Saltar ao contido

Pierre Malotaux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPierre Malotaux

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de abril de 1923 Editar o valor em Wikidata
Delft, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Morte14 de febreiro de 2016 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Delft Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónorganisational theorist (en) Traducir , enxeñeiro , profesor universitario , Enxeñeiro de aviación Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Técnica de Delft, Dutch ordinary professor (en) Traducir (1968–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoWim Monhemius (en) Traducir e Jan Willem Koolhaas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiRobert N.M.A. Malotaux (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Pierre Charles-André Malotaux, nado o 28 de abril de 1923 na cidade surholandesa de Delft e finado o 14 de febreiro de 2016 en De Bilt, na provincia de Utrecht, foi un teórico da administración e da organización neerlandés, asesor empresarial e profesor de Administración de Empresas na Universidade de Tecnoloxía de Delft.

Malotaux é coñecido por desenvolver, xunto co seu colega da TU Delft o enxeñeiro aeroespacial Jan in 't Veld, unha teoría de sistemas específica para problemas organizativos, chamada Delft Systems Approach ("Teoría de Sistemas de Delft").[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e educación[editar | editar a fonte]

Malotaux é fillo de Robert Nicolas Marc August Malotaux (1898-1984) e Alice Cesarine Michiels (1897-1975), con antecedentes pola vía paterna na vila de Valenciennes, na rexión gala da Alta Francia.

Acabou os seus estudos secundarios en 1940 e ese mesmo ano, comezou os seus estudos de Enxeñaría aeroespacial na Universidade de Tecnoloxía de Delft, onde, coa interrupción motivada pola segunda guerra mundial, non chegou a acadar a súa graduación ata 1951.

Madureza e carreira profesional[editar | editar a fonte]

Logo da súa graduación, comezou a traballar no departamento psicotécnico da empresa de produción de aceiro Koninklijke Hoogovensen. Desde 1953 a 1959 foi asesor nunha axencia de consultoría de negocios e en 1959 estableceuse como asesor empresarial independente e participou no grupo de traballo sobre administración de empresas no Koninklijk Instituut van Ingenieurs ("Real Instituto de Enxeñeiros").[2]

En 1968 tomou posesión como o sexto profesor titular de Administración de Empresas na Universidade de Tecnoloxía de Delft, logo da creación desa materia en 1909. No entanto, non foi el só quen sucedeu o seu antecesor no posto, Jacob Louis Mey, senón que xunto a Malotaux constituíuse un equipo con outros dous profesores: o enxeñeiro Jan in 't Veld e o matemático Henk Lombaers. Dentro do departamento, Malotaux pasou a centrarse nos aspectos xerais de teoría empresarial, In 't Veld na organización industrial e Lombaerts na investigación operativa.[3]

En cooperación con Jan in 't Veld e outros moitos enxeñeiros e científicos sociais, Malotaux desenvolveu unha teoría de sistemas específica para problemas organizativos, que se deu en chamar Delft Systems Approach ("Teoría de Sistemas de Delft").[4] Na década de 1980, Malotaux foi un impulsor dunha rede nacional de confiabilidade, xestión do mantemento e empresa de tecnoloxía do mantemento.[5] En 1994 foi sucedido por Jan Willem Koolhaas no equipo da TU Delft, quen ocupou o seu posto ata 1998.[6]

En 2004 Malotaux recibiu unha condecoración real nos Países Baixos ao recibir o título de cabaleiro da Orde de Orange-Nassau.[7] No mesmo ano, xunto con Jan in 't Veld, foi nomeado honorable membro do Real Instituto de Enxeñeiros (Koninklijk Instituut van Ingenieurs - KIVI).

Malotaux dirixiu as teses de doutoramento dos investigadores Jan Willem Koolhaas (1980), Eduard Rudolf Muhring (1987), Willem Gerrit Monhemius (1990) e Riek Boswijk (1992).

Publicacións salientables[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Veeke, H.; Ottjes, J. The Delft Systems Approach: Analysis and Design of Industrial Systems. Springer, 2008. Páxina viii [ISBN 978-1848001763] (en inglés)
  2. Malotaux, P.; Schaafsma, A.; Van der Touw, A. (1998). Páxina 147.
  3. Malotaux, P.; Lombaers, H.; In 't Veld, J. (1969).
  4. Dekkers, R. (R)Evolution: Organizations and the Dynamics of the Environment. [ISBN 978-0387261256] Springer, 2005. Páxinas 429-434 (en inglés)
  5. Kooijman, D.; Swets, H.; Priemus, H. Programmering onderzoek technisch beheer vastgoed. Delftse Universitaire Pers, 1990. Páxina 34. [ISBN 90-6275-639-5] (en neerlandés)
  6. Jongeneel, Ch. "Koolhaas begint een hotel". En Delta, 17-12-1998 (en neerlandés)
  7. "Lintjesregen daalt neer: een overzicht. Ridder in de Orde van Oranje-Nassau". En RTV Utrecht. 29 de abril de 2004 (en neerlandés)