Portal:Baloncesto/Artigo destacado/Arquivo
Aquí están todos os artigos destacados no portal Baloncesto:
O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Cafés Candelas Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, milita na segunda categoría, a Liga LEB.
Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño. A súa pista de xogo, despois de trasladarse dende o Pavillón Municipal, é o Pazo dos Deportes, tamén sede oficial do club, que conta con capacidade para 7.500 espectadores, estando entre as dez canchas europeas con mellor media de asistencia. O seu actual presidente é Jesús Lázare. O club tamén dispón dun filial na liga EBA, o Club Estudiantes, contando ademais con múltiples equipos que xuntan a rapaces de tódalas idades, formando unha das mellores canteiras do Estado.
En baloncesto, o Showtime (tempo de espectáculo) foi unha época na historia do equipo de Los Angeles Lakers xogando na National Basketball Association (NBA) entre 1979 e 1990, cando puxo en práctica un espectacular sistema baseado no estilo de xogo run and gun (correr e tirar). Liderado polos carismáticos xogadores Magic Johnson como pasador e Kareem Abdul-Jabbar como anotador, o seu xogo baseouse no contraataque e gañou cinco campionatos da NBA.
Cinco dos integrantes do equipo: Johnson, Abdul-Jabbar, Jamaal Wilkes, Bob McAdoo e James Worthy, foron incluídos no Basketball Hall of Fame como recoñecemento á súa contribución ao mundo do baloncesto, e o club retirou ademais como homenaxe os números das camisolas de Johnson (#32), Abdul-Jabbar (#33), Worthy (#42) e Wilkes (#52). A súa formación da tempada 1986-87 foi incluída pola liga en 1996 entre os dez mellores equipos da historia da NBA.
O propietario dos Lakers na época, Jerry Buss, mercou o equipo en 1979, e dende un principio procurou o entretemento nos seus partidos. Insistiu en que os Lakers adoptasen un estilo de ritmo rápido, creou un grupo de cheerleaders para o equipo (as Laker Girls) e unha banda en vivo para os seus partidos como locais en The Forum de Inglewood.
O Showtime converteuse nun fenómeno deportivo e provocou que diversas celebridades de Hollywood se afeccionasen o equipo e fosen espectadoras asiduas dos seus encontros.
Portal:Baloncesto/Artigo destacado/3
Portal:Baloncesto/Artigo destacado/4
Portal:Baloncesto/Artigo destacado/5
Portal:Baloncesto/Artigo destacado/6
Portal:Baloncesto/Artigo destacado/7
Portal:Baloncesto/Artigo destacado/8
Portal:Baloncesto/Artigo destacado/9