Pilro de bico groso
Pilro de bico groso | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Limicola falcinellus |
O pilro de bico groso[2] (Calidris falcinellus ou Limicola falcinellus) é unha pequena ave limícola. O nome científico específico falcinellus procede do latín falx, falcis, 'fouce'.[3] A especie tamén foi clasificada como Limicola falcinellus, sendo a única especie dese xénero, pero pode encadrarse tamén en Calidris. Algunhas investigacións mesmo suxiren que debería clasificarse no xénero Philomachus.[4]
Descrición
[editar | editar a fonte]Os pilros de bico groso son pequenas aves limícolas, lixeiramente maiores que o pilro común (Calidris alpina), pero cun bico máis recto e máis longo e patas máis curtas. O adulto reprodutor ten partes superiores cun padrón gris escuro e partes inferiores brancas con marcas anegradas no peito. Ten unha banda clara na parte superior da cabeza e no supercilio.
No inverno boreal, son grises claros por arriba e brancos por debaixo, como un pilro común en inverno, pero manteñen o padrón da cabeza do resto do ano. Os xuvenís teñen dorsos similares aos do pliro común pero son distintivos os flancos e ventre brancos e o peito con liñas marróns.
A chamada de contacto é un seco asubío que soa como “dri-it, dri-it” e un chasquido como un “dic dic”.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]O pilro de bico groso é unha ave fortemente migratoria, que pasa a estación non reprodutora na zona que vai desde o leste de África, pasa polo sur e sueste de Asia e chega a Australasia. É moi gregario e forma bandadas con outros pilros, especialmente co pilro común. Malia que a súa área reprodutora abrangue parte do norte de Europa, esta especie é rara cando vai de paso en Europa occidental, probablemente debido a que ten unha ruta de migración en dirección sueste.
O hábitat reprodutor desta ave son os pantanos da taiga húmida árticos do norte de Europa e Siberia. O macho realiza un cortexo aéreo. Aniñan nunha depresión escarvada no chan, onde poñen catro ovos.
Aliméntanse nas marismas e chairas de barro brando da costa, principalmente peteirando a comida que ven. Principalmente comen insectos e outros pequenos invertebrados.
É unha das especies ás cales se lle aplica o Acordo para a conxervación de aves acuáticas migratorias africano-eurasiáticas (AEWA).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Calidris falcinellus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 157, 227. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Thomas, Gavin H.; Wills, Matthew A.; Székely, Tamás (2004). "A supertree approach to shorebird phylogeny". BMC Evolutionary Biology 4: 28. PMC 515296. PMID 15329156. doi:10.1186/1471-2148-4-28. Supplementary Material Arquivado 02 de agosto de 2013 en Archive.is
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilro de bico groso |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pilro de bico groso |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Folla de datos de BirdLife species para Limicola falcinellus
- Vídeos, fotos, e sons de Pilro de bico groso na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Pilro de bico groso en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Limicola falcinellus en IUCN Red List maps
- Limicola-falcinellus - Gravacións de sons de Broad-billed sandpiper en Xeno-canto.