Pilar Barreiro Álvarez
Nome orixinal | (es) Pilar Barreiro |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de novembro de 1955 (69 anos) Lugo, España |
Senadora de España | |
30 de decembro de 2015 – 2 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Murcia (en) Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Deputada de España | |
13 de decembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Murcia Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Deputada de España | |
1 de abril de 2008 – 27 de setembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Murcia Electa en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Alcaldesa de Cartaxena | |
17 de xuño de 1995 – 30 de maio de 2015 ← José Antonio Alonso Conesa – José López Martínez → | |
Deputy in the Regional Assembly of Murcia (en) | |
14 de xuño de 1991 – 1995 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Popular |
Pilar Barreiro Álvarez, nada en Lugo o 24 de novembro de 1955, é unha política galega radicada na Rexión de Murcia. É alcaldesa de Cartagena desde o 17 de xuño de 1995 e deputada no Congreso desde marzo de 2008 polo Partido Popular. Ten dous fillos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito no ICADE. Pertence ao Colexio de Avogados de Cartagena desde 1981, e en 1983 desempeñou a función de xuíz substituta de distrito. En 1986 iniciou a súa actividade docente na Escola de Estudos Empresariais da Escola Universitaria de Graduados Sociais de Cartagena. Na actualidade imparte clases na UNED.
En 1987 ingresou en Alianza Popular, e tres anos despois pasou a formar parte dos comités executivos local e rexional. Entre 1991 e 1995 foi deputada na Asemblea Rexional de Murcia pola circunscrición de Cartagena, sendo portavoz adxunta do seu grupo parlamentario. O 17 de xuño de 1995 converteuse na primeira alcaldesa de Cartagena, ao obter o PP 15 das 27 concellerías da corporación. Revalidou a maioría absoluta en 1999, 2003 e 2007. Nas eleccións xerais do 9 de marzo de 2008 foi elixida deputada para o Congreso.
En 2004 foi pregoeira das festas de Cartagineses e Romanos[1].
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Pilar Barreiro no Congreso dos Deputados Arquivado 15 de agosto de 2017 en Wayback Machine. (en castelán).
Predecesor: José Antonio Alonso Conesa |
Alcaldía de Cartagena 1995–2015 |
Sucesor: José López Martínez |