Polonia Sanz y Ferrer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX ![]() Zaragoza, España ![]() |
Morte | 1892 ![]() Madrid, España ![]() |
Educación | Universidade de Valencia Universidade de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | odontóloga, fotógrafa ![]() |
Polonia Sanz y Ferrer, tamén coñecida como Apolonia, nada en Zaragoza no século XIX e finada en Madrid en 1892, foi unha dentista española, unha das primeiras mulleres dentistas do mundo e fotógrafa pioneira.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formada en odontoloxía, en 1843 foi titulada como "práctica da arte de curar" en Valencia na Universidade de Medicina. Despois de ser homologada pola Academia de Medicina e Cirurxía de Valencia e superar o correspondente exame o 20 de decembro de 1849 na Universidade de Valencia, obtén o título de Odontólogo ao ano seguinte, sendo unha das primeiras licenciadas nesta disciplina a nivel mundial. Aínda que podía exercer esta práctica sanitaria, en casos de intervención cirúrxica, Sanz tiña que estar supervisada por un dentista.[4]
En 1850 consegue revalidar a súa licenciatura na Universidade de Madrid tras aprobar o exame na Facultade de Medicina e Cirurxía e comeza a traballar na capital. Para conseguir clientes publicou varios anuncios en revistas especializadas indicando as súas tarifas e que prestaba atención gratuíta a persoas sen recursos. Destacou en próteses, hixiene dental e odontoloxía infantil.[4]
O labor social de atención a persoas sen recursos puido levarse a cabo grazas a que contaba con clientes nobres como o príncipe marroquí Muley el Abbas. Para aumentar a súa carteira de clientes nobres ou familias adiñeiradas, Sanz solicitou, sen éxito, o nomeamento honorífico de Odontólogo da Real Cámara de Isabel II. A pesar de non obter este título, anunciouse como "Odontólogo de SM" (en alusión á Súa Maxestade pero sen escribilo) por ter tratado membros da realeza, feito polo que foi denunciada polos seus compañeiros, aínda que tal denuncia non prosperou, xa que non utilizaba o termo oficial "Odontólogo de cámara". Porén, en 1861, o príncipe Muley el Abbas concedeulle o título de Primeira Dentista de Cámara da S.A.R.[5][6][7]
Sanz tamén traballou como fotógrafa itinerante en Valencia e Madrid, realizando retratos daguerrotípicos baixo o nome de "Madama Sanz".[8][9]
Morreu en 1892 en Madrid, deixando como herdeiros "os condutores dunha das compañías de tranvías de Madrid a cambio da amabilidade coa que lle axudaron a saír do coche", o que reforza a idea de que quería seguir axudando á xente do seu contorno.[10]
Publicación
[editar | editar a fonte]1852. Tratado sobre dientes Valencia.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Mes de abril axenda 2021-2022
En 2021 o Goberno de Aragón publicou unha axenda escolar para educación primaria na que representaba a diferentes mulleres aragonesas relevantes. O mes de abril estivo dedicado a Sanz.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aragón, Heraldo de. "Fotógrafas aragonesas que brillaron en la sombra" (en castelán). Consultado o 2023-02-11.
- ↑ "Polonia Sanz y Ferrer | Real Academia de la Historia". Consultado o 2023-02-11.
- ↑ "LEGADOS DE MUJERES ARAGONESAS DE LOS SIGLOS XIX Y XX" (PDF).
- ↑ 4,0 4,1 "Vida y producción escrita de Manuela Aniorte" (PDF).
- ↑ "Polonia Sanz y Ferrer | Real Academia de la Historia". Consultado o 2023-02-11.
- ↑ "'Aragonesas con voz propia', mujeres del pasado y del presente que dibujan el futuro" (en castelán). Consultado o 2023-02-11.
- ↑ "Polonia Sanz y Ferrer | Real Academia de la Historia". Consultado o 2023-02-11.
- ↑ Aragón, Heraldo de. "Fotógrafas aragonesas que brillaron en la sombra" (en castelán). Consultado o 2023-02-11.
- ↑ "Las primeras mujeres fotógrafas en Aragón: pioneras y modernas" (PDF).
- ↑ "Trayectoria profesional de las pioneras en Odontología: pasado y presente".
- ↑ "Agenda Escolar 2021-2022" (PDF).