Saltar ao contido

Pireneos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pireneo»)
Modelo:Xeografía físicaPireneos
Imaxe
Tipocordilleira Editar o valor en Wikidata
EpónimoPyrene (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte decinturón alpino Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAquitania-Lemosín-Poitou-Charentes, Francia, Occitania, Francia, País Vasco, España, Aragón, España, Navarra, España e Cataluña, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSudoeste Europeu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°40′N 1°00′L / 42.67, 1
Comparte fronteira conVal do Ebro, sur
Aquitaine Basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conéctase conPenínsula Ibérica Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude3.404 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións491 (lonxitude) km
Punto máis altoPico Aneto Editar o valor en Wikidata  (3.404 m Editar o valor en Wikidata )
AtravesaEspaña, Francia e Andorra Editar o valor en Wikidata
Material usadoRocha metamórfica Editar o valor en Wikidata
Superficie19.000 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Período de tempoEoceno, Paleozoico e Mesozoico Editar o valor en Wikidata

Os Pireneos[1][2] (en aragonés: Pireneus, en castelán: Pirineos, en catalán: Pirineus, en éuscaro: Pirinioak, en francés: Pyrénées, en occitano: Pirenèus) ou o Pireneo constitúen unha cordilleira no suroeste da Europa que forma unha fronteira natural entre a Península Ibérica e Francia, e esténdense entre o mar Cantábrico (golfo de Biscaia) e o mar Mediterráneo (cabo de Creus) durante aproximadamente 415 km. Na súa parte central chega a ter uns 150 km de largo.

Na súa maior parte, a súa crista principal forma a fronteira franco-española, co principado de Andorra entre os seus dous grandes veciños. A principal excepción a esa regra constitúea o Val de Arán, que pertence a España mais se localiza na cara norte da cordilleira. Outra anomalía orográfica inclúe a catarata de Cerdanya e o enclave español de Llívia.

A súa orixe está no pregamento alpino. Os materiais predominantes son calcarias, cuarcitas e lousas. O seu relevo é máis abrupto na parte central, con altitudes máximas de 3.356 m no Monte Perdido e 3.404 m no Aneto.

Formación

[editar | editar a fonte]

Está formada a partir de sedimentos costeiros as eras Paleozoica e Mesozoica, coa colisión das placas ibérica e eurasiática hai entre uns 100 e 150 millóns de anos, seguida de intensa erosión de xeo e auga.[3]

Os montes dos Pireneos que superan os 3.200 metros de altitude, ordenados segundo altitude, recóllense na seguinte táboa.

Principais montañas dos Pireneos
Nome Cordilleira Altitude (msnm)
01 Pico Aneto Macizo da Maladeta 3.404
02 Punta de Llardana Macizo de Posets 3.375
03 Monte Perdido Macizo do Monte Perdido 3.355
04 Pico Maldito Macizo da Maladeta 3.350
05 Pico Espadas Macizo de Posets 3.332
06 Cilindro de Marboré Macizo do Monte Perdido 3.328
07 Pico da Maladeta Macizo da Maladeta 3.309
08 Viñamala 3.298
09 Pico Tempestades Macizo da Maladeta 3.290
10 Soum de Ramond Macizo do Monte Perdido 3.259
11 Marboré Macizo do Monte Perdido 3.252
12 Margalida 3.241
13 Perdiguero 3.222
14 Pico Russell Macizo da Maladeta 3.205
Fonte: Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional (España)

Réxime pluvial

[editar | editar a fonte]

Os Pireneos Occidentais reciben máis precipitación que os orientais, ó chegar a masas nubosas dende o océano Atlántico e atoparse primeiro as alturas occidentais.[3]

Glaciares

[editar | editar a fonte]

Debido a que a glaciación da Era cuaternaria afectou aos Pireneos de modo máis decisivo que ás outras cordilleiras españolas, existen pegadas de modelaxe glaciar desde o Canigó ata o pico de Adi. A maioría dos actuais lagos son de orixe glaciar. Hoxe en día os Pireneos só posúen glaciares de circo ou con pequenas linguas por encima dos 2.700 metros: Aneto, Balaitus, Viñamala, Monte Perdido e Maladeta no lado español e Ossue ou Troumouse no lado francés.

Nesta cordilleira nacen importantes ríos:

A inclinación das cuncas dá lugar a algunhas das fervenzas máis altas de Europa, como a Fervenza de Gavarnie, que con 422 m de desnivel é a máis alta de Francia.

Estacións de esquí

[editar | editar a fonte]
Pistas da estación de esquí de Candanchú.
Circo de Gavarnie, no Pireneo Francés.

Conta esta cordilleira con grandes espazos acondicionados para o lecer, ao ofrecer grandes posibilidades polo seu clima. As instalacións para a práctica do esquí son as que precisan dun espazo máis extenso e modificaron profundamente o uso do solo na alta montaña. A continuación móstranse as estacións de esquí que existen nos Pireneos.

Na parte española:

Candanchú, Astún, Formigal, Panticosa-Los Lagos, Cerler, Boí Taüll, Baqueira Beret, Port Ainé, Port del Comte, Espot Esquí, Tavascan, La Molina, Masella, Port del Comte, Vall de Núria, Vallter, Rasos de Peguera.

En Andorra:

Ordino Arcalis, Pal Arinsal, Pas de la Casa-Grau Roig, Soldeu el Tarter, La Rabassa.

Na parte francesa:

La Pierre-st Martín, Artouste, Gourette, Luz Ardiden, Cauterets, Hautacam, Bareges, Gavarnie-Gèdre, La Mongie, Piau Engaly, Saint Lary, Val Louron, Peyragudes, Luchon Superbagneres, Porte Puimorens, Ax-les-Thermes, Font-Romeu, Les Angles, Puyvalador, Formigueres, Puigmal, Cambré d´Aze, Guzet, Les Mont d´Olmes, Ascou-Pailheres, Mijanes-Donezan.

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]
Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido.
Quebraosos.
Os Encantados, dous picos emblemáticos do Pireneo Catalán, e o estanque San Mauricio.

O macizo acolle o Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido e o Parque Natural de Potsets-Maladeta.[3]

A icona por excelencia da flora pirenaica foi dende sempre o Edelweiss ou flor de neve, na actualidade só se atopa en certas zonas de difícil acceso, como na baixada entre Canón de Añisclo e Pineta, ou nas zonas altas do val de Ordesa.

O pino negro e as faias nas zonas húmidas tamén son moi comúns.

O Pireneo supón un lugar único para a contemplación de varias especies animais, polo escarpado do terreo, que limitou a presenza humana, factor que sempre é un perigo para a biodiversidade. Entre as case 200 especies animais que sobreviven na cordilleira, destaca sobre todas a presenza do mítico oso pardo, o cal parece recuperarse moi lentamente do seu declive, mais a súa poboación apenas alcanza os 20-25 exemplares.

Entre os mamíferos destaca a camurza, que estivo ao bordo da extinción a comezos do século XIX até os 45.000 exemplares actuais, historia igualmente repetida no caso do cervo ou o corzo, estendidos por todo o monte baixo, así como o omnipresente xabarín. Non ocorre o mesmo co bucardo ou cabra montesa dos Pireneos que se extinguiu no ano 2000. Abundan as marmotas, ás que se observa con frecuencia entre os pastos alpinos. Moito máis difícil de mirar é a auganeira ou desmán dos Pireneos (Galemys pyrenaicus), un pequeno e estraño insectívoro nocturno, endémico desta cordilleira e algunhas áreas do Sistema Central. En total existen 42 especies de mamíferos no Pireneo.

Entre as aves, o rei indiscutíbel e o quebraosos. Extinguido en case toda Europa, é no Pireneo onde a especie encontrou o seu último refuxio, actualmente en expansión e provendo exemplares para proxectos de cría e recuperación nos Alpes. Crese que existen unhas 90-95 parellas e 500-600 quebraosos. O gran depredador dos aires pirenaicos é a aguia real, seguida dunha amálgama de especies nocturnas e diúrnas como son os abellarucos europeos, miñatos reais ou negros, falcóns, lagarteiros, bufos reais ou o rarísimo moucho boreal que pasou de considerarse extinto a ofrecer unha poboación en torno ás 80 parellas, así como aves necrófagas, como o voitre leonado, os voitres pequenos e ultimamente un recentemente chegado en expansión, o voitre negro.

No bosque a pita do monte atópase en perigo de extinción. Xunto a ela, unhas 120 especies de pequenas aves entre as que destacan o peto negro e o peto real. Na alta montaña vive unha das grandes xoias pirenaicas, o lagópodo cinsento.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pirenaico.
  2. "Pireneos". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1639. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Earth from Space: Snowy Pyrenees". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-03-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.