Pilro de Bering
Calidris tenuirostris | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
En plumaxe non reprodutora | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
O pilro de Bering (Calidris tenuirostris) é unha especie de ave limícola, a máis grande das especies do xénero dos pilros, Calidris.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero procede do grego kalidris ou skalidris, termo usado por Aristóteles para referirse a unha ave costeira de cor gris. O nome específico tenuirostris vén do latín e significa 'de peteiro delgado'.[2]
Distribución
[editar | editar a fonte]O seu hábitat de reprodución é a tundra do noroeste de Siberia. Aniñan no chan e poñen uns catro ovos nunha depresión que fan no chan. Son fortemente migratorios e pasan o inverno nas costas do sur de Asia ata Australia. Esta especie forma enormes bandadas en inverno. A especie foi rexistrada en pequeno número no oeste de Alasca a maioría dos anos e aparece como ave errante na Columbia Británica, Oregón, Virxinia Occidental e Maine.
Descrición
[editar | editar a fonte]A especie ten patas curtas e escuras e un peteiro escuro, delgado e de mediana lonxitude. Os adultos reprodutores teñen partes superiores grises con manchas, con algunhas plumas marróns avermelladas. A face, pescozo e peito teñen moitas manchas negras, e teñen tamén algunhas liñas na parte de atrás do ventre. En inverno a plumaxe faise uniformemente gris clara por arriba.
Esta ave está estreitamente relacionada co máis estendido pilro gordo (Calidris canutus). En plumaxe reprodutor, este último ten unha cara, pescozo e peito vermellos distintivos. Noutras plumaxes, o pilro de Bering pode identificarse polo seu maior tamaño, peteiro máis longo, peito máis ancho, e partes superiores con máis liñas.
Comen en chairas lamacentas e praias, sondando ou peteirando para buscar comida utilizando a vista. Comen principalmente moluscos e insectos.
A IUCN considéraa unha especie ameazada.[1] É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-eurosiáticas (AEWA).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Calidris tenuirostris". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2015. Consultado o 26 de novembro de 2015.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 84, 381. ISBN 978-1-4081-2501-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pilro de Bering |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pilro de Bering |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Oiseaux Photos