
Cidade Grecia Atenas, Grecia
Pavillón Peristeri Indoor Hall
Capacidade 4.000
Inauguración 1989

O Peristeri GS BC ou KAE Gymnastikos Syllogos Peristeriou (en grego Γ.Σ. Περιστερίου) é un club de baloncesto grego fundado o 22 de outubro de 1971 con sede na cidade de Peristeri, Grecia. O equipo xoga na A1 Ethniki, máxima categoría do baloncesto grego.

En 1983, o Peristeri acadou a primeira posición da Segunda División do baloncesto grego, a A2 Ethniki. En 1989 gaña novamente a Segunda División, ascendendo á A1 Ethniki. Na tempada 1989-90, o Peristeri competiu por primeira vez na máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki.

Nos seguintes anos converteuse nun equipo competitivo e acadou moitos éxitos. Durante este tempo, o Peristeri xogou en sete ocasións a Copa Korać (nos anos 1992, 1993, 1994, 1995, 1997, 1998 e 2000). Xogadores ben coñecidos coma Marko Jaric, Milan Gurović, Aggelos Koronios, Michalis Pelekanos, Kostas Tsartsaris, e Alphonso Ford xogaron no club nesa etapa.

En 2001, o Peristeri rematou na segunda posición a Greek League na liga regular. O club competiu na Euroliga na tempada 2000-01 e na 2001-02. En 2003, Peristeri xogou a Eurocopa do Desafío. En 2004, o club xogou a EuroCup. En 2004 o equipo descendeu á Segunda División debido a problemas financeiros, volvendo á máxima competición de Grecia en 2009, tras proclamarse campión da A2 Ethniki.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]